Táboa de contidos
Para crear un rexistro de autoridade de nome xeográfico debemos elixir no MDE o padrón correspondente. Este inclúe os elementos que constitúen un rexistro de autoridade de nome xeográfico en formato Marc21 (Etiqueta 151)
MARC Leader (NR)
(non modificar ningún código do padrón)
Entre outras, destacamos as seguintes posicións:
Na posición 5 (estado do rexistro) n (novo)
Na posición 6 (tipo de rexistro) z (datos de autoridade)
Na posición 9 (esquema de codificación de caracteres) a (UCS/Unicode)
Na posición 17 (nivel de codificación) n (rexistro de autoridade)
ES-ScU
Entre outras, destacamos as seguintes posicións:
Na posición 10 (regras de catalogación) empregar z (outro)
Na posición 11 (sistema de encabezamentos de materia) empregar v (Repertoire de vedettes-matière)
Na posición 39 (fonte de catalogación) empregar d (outro)
Contén o código Marc da institución, a lingua do sistema catalogador e o vocabulario de autoridade do que forma parte (BUSCEM)
$a ES-ScU $b glg $c ES-ScU $f buscem
Etiqueta 080 - Número da Clasificación Decimal Universal (R)
Contén a notación da Clasificación Decimal Universal asociada ao punto de acceso aceptado no rexistro de autoridade. É un campo repetible. Cada notación da CDU debe gravarse nun campo 080 separado.
INDICADORES
Indicador 1:
# non se proporciona información
0 edición completa
1 edición abreviada
Indicador 2:
# non definido
SUBCAMPOS
$a-Notación (NR)
Grávase a notación da CDU, tanto a correspondente aos números principais, como a calquera número auxiliar. Contrariamente ás indicacións do Marc 21 non empregaremos o subcampo $x para gravar os auxiliares comúns.
$2- Identificador da edición (NR)
Rexistrar o número da edición, a data ou outras aclaracións textuais da edición da CDU utilizada.
080 0# $a 111.84 $2 2000
080 0# $a 2-423 $2 2004
Etiqueta 151- Nome xeográfico (NR)
Esta etiqueta contén a forma autorizada dun topónimo ou nome xeográfico.
O vocabulario local de autoridades de materia da BUSC é por definición bilingüe. Isto significa que, tanto o termo en galego como o termo en castelán son considerados preferentes e deben ser codificados, cada un deles, nun campo 151. Para diferenciar as linguas, todos os termos (preferidos ou non) dos rexistros de autoridade de materia (15X) irán acompañados do seu código de lingua correspondente en subcampo $9
$9 glg
$9 spa
INDICADORES
## (non definidos)
SUBCAMPOS
$a - Nome xeográfico (NR)
Gravaremos neste subcampo en galego e español o nome xeográfico aceptado pola BUSC, seguido do $9 co código da lingua
151 ## $a Bélxica $9 glg
151 ## $a Bégica $9 spa
151 ## $a Reino Unido $9 glg
151 ## $a Gran Bretaña $9 spa
151 ## $a Países da Unión Europea $9 glg
151 ## $a Países de la Unión Europea $9 spa
Atención! os topónimos galegos non serán traducidos ao español, aínda que leven o código $9 spa
151 ## $a Viana do Bolo (Galicia) $9 glg
151 ## $a Viana do Bolo (Galicia) $9 spa
As precisións ou aclaracións asociadas a un nome xeográfico irán neste subcampo a continuación do topónimo e entre parénteses. Ditas aclaracións habitualmente serven para indicar a unidade administrativa superior á que pertence o nome de lugar pero tamén se utilizan para diferenciar distintos ámbitos xurisdicionais ou lugares xeográficos que teñen o mesmo nome.
151 ## $a Ordes (Galicia : Comarca) $9 glg
151 ## $a Ordes (Galicia : Comarca) $9 spa
151 ## $a Chantada (Galicia) $9 glg
151 ## $a Chantada (Paderne, Galicia) $9 glg
$x- Subdivisión xeral (R)
Gravaremos neste subcampo as subdivisións de materia aplicables aos nomes de lugar
151 ## $a Galicia $x Condicións económicas $9 glg
As subdivisións aplicables aos nomes xeográficos son aquelas que veñen especificadas no repertorio Laval (ben acompañando a un nome xeográfico concreto, ben na lista de subdivisións aplicables a lugares xeográficos).
$y-Subdivisión cronolóxica (R)
Emprégase este subcampo para engadir ao encabezamento de lugar subdivisións que representan un período de tempo
151 ## $a Francia $x Historia $y 1515-1547 (Francisco I) $9 glg
Cando a subdivisión cronolóxica sexa un século, as cifras expresaranse en números arábigos seguidas da palabra século sen abreviar
151 ## $aEspaña $x Historia $y 19º século $9 glg
Baixo os nomes de lugar as subdivisións cronolóxicas deben ir precedidas por algunha das subdivisións de tema seguintes:
$x Administración
$x Civilización
$x Condicións económicas
$x Historia
$x Historia militar
$x Historia naval
$x Historia relixiosa
$x Usos e costumes
$x Política e goberno
$x Relixión
$x Vida intelectual
Cando unha subdivisión cronolóxica baixo historia dun lugar xeográfico leva entre parénteses unha indicación alfabética, e se utiliza baixo outro subencabezamento distinto de "$xHistoria", Laval suprime esta indicación alfabética.
151 ## $a España|xHistoria $y 414-711 (Período visigodo) $9 glg
pero
151 ## $a España $x Civilización $y 414-711 $9 glg e non 151 ## $a España $x Civilización $y 414-711 (Período visigodo)
Coma norma xeral para este tipo de subdivisións respectaremos as que aparecen no repertorio Laval. pero nos casos de España e de Galicia, só se poderán aplicar as subdivisións cronolóxicas fixadas pola Biblioteca aínda que non coincidan coas establecidas no Laval.
$z - Subdivisión xeográfica (R)
Este subcampo emprégase para engadir subdivisións xeográficas ás subdivisións de materia aplicables aos nomes de lugar, cando así estea indicado no Laval ou no rexistro de autoridade no noso catálogo.
151 ## $a América Latina $x Relacións exteriores $z Estados Unidos $9 glg
(no Laval --Relations extérieures (Se subdivise géographiquement))
151 ## $a Estados Unidos $x Fronteiras $z México $9 glg
(no Laval --Frontières (Se subdivise géographiquement))
Ver ademais o Manual RDA_Etiqueta 651
Esta etiqueta contén as formas non aceptadas dun topónimo ou nome xeográfico (Referencia Véxase). As normas para a redacción do contido e uso dos subcampos da etiqueta 451 son as mesmas que as da etiqueta 151.
151 ## $a As Pontes de García Rodríguez (Galicia) $9 glg
151 ## $a As Pontes de García Rodríguez (Galicia) $9 spa
451 ## $a As Pontes (Galicia) $9 glg
451 ## $a As Pontes (Galicia) $9 spa
451 ## $a Pontes de García Rodríguez, As (Galicia) $9 glg
451 ## $a Pontes de García Rodríguez, As (Galicia) $9 spa
Non todos os termos rexeitados teñen que ser xeográficos
151 ## $a Imperio islámico $9 glg
151 ## $a Imperio islámico $9 spa
451 ## $a Oriente Medio $x Historia $y 622-1517 $9 glg
451 ## $a Oriente Medio $x Historia $y 622-1517 $9 spa
450 ## $a Islam $x Expansión $9 glg
450 ## $a Islam $x Expansión $9 spa
Etiqueta 551- Referencia Véxase ademais (R)
Este campo contén un nome xeográfico autorizado relacionado co topónimo introducido na etiqueta 151. Introduciremos tantas etiquetas 551 como relacións entre termos queiramos establecer, preferentemente en orde alfabética. Este tipo de referencias deben ser recíprocas nos rexistros de autoridade dos topónimos relacionados. A información sobre a relación entre os termos darase nunha nota pública 680. Esta información en Lava pode estar rexistrada noutro campo Marc
Relacións non xerárquicas entre termos xeográficos:
151 ## $a Checoslovaquia $9 glg
151 ## $a Checoslovaquia $9 spa
551 ## $a Eslovaquia $9 glg
551 ## $a Eslovaquia $9 spa
551 ## $a República Checa $9 glg
551 ## $a República Checa $9 spa
680 $i Creada en 1918, Checoslovaquia foi separada en dous países autónomos, a República Checa e Eslovaquia, o 1 de xaneiro de 1993
151 ## $a Eslovaquia $9 glg
151 ## $a Eslovaquia $9 spa
551 ## $a Checoslovaquia $9 glg
551 ## $a Checoslovaquia $9 spa
680 ## $i Usar para documentos sobre Eslovaquia como entidade pertencente ao Imperio Austro-Húngaro antes da súa anexión a Checoslovaquia en 1918, para a república independente de Eslovaquia de 1939 a 1945, así como para a nación soberana creada o 1 de xaneiro de 1993 tras a división de Checoslovaquia.
Relacións xerárquicas entre termos:
151 ## $a Naxos (Grecia : Illa) $9 glg
151 ## $a Naxos (Grecia : Isla) $9 spa
551 ## $w g $a Cícladas (Grecia) $9 glg
551 ## $w g $a Cícladas (Grecia) $9 spa
151 ## $a Cícladas (Grecia) $9 glg
151 ## $a Cícladas (Grecia) $9 spa
551 ## $w h $a Naxos (Grecia : Illa) $9 glg
551 ## $w h $a Naxos (Grecia : Isla) $9 spa
Etiqueta 670 -Fonte consultada con datos (R)
Este campo emprégase para rexistrar a cita bibliográfica das fontes consultadas para establecer o encabezamento de nome xeográfico. Cada novo rexistro de autoridade deberá incluír obrigatoriamente unha etiqueta 670 coa mención do Répertoire Laval ou a fonte da que se toma o topónimo.
SUBCAMPOS
$a- cita da fonte (NR)
Contén a cita bibliográfica da fonte consultada para establecer o rexistro de autoridade. Se as fontes son de acceso en liña, é obrigatrorio engadir a data da consulta
$b- información localizada (NR)
Contén o topónimo atopado na fonte, na lingua na que se atope. Segundo os casos esta forma pode ser empregada para xustificar o encabezamento aceptado ou algunha das formas variantes
$u- Identificador uniforme do recurso (NR)
Contén o enderezo de acceso electrónico cando a fonte citada é un recurso electrónico diferente do RVM
151 ## $a Corea do Norte $9 glg
151 ## $a Corea del Norte $9 spa
670 ## $a Répertoire de vedettes-matière Laval, consultado 16-12-2010 $b (Corée du Nord)
151 ## $a España $x Historia $y 1808-1814 (Guerra da independencia) $9 glg
151 ## $a España $x Historia $y 1808-1814 (Guerra de la independencia) $9 spa
670 ## $a Répertoire de vedettes-matière Laval, consultado 26-05-2010 $b (Guerre d'Espagne, 1807-1814 (Se subd. géogr.))
670 ## $a Autoridades de la Biblioteca Nacional de España, consultado 26-05-2010 $b (España--Historia--1808-1814 (Guerra de la Independencia)) $u https://datos.bne.es/tema/XX4575803.html
Etiqueta 680 - Nota xeral pública (R)
Este campo contén unha nota de alcance, no subcampo $i, que ten como propósito axudar ao usuario a delimitar os termos de súa busca e facilitar a consistencia de uso.
151 ## $a Corea do Norte $9 glg
151 ## $a Corea del Norte $9 spa
670 ## $a Répertoire de vedettes-matière Laval, consultado 16-12-2010 $b (Corée du Nord)
680 ## $i Baixo este nome xeográfico, atopamos documentos sobre a República Popular Democrática de Corea fundada en 1948.