Ir ao contido principal

Manual Autoridades

Manual de Autoridades

Etiquetas e codificación MARC21 para rexistros de PDI

Etiqueta 008 – Códigos de información de lonxitude fixa (NR)

008/10 (Regras de catalogación) empregar z (outro). Coa adopción de RDA todos os rexistros de nova creación deben estar codificados como "z"

008/11 (Sistema de encabezamentos de materia) empregar v (Repertoire de vedettes-matière)

008/39 (Fonte de catalogación) empregar d (outro)

A data de creación (008/00-05), no formato aammdd, cúbrese automaticamente no momento de gardar o rexistro.

Todas estas posicións están fixadas no padrón

Aut_008

Etiqueta 024-Outros Identificadores normalizados (R)

Este campo emprégase para establecer equivalencias, a través de identificadores, entre o noso rexistro de autoridade e outros conxuntos de datos.

Será obrigatorio, sempre que a persoa estea rexistrada neles, recoller os identificadores correspondentes aos seguintes organismos: DialnetOrcidVIAFISNI, e Datos.bne. Isto implicará facer as buscas correspondentes en cada un dos recursos.  

Para elaborar correctamente esta etiqueta hai que ter presentes as seguintes normas do formato Marc 21:

INDICADORES

Primeiro indicador (Tipo de número ou código normalizado). Os dous posibles valores son:

   7 – Fonte especificada no subcampo 2 : empregar cando o subcampo $2 contén o código Marc que identifica a fonte do número normalizado. Este código será tomado da Standard Identifier Source Codes de MARC. Os códigos das fontes que imos empregar fundamentalmente son: $2viaf , $2orcid,  $2isni, $2datoses

   8 – Número normalizado ou código non especificado: empregar cando a fonte  non existe na lista do Standard Identifier Source Codes. Este é o caso de Dialnet na actualidade.

SUBCAMPOS

  •     $0 – Número de control do número normalizado URI/AUT (NR): empregaremos este subcampo para recoller o identificador en Dialnet  

024 8# $0 https://dialnet.unirioja.es/servlet/autor?codigo=847227

  •     $1 – URI do Obxecto do Mundo Real (RWO) (NR): empregaremos este subcampo para rexistrar as URI do resto de identificadores mencionados: Viaf, Isni, Orcid, Datos.bne

024 7# $1 https://viaf.org/viaf/24403582 $2 viaf

024 7# $1 https://isni.org/isni/0000000066362662 $2 isni

024 7# $1 https://orcid.org/0000-0001-6574-3508 $2 orcid

024 7# $1 https://datos.bne.es/persona/XX1223777 $2 datoses

Observar as seguintes indicacións para copiar as URIs no rexistro de autoridade xa que non sempre coinciden coas URL que aparecen na barra de direccións do navegador.

1. Facer  a busca

2. Copiar a URI directamente da barra de direccións do navegador

URI_Dialnet

024 8# $0 https://dialnet.unirioja.es/servlet/autor?codigo=847227

1. Facer a busca

2. Copiar a URI que aparece debaixo do nome ou engadir o identificador detrás da fórmula https://orcid.org/

 024 7# $1 https://orcid.org/0000-0001-6035-540X $2 orcid

1. Realizar a busca

2. Copiar o enlace permanente ou engadir o ID de VIAF detrás da fórmula https://viaf.org/viaf

 024 7# $1 https://viaf.org/viaf/35360667 $2 viaf

1. Realizar a busca no navegador

2. Copiar a URI que aparece debaixo do número identificador

 024 7# $1 https://isni.org/isni/0000000116193044 $2 isni

1. Facer a busca

2. Copiar a URL do navegador eliminando a extensión html

URI_DatosBne

024 7# $1 https://datos.bne.es/persona/XX1726131 $2 datoses

Outro tipo de identificadores son tamén posibles aínda que non obrigatorios: SUDOC, ScopusID, ResearcherID, Wikidata, LoC Authorities, etc.

Consultar a Táboa para capturar URIs, para rexistralos correctamente.

 

Etiqueta 040- Fonte da catalogación (R)

Contén o código MARC da institución ($a), a lingua do sistema catalogador ($b), a norma de descrición ($e) e o código do vocabulario de autoridade do que forma parte ($f)

040 ## $aES-ScU $b glg $e rda $c ES-ScU $f buscem

Etiqueta 046 - Datas asociadas (R)  

As datas de nacemento e morte dunha persoa son elementos núcleo para RDA, de modo que sempre que se coñezan deben constar no rexistro de autoridade dunha persoa. Polo tanto, introducir, sempre que dispoñamos da información, o ano de nacemento nun subcampo $f (sen incluír o guión). Para a data empregar o esquema EDTF no $2 (máis información na etiqueta 046 de nome de persoa).

046 ## $f 1969 $2 edtf

Este dato acompañará ademais ao nome preferido da persoa no campo 100, no subcampo $d

100 1# $a Abel Souto, Miguel, $d 1969-

Pode darse a circunstancia de que o autor solicite á biblioteca que a súa data de nacemento non apareza no catálogo, nese caso podemos (despois de elaborar unha nota 667 xustificando a intervención) eliminar o $d do campo 100 pero non a etiqueta 046 que é un campo non visible para o usuario. As datas de nacemento e morte sempre axudan a desfacer homonimias e favorecen o intercambio de información nunha web semántica. 

Incluír, de darse o caso, a data de falecemento nun $g

046 ## $f 1949 $g 2024 $2 edtf

Borrar o campo 046 existente por defecto no padrón se non dispoñemos de información.

 

Etiqueta 100 -Nome preferido da persoa (NR)

Este campo recolle o nome preferido da persoa que constitúe o punto de acceso autorizado. En RDA cabe destacar que se o nome consiste total ou parcialmente en iniciais ou letras separadas, é preciso deixar espazo entre as iniciais ou letras independentemente de que estean seguidas de punto ou non.

100 1# $a García Bernadal, L. M., $d 1969-

670 ## $a Identidad y ciudadanía, 2008 $b portada (L.M. García Bernadal)

É obrigatorio facer constar a fonte da que se toma a forma preferida nun campo 670

100 1# $a Lopera Gómez, Manuel

670 ## $a Portugal, España y América, 1993 $b portada (Manuel Lopera Gómez)

No caso dos artigos de revista en liña hai que ter en conta que o nome do autor que aparece na cita bibliográfica do Portal de Investigación da USC non se corresponde necesariamente coa súa firma no artigo. Isto é importante no momento de decidir a forma preferida do nome, polo que debemos abrir os artigos ou, se son moitos, un número significativo para poder determinar dita forma.

PDI20PDI21

Para a elección do nome preferido seguir as pautas aplicables aos Nomes de persoa deste Manual

Etiqueta 368 - Outros atributos da persoa (R)

Rexistraremos neste campo o termo e o concepto asociados coa categoría académica de "Doutor". A recomendación do perfil RDA de Rebiun é rexistrar a URI/RWO do concepto asociado con esta categoría académica en Wikidata como queda reflectido no padrón:

no subcampo $c o termo "Doutor"

no subcampo $1 a URI do concepto en Wikidata

368 ## $c Doutor $1 http://www.wikidata.org/entity/Q752297

Etiqueta 370 - Lugar asociado (R)

Este campo recolle información sobre o lugar de nacemento, o país no que a persoa desenvolve a súa actividade e outros lugares asociados. Debe rexistrarse de acordo co seguinte esquema:

   $a- Lugar de nacemento (NR): faremos constar nesta orde: Cidade, Provincia, País. A URI da fonte autorizada que empregamos e debemos indicar no subcampo $1 é  Wikidata.  

    $c- País asociado coa persoa (R) : País. A fonte que empregamos e debemos indicar no subcampo $1 é  Wikidata.

   $e- Lugar no que se ubica o campus da institución (R): coa estrutura Cidade, Provincia. A fonte rexistrada no subcampo $1 é tamén Wikidata

  $f- Outro lugar asociado (R): Recolle a Comunidade Autónoma na que se ubica a universidade coa súa correspondente URI en Wikidata

370 ## $a A Pobra do Caramiñal, A Coruña, España $1 http://www.wikidata.org/entity/Q300525 $c España $1 http://www.wikidata.org/entity/Q29 $e Santiago de Compostela, A Coruña $1 http://www.wikidata.org/entity/Q14314 $f Galicia $1 http://www.wikidata.org/entity/Q3908

Lugar de nacemento ($a): Se despois de facer unha busca suficiente non atopamos información relativa ao lugar de nacemento podemos rexistrar o termo "[Descoñecido]" entre corchetes e máis a URI de España en Wikidata (sempre que teñamos indicios de que o lugar, aínda que indeterminado, está no territorio español). Tratar de acotar ao máximo posible.

Se a única información ou indicios que temos refírense a unha provincia ou comunidade autónoma, tamén podemos recoller estes lugares entre corchetes.  

370 ## $a [Descoñecido, España?] $1 http://www.wikidata.org/entity/Q29   
370 ## $a [Galicia, España] $1 http://www.wikidata.org/entity/Q3908  
370 ## $a [Descoñecido, Valladolid, España] $1 http://www.wikidata.org/entity/Q71097

Para o lugar de nacemento, sempre que se dispoña do dato, normalmente reflectido nalgunha 670, haberá que buscar en Wikidata a URI correspondente ao lugar e inserir a información ao comezo do campo construíndo o elemento coa estrutura:

$a Localidade/cidade, Provincia, País $1 http://www.wikidata.org/entity/Qxxxx

370 ## $a Carrizo de la Ribera, León, España $1 http://www.wikidata.org/entity/Q1650252

Cando se trate de lugares noutros países ou Estados con organizacións territoriais diferentes podemos recoller simplemente a localidade e o país, sen indicar a provincia, departamento, etc.

370 ## $a Lima, Perú $1 http://www.wikidata.org/entity/Q2868

País asociado ($c): O país asociado e a Comunidade Autónoma son comúns para todo o PDI e constan por defecto no padrón.

Campus da institución ($e): No padrón atópanse dúas etiquetas 370 correspondentes ao campus de Santiago e Lugo, cómpre verificar a información que figura no $e e borrar a etiqueta que non proceda 

$e Santiago de Compostela, A Coruña $1 http://www.wikidata.org/entity/Q14314

$e Lugo, Lugo $1 http://www.wikidata.org/entity/Q11125

  • Modo de captura da URI en Wikidata  

En Wikidata é importante non copiar a URL da barra de direccións do navegador. Unha vez realizada a busca facer clic co botón dereito sobre "Concept URI" no menú da barra lateral esquerda e seleccionar "Copiar dirección de enlace". Pegar esa dirección no $1 do rexistro de autoridade e comprobar que a URI inclúe o termo “entity” diante do identificador.

URI_Wikipedia

Etiqueta 372 -Campo de actividade da persoa (R)

Este campo recolle o termo referente ao campo ou campos de actividade asociados coa persoa. É obrigatorio rexistrar a área ou áreas de coñecemento establecidas en Dialnet (https://dialnet.unirioja.es/servlet/listaareas) en galego.

372 ## $a Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica $0 https://dialnet.unirioja.es/servlet/listaareas

Pode darse o caso de que a área de coñecemento establecida na USC non apareza na lista de Dialnet. Daremos entón o nome da Área tal e como figura na páxina web do Departamento e en $u a URI da páxina como fonte. 

372 ## $a Ciencias Clínicas Veterinarias $u https://www.usc.gal/es/departamento/anatomia-produccion-animal-ciencias-clinicas-veterinarias/areas-conocimiento

Etiqueta 373 -Grupo asociado (R)

Contén o nome da entidade corporativa coa que está asociada a persoa, neste caso a USC. Rexístranse no subcampo $a o nome do Departamento e o da Universidade, seguindo o esquema: Departamento xxx, Universidade de Santiago de Compostela. Dado que as denominacións empregadas son extraídas dunha fonte normalizada, especificamos o acceso á fonte da que se obtén o nome establecido para o Departamento no subcampo $u, neste caso a páxina web dos Departamentos  da USC.

373 ## $a Departamento de Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica, Universidade de Santiago de Compostela $u https://www.usc.gal/gl/departamento/farmacoloxia-farmacia-tecnoloxia-farmaceutica

Editar o campo 373 do padrón completando o nome do departamento e a súa URL. É importante copiar a dirección do dominio usc.gal en lugar de usc.es

Faranse constar os períodos de inicio e finalización da relación só cando a persoa estivera relacionada con máis dun departamento ou cando se considere necesario rexistrar esa información, por exemplo, nos casos de xubilación e/ou morte do PDI.  

$s data de inicio

373 ## $a Departamento de Enxeñaría Agroforestal, Universidade de Santiago de Compostela $s 2004 $u https://www.usc.gal/gl/departamento/enxenaria-agroforestal

$t data de finalización

373 ## $a Departamento de Química Física, Universidade de Santiago de Compostela $t 2021 $u https://www.usc.gal/gl/departamento/quimica-fisica

En caso de que na revisión anual atopemos algún rexistro de PDI que rematou a súa relación coa USC, ademais de introducir a data de finalización, faremos a actualización oportuna do campo 998

373 ## $a Departamento de Pedagoxía e Didáctica, Universidade de Santiago de Compostela $s 1992 $t 2023 $u https://www.usc.gal/gl/departamento/pedagoxia-didactica

998 NON USC 2023/2024

Etiqueta 374 -Ocupación (R)

Este campo, repetible, recolle o concepto asociado coa ocupación da persoa mediante un termo establecido no vocabulario controlado que se indica no subcampo $1, neste caso  Wikidata.  

Os posibles termos, que se rexistran en masculino singular, son: “Profesor” e/ou  “Investigador”.  

No padrón figuran, en senllas etiquetas, ambos ous dous termos, aínda que é frecuente, cando buscamos nos Grupos de investigación do Portal, que atopemos investigadores que non son docentes. Borrar o que no proceda se é o caso.

374 ## $a Profesor $1 http://www.wikidata.org/entity/Q1622272

374 ## $a Investigador $1 http://www.wikidata.org/entity/Q1650915

Cando no Portal da Investigación aparece o investigador asociado a un período con principio ($s) e fin ($t), o reflectimos na etiqueta

374 ## $a Investigador $1 http://www.wikidata.org/entity/Q1650915 $s 1998 $t 2023

O Perfil de REBIUN contempla a posibilidade de rexistrar outras ocupacións ou cargos académicos exercidos pola persoa. Na BUSC limitaremos esta aplicación ao caso dos reitores. Ademais do termo "Reitor" en $a engadiremos as datas do período de permanencia no cargo ($s e $t).

374 ## $a Profesor $1 http://www.wikidata.org/entity/Q1622272 $a Reitor $s 2002 $t 2010 $1 http://www.wikidata.org/entity/Q212071

Etiqueta 375 -Xénero (R)

Aínda que a presenza desta información nun rexistro de autoridade está actualmente sometida a debate, polo momento recollemos neste campo o xénero co que se identifica á persoa. Os valores son os establecidos no vocabulario controlado que se indica no subcampo $1, neste caso Wikidata. Os únicos termos son: Feminino ou Masculino, ambos constan no padrón. Borrar o que non proceda

375 ## $a Feminino $1 http://www.wikidata.org/entity/Q6581072

375 ## $a Masculino $1 http://www.wikidata.org/entity/Q6581097

Etiqueta 377- Lingua asociada (R)

Este campo recollerá a lingua ou linguas empregadas pola persoa nas súas publicacións. Debemos revisar polo tanto os títulos existentes no noso catálogo para obter esta información. Non se terán en conta as traducións non realizadas pola persoa. A codificación deste campo repetible é a seguinte:

$a: código de lingua (Marc code List for languages)

$l: nome da lingua

$1:URI/RWO da fonte establecida, neste caso Wikidata

No padrón están incluídas as linguas máis frecuentes cos seus correspondentes códigos e fontes. Borrar as que non procedan

377 ## $a spa $l Español $1 http://www.wikidata.org.entity/Q1321

377 ## $a glg $l Galego $1 http://www.wikidata.org.entity/Q9307

377 ## $a eng $l Inglés $1 http://www.wikidata.org.entity/Q1860

377 ## $a ger $l Alemán $1 http://www.wikidata.org.entity/Q188

377 ## $a fre $l Francés $1 http://www.wikidata.org.entity/Q150

377 ## $a por $l Portugués $1 http://www.wikidata.org.entity/Q5146

Etiqueta 400- Referencia Véxase (R)

Neste campo quedan recollidas as variantes do nome da persoa atopadas no transcurso do proceso de creación ou modificación do rexistro de autoridade. Lembrar que se o punto de acceso autorizado ten asociada unha data esta tamén debe figurar nas súas variantes.

100 1# $a Álvarez Castro, Ezequiel, $d 1974-

400 1# $a Álvarez Castro, E., $d 1974-

400 1# $a Álvarez, Ezequiel, $d 1974-

Non confundir estas variantes con posibles indexacións de bases de datos, especialmente anglosaxoas, que tenden a alterar a orde dos apelidos hispanos.

No caso de que algunha desas formas alternativas coincida coa forma establecida como nome preferido no Catálogo de Autoridades da Biblioteca Nacional de España esta circunstancia quedará reflectida mediante a adición do código desta institución no subcampo $5 SpMaBN. (Necesario para a harmonización co perfil de Rebiun)

100 1# $a Arce Fernández, Constantino, $d 1956-

400 1# $a Arce, Constantino $5 SpMaBN

Xustificar a presenza de variantes nunha 670, aínda que non é necesario xustificar todas e cada unha delas.

100 1# $a Máiz, Ramón, $d 1953-

400 1# $a Máiz Suárez, Ramón, $d 1953-

670 ## $a A idea de nación, 1997 $b portada (Ramón Máiz), lapela (Ramón Máiz Suárez)

Etiqueta 510- Relación da persoa coa entidade corporativa (R)

Este campo recolle, de forma estruturada, o tipo de relación que a persoa mantén coa institución. En primeiro lugar debe quedar constancia da relación como empregado da USC e despois, da pertenza a un determinado grupo de investigación.

Dado que a entidade que consta no subcampo $a entra en orde directa, o primeiro indicador debe ter o valor  "2"

Para establecer o tipo de relación da persoa que figura no campo 100 coa entidade corporativa do campo 510 debemos empregar un termo de relación no subcampo $i. Segundo o formato Marc 21 para rexistros de autoridade, cando empregamos un designador de relación no subcampo $i, o subcampo de control $w debe conter o valor r  que indica que se trata dunha relación.

No subcampo $1 debe constar a fonte empregada para a denominación da institución que será Wikidata: http://www.wikidata.org/entity/Q1473677 e no subcampo $5 o código MARC da institución: ES-ScU

Por definición todo o PDI está vinculado coa USC como empregado, por iso esta relación figura por defecto no padrón. 

510 2# $w r $i Empregador: $a Universidade de Santiago de Compostela $1 http://www.wikidata.org/entity/Q1473677 $5 ES-ScU

A outra posible vinculación coa institución é a pertenza a calquera dos grupos de investigación da USC. Para verificar esta relación empregaremos a páxina web do Portal da investigación

Elixiremos sempre o nome desenvolvido do grupo, e non as siglas, para facelo constar no rexistro de autoridade. Por exemplo: "Grupo de Física Non Lineal" en lugar de "GFNL"

Nesta etiqueta 510 especificaremos, a través do vocabulario controlado usado na institución, a relación ou o grado de participación nun determinado grupo ou grupos de investigación. O termo "Responsable" en lugar de "Coordinador" é o que aparece no Portal da Investigación. Para o resto de investigadores do Grupo empregar "Membro". Os termos irán seguidos da preposición “de”, é dicir utilizaremos en $i : "Responsable de" ou "Membro de" segundo sexa apropiado.   

Grupo Investigación

Nesta relación, en lugar do subcampo $1, empregaremos o subcampo $0 para introducir o acceso á fonte que será a URL do Grupo de Investigación en particular

510 2# $w r $i Responsable de: $a Francofonía e Culturas Hispánicas: Relacións e Implicacións Pedagóxicas $0 https://investigación usc.gal/grupos/4676/detalle

510 2# $w r $i Membro de: $a Biotecnoloxía ambiental $0 https://investigación usc.gal/grupos/4626/detalle

Etiqueta 670 -Fonte consultada (con datos) (R)

O emprego de novos campos MARC non invalida o uso da etiqueta 670 para documentar e xustificar os datos. De feito, unha das cousas a ter en conta, é que no rexistro de autoridade sempre debe existir unha nota 670 (normalmente a primeira delas) que documente a elección da forma aceptada do nome así como as alternativas aínda que non é necesario xustificar todas as variantes.

Calquera fonte confiable e estable pode ser empregada, pero ademais das fontes impresas dsipoñibles, as máis habituais e apropiadas serán o Portal de Investigación, a páxina web da USC, e páxinas web persoais do PDI.

670 ## $a Páxina web da Universidade de Santiago de Compostela, consultado 02-12-2015 $b (Beiras Iglesias, Andrés. Catedrático de Universidade. Departamento de Ciencias Morfolóxicas) $u http://www.usc.es/

670 ## $a Páxina web da Universidade de Santiago de Compostela, consultado 07-11-2019 $b (Beiras Iglesias, Andrés. Emérito LOU. Departamento de Ciencias Morfolóxicas) $u http://www.usc.es

670 ## $a Páxina web da Universidade de Santiago de Compostela, consultado 14-11-2022 $$b (Andrés Beiras Iglesias. Investigador no período 1988-2022. Responsable do grupo Histoloxía 1999-2022) $u http://www.usc.es

 

Para a forma de cita das fontes consultar o campo 670 baixo Nomes de Persoa

670 ## $a Gallegos, quién es quién en la Galicia del siglo XXI, 200 $$b (Alonso Fernández, María. Naceu en Carrizo de la Ribera (León), 1958)

 

Etiqueta 856-Localización e acceso electrónico (R)

A raíz da posta en funcionamento do Portal da Investigación da USC introduciremos unha etiqueta 856, para dar acceso á actividade académica e investigadora do PDI. Elaborar o campo de acordo co seguinte esquema.
INDICADORES

1º indicador: 4 (HTTP) 

2º indicador: # (branco)

SUBCAMPOS

$u URL

$z nota pública coa frase "Perfil no Portal da Investigación da USC"

856 4# $u https://investigacion.usc.gal/investigadores/60496/detalle $z Perfil no Portal da Investigación da USC

Etiqueta local 998 - Relación coa USC (R)

Empregar este campo local para indicar a vinculación das persoas coa nosa institución. 

Todos os rexistros de autoridade do PDI da USC levarán unha única nota 998, actualizable, co ano académico en curso, empregando o texto PDI USC diante das datas.​

          998 ##  PDI USC 2021/2022​

100 1# $a Blanco Valdés, Roberto Luís
998 ## $a PDI USC 2023/2024

Se a vinculación coa USC non existe ou non podemos establecela con certeza, gravaremos a nota 998 empregando o texto NON USC (atención ás maiúsculas!) diante das datas do curso académico​​

          998 ##  NON USC 2021/2022

100 1# $a Vidal, Cristian
998 ## $a NON USC 2022/2023

Os rexistros de autoridade dos colaboradores externos que forman parte de Grupos de Investigación da USC, pero que pertencen a outras Institucións, codificaranse na etiqueta 998 coa frase "Colaborador externo USC" diante das datas do curso académico

    ​​​​998 ##  Colaborador externo USC 2021/2022

100 1# $a Bouso, Tamara
998 ## $a NON USC 2017/2018
998 ## $a Colaborador externo USC 2020/2021

Os rexistros de autoridade dos Profesores “ad honorem” ou eméritos, que formen parte de Grupos de investigación ou que impartan docencia, codificaranse na etiqueta 998 coa mesma frase que calquera PDI en activo

    998 ##  PDI USC 2021/2022​

 Se non atopamos información ou esta é confusa empregar a seguinte frase

    998 ## Relación coa USC sen determinar con data [dar a data da consulta]

100 1# $a Barnoud, J. $q (Jonathan)

670 ## $a Páxina web da Universidade de Santiago de Compostela, consultado 27-02-2023 $b (Barnoud, Jonathan. Investigador distinguido do Centro de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes. Departamento de Electrónica e Computación. Área de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial

998 ## $a Relación coa USC sen determinar con data 27-02-2023

Atención!: será necesaria a revisión e actualización anual das datas do PDI en activo para acomodalas ao ano en curso

Etiqueta local 999 - Relación con Galicia (NR)

Empregar este campo local para identificar aos autores nados en Galicia ou aqueles que desenvolvan toda a súa vida profesional na nosa Comunidade. Deberán ter este campo Marc cuberto con texto "Catálogo Galicia".

100 1# $a Otero González, Luis, $d 1970-

670 ## $a Información subministrada polo autor, 23-3-2007 $b (A Rúa, Ourense,1970)

998 ## $a PDI USC 2023/2024

999 ## $a Catálogo Galicia

En termos xerais os rexistros de autoridade de persoas que teñan uha relación circunstancial con Galicia, é dicir, escriban sobre temática galega, publiquen en Galicia, aparezan nas fontes de referencia galegas (excluíndo as fontes de referencia universais publicadas en galego) deberán ter este campo cuberto co texto "Relación GA". Todo o PDI da USC ten, cando menos, relación con Galicia mentres pertenza ou colabore coa institución.

100 1# $a Abalo Piñeiro, Javier

670 ## $a Páxina web da Universidade de Santiago de Compostela, consultado 14-5-2007 $b (Bolseiro do Departamento de Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía, Área de Metodoloxía)

670 ## $a Páxina web da Universidade de Santiago de Compostela, consultado 05-03-2021 $b (Javier Abalo Piñeiro. University Connecticut. EEUU. Colaborador externo do Grupo de investigación: Psicoloxía do Consumidor e Usuario. Departamento de Ciencia Política e Socioloxía

998 ## $a Colaborador externo USC 2020/2021

999 ## $a Relación GA

Os valores recollidos neste campo teñen a finalidade de orientar aos catalogadores respecto da inclusión no Catálogo Galicia de todas, ou parte das obras dunha persoa. Isto significa que toda a produción das persoas identificadas como "Catálogo Galicia" formará parte do denominado "Catálogo Galicia" polo feito de ser creada por autores galegos, mentres que no caso de autores identificados como "Relación GA", a inclusión das súas obras dependerá das características da propia obra (tema, lingua, lugar de publicación, etc.) e da relación do autor con Galicia no momento da súa creación.

Nos padróns están creados por defecto os campos coas dúas opcións posibles, ELIMINAR o que non corresponda no momento de gardar o rexistro.