Ir ao contido principal

Manual Autoridades

Manual de Autoridades

Os rexistros de autoridade en Alma

Aínda que Alma proporciona por defecto un conxunto de rexistros de autoridade mantidos e actualizados na Zona da Comunidade, a BUSC traballa cun vocabulario de nomes e temas propio (BUSCEM) e xestiona as autoridades de forma local.

Buscar autoridades

  • En Alma, os rexistros de autoridade son recuperables na interface de usuario a través do seu propio índice de busca que aparece no primeiro despregable na caixa de busca permanente. Os criterios de busca atopánse no segundo menú.

Autoridade_buscar

Unha vez realizada a busca temos a opción de ver os rexistros bibliográficos asociados a esa autoridade.

Autor_ver_Bib

 

  • Desde o modo edición dun rexistro bibliográfico no MDE, colocando o cursor nun campo controlado por autoridade e empregando a función F3, pódese acceder ao listado de autoridades existentes en BUSCEM sempre que o vocabulario estea indicado no $2 do campo bibliográfico. Se o rexistro de autoridade está creado, o sistema ofrece a dúas posibilidades: VER e SELECCIONAR.

F3_Ver_Seleccionar

VER ofrece a información completa da autoridade, desta forma temos a seguridade de que se corresponde coa nosa busca.

SELECCIONAR incorpora o punto de acceso autorizado ao noso rexistro bibliográfico.

Cando o encabezamento bibliográfico está vinculado cun rexistro de autoridade o sistema xera a icona dun binocular diante do campo. Se a coincidencia co rexistro de autoridade é parcial, a icona corresponde a un monóculo.

Autoridade enlazada

 

  • A partir de 2024 os rexistros de autoridade tamén son accesibles e recuperables no catálogo Iacobus.

Autoridades en Primo