Ir ao contido principal

Manual Autoridades

Manual de Autoridades

Tipoloxía e estrutura

Tipoloxía

Os rexistros de autoridade presentes no noso catálogo reflicten, de forma normalizada, a forma utilizada nos rexistros bibliográficos como puntos de acceso de:

  • persoas e entidades corporativas
  • materias ou temas tratados nas obras
  • xénero e forma do documento

Alma estrutura as autoridades en "vocabularios". Na BUSC temos creado un vocabulario local bilingüe para os encabezamentos de nomes e materias (BUSCEM) e outro vocabulario en galego para os termos de xénero e forma (BUSCXF)

As etiquetas MARC21 empregadas son:

Estrutura

LDR (NR)

  • Posición 6 (Tipo de rexistro) = z (datos de autoridade)
  • Posición 17 (Nivel de codificación) = n (rexistro de autoridade completa)

Campos de  control

  • 001 Número de control (NR). En Alma este identificador comenza por 98...
  • 003 Identificador do número de control (NR)
  • 005 Data e hora da última transacción (NR) 
  • 008 códigos de lonxitude fixa (NR) : posición 10 (Regras de catalogación) z (outro)  e posición 11 (Sistema de encabezamento de materia) v (Répertoire de vedettes-matière); para as posicións que na BUSC non codificamos empregar o carácter de recheo "I" (ningún intento de código)

Campos variables

  • 024 Identificadores normalizados (R)
  • 040 Fonte de catalogación (NR)
  • 046 Datas codificadas (R)
  • 1XX Forma preferida da autoridade (NR)
  • 3XX Características adicionais da autoridade (R)
  • 4XX Formas rexeitadas. Referencias de véase (R)
  • 5XX Formas relacionadas. Referencias de véase ademais (R)
  • 667 Notas do catalogador (R)
  • 670/ 675/ 680 Notas de información visibles no catálogo (R)
  • 99X  Reservados para información local