Táboa de contidos
Para crear un rexistro de materia debemos elixir no MDE o padrón "Tema".
O padrón inclúe os elementos que constitúen un rexistro de autoridade de tema en formato MARC21 (etiqueta 150).
Entre outras, destacamos as seguintes posicións:
Na posición 5 (estado do rexistro) n (novo)
Na posición 6 (tipo de rexistro) z (datos de autoridade)
Na posición 9 (esquema de codificación de caracteres) a (UCS/Unicode)
Na posición 17 (nivel de codificación) n (rexistro de autoridade)
ES-ScU
Entre outras, destacamos as seguintes posicións:
Na posición 10 (regras de catalogación) empregar z (outro)
Na posición 11 (sistema de encabezamentos de materia) empregar v (Repertoire de vedettes-matière)
Na posición 39 (fonte de catalogación) empregar d (outro)
A data de creación do rexistro (008/00-05), no formato aammdd, cúbrese automaticamente no momento de gardar o rexistro
$a ES-ScU $b glg $c ES-ScU $f buscem
Contén a notación da Clasificación Decimal Universal asociada ao encabezamento aceptado no rexistro de autoridade. É un campo repetible. Cada notación da CDU debe gravarse nun campo 080 separado.
INDICADORES
Indicador 1
# non se proporciona información
0 edición completa
1 edición abreviada
Indicador 2
# non definido
SUBCAMPOS
$a-Notación (NR)
Grávase a notación da CDU, tanto a correspondente aos números principais, como a calquera número auxiliar. Contrariamente ás indicacións do Marc 21 non empregaremos o subcampo $x para gravar os auxiliares comúns.
$2- Identificador da edición (NR)
Rexistrar o número da edición, a data ou outras aclaracións textuais da edición da CDU utilizada.
080 0# $a 111.84 $2 2000
080 0# $a 2-423 $2 2004
Etiqueta 150- Termo de materia (NR)
Esta etiqueta contén a forma autorizada dun termo de materia.
O vocabulario local de autoridades de materia da BUSC é por definición bilingüe. Isto significa que, tanto o termo en galego como o termo en castelán son considerados preferentes e deben ser codificados, cada un deles, nun campo 150. Para diferenciar as linguas, todos os termos (preferidos ou non) dos rexistros de autoridade de materia (15X) irán acompañados do seu código de lingua correspondente en subcampo $9
$9 glg
$9 spa
INDICADORES
non definidos ##
SUBCAMPOS
$a Termo principal en galego seguido do subcampo $9 glg
$a Termo principal en español seguido do subcampo $9 spa
150 ## $a Mulleres na literatura $9 glg
150 ## $a Mujeres en la literatura $9 spa
$x Subdivisión xeral de materia no caso de que, no repertorio Laval, o termo estea formado por a materia e unha subdivisión. Igualmente faremos unha entrada en galego e outra en español
150 ## $a Nenos $x Accidentes $9 glg
150 ## $a Niños $x Accidentes $9 spa
Ver ademais o Manual RDA_Etiqueta 650
Esta etiqueta contén as formas non aceptadas ou rexeitadas do termo de materia de que se trate
Cubriranse tantas etiquetas 450 como formas non válidas do termo queiramos introducir. As normas para a redacción do contido e uso dos subcampos da etiqueta 450 son as mesmas que as da etiqueta 150.
150 ## $a Dereito laboral $9 glg
150 ## $a Derecho laboral $9 spa
450 ## $a Traballo $x Dereito $9 glg
450 ## $a Trabajo $x derecho $9 spa
450 ## $a Dereito do traballo $9 glg
450 ## $a Derecho del trabajo $9 spa
450 ## $a Traballadores $x Dereito $9 glg
450 ## $a Trabajadores $x Derecho $9 spa
Etiqueta 550- Referencia Véxase ademais (R)
Este campo contén un encabezamento aceptado relacionado co termo introducido na etiqueta 150.
Introduciremos tantas etiquetas 550 como relacións entre termos queiramos establecer, preferentemente en orde alfabética. Este tipo de referencias deben ser recíprocas nos rexistros de autoridade dos termos relacionados.
A relación xerárquica entre os termos introducidos nas 550 e o encabezamento da 150 indícase a través dun código alfabético no subcampo $w.
De entre todos os códigos establecidos no Marc 21, os que empregaremos son:
g Termo xenérico : o código g indica que o termo do campo 550 é mais amplo que o encabezamento do campo 150
150 ## $a Apropiación cultural $9 glg
150 ## $a Apropiación cultural $9 spa
550 ## $w g $a Cultura $x Aspectos sociolóxicos $9 glg
550 ## $w g $a Cultura $x Aspectos sociológicos $9 spa
h Termo específico : o código h indica que o termo da etiqueta 550 é máis específico que o encabezamento da etiqueta 150
150 ## $a Cultura $x Aspectos sociolóxicos $9 glg
150 ## $a Cultura $x Aspectos sociológicos $9 spa
550 ## $w h $a Apropiación cultural $9 glg
550 ## $w h $a Apropiación cultural $9 spa
A non existencia do subcampo $w indica que a relación entre os termos non está xerarquizada
150 ## $a Ateísmo $9 glg
150 ## $a Ateísmo $9 spa
550 ## $a Agnosticismo $9 glg
550 ## $a Agnosticismo $9 spa
Tamén no recíproco
150 ## $a Agnosticismo $9 glg
150 ## $a Agnosticismo $9 spa
550 ## $a Ateísmo $9 glg
550 ## $a Ateísmo $9 spa
Etiqueta 670- Fonte consultada con datos (R)
Este campo emprégase para rexistrar a cita bibliográfica das fontes consultadas para establecer o encabezamento de materia. Cada fonte debe ser rexistrada nunha etiqueta 670 separada.
INDICADORES
## (non definidos)
SUBCAMPOS
$a- cita da fonte (NR) : contén a fonte consultada para establecer o rexistro de autoridade. Se as fontes son de acceso en liña, hai que engadir a data da consulta. Na BUSC a fonte para os rexistros de autoridade de tema é o Répertoire Laval polo que todos os rexistros de autoridade 150 deben ter, como mínimo, esta fonte gravada de maneira normalizada, coa data de consulta e o termo francés dende o que facemos a tradución.
670 ## $a Répertoire de vedettes-matière Laval, consultado 15-11-2012 $b (Animaux familiers (Se subd. géogr.))
No caso de dúbidas coa tradución podemos recorrer ao Catálogo de Autoridades da Biblioteca Nacional de España.
670## $a Autoridades de la Biblioteca Nacional de España, consultado 15-11-2012 $b (Animales de compañía)
$b- información localizada (NR): contén o encabezamento de materia atopado na fonte, no seu idioma orixinal. Segundo os casos, pode ser empregado para establecer o encabezamento aceptado ou recollido como encabezamento alternativo.
670 ## $a Répertoire de vedettes-matière Laval, consultado 15-11-2012 $b (Animaux familiers (Se subd. géogr.))
670## $a Autoridades de la Biblioteca Nacional de España, consultado 15-11-2012 $b (Animales de compañía)
$u- identificador uniforme do recurso (R): cando a fonte citada é un recurso electrónico pode conter este identificador (en Alma esta ligazón non vai a páxina de xeito automático, hai que copiar e pegar o identificador nun navegador para poder velo)
670## $a Autoridades de la Biblioteca Nacional de España, consultado 15-11-2012 $b (Animales de compañía) $u https://datos.bne.es/tema/XX534946.html
Etiqueta 680- Nota xeral pública (R)
Este campo contén unha nota de alcance que ten como propósito axudar ao usuario a delimitar os termos da súa busca e facilitar a consistencia de uso. Habitualmente traduciremos a nota explicativa sobre o uso do termo que figure no RVM
INDICADORES
## (non definidos)
SUBCAMPOS
$i Nota explicativa
150 ## $a Apropiación cultural
680 ## $i Baixo esta materia atopamos documentos sobre o feito de que unha persoa ou un grupo de persoas utilicen un ou máis elementos culturais pertencentes a outra cultura, xeralmente minoritaria, e que é percibida negativamente polos membros do prestador de cultura. Os documentos sobre o proceso mediante o cal unha persoa ou grupo de persoas adopta elementos dunha cultura estranxeira, xeralmente maioritaria, atópanse baixo a materia Aculturación.
Ver ademais Manual de RDA - Etiqueta 650