Táboa de contidos
Para crear un rexistro de entidade corporativa debemos elixir no MDE o padrón correspondente. O padrón inclúe os elementos que constitúen un rexistro de autoridade de nome xeográfico en formato Marc21 (Etiqueta 110)
MARC Leader (NR)
Non modificar ningún código do padrón
Posición | Literal | Código por defecto |
05 | Estado do rexistro | n (novo) |
06 | Tipo de rexistro | z (datos de autoridade) |
09 | Codificación de caracteres | a (UCS/Unicode) |
17 | Nivel de codificación | n (rexistro de autoridade completo) |
Entre outras, destacamos as seguintes posicións:
Posición 5 (estado do rexistro):indica a relación do rexistro co catálogo
n (rexistro de nova creación)
Posición 6 (tipo de rexistro): indica as características e define os compoñentes do rexistro
z (datos de autoridade)
Posición 9 (esquema de codificación de caracteres)
a (UCS/Unicode)
Posición 17 (nivel de codificación): indica se o rexistro está completo
n (rexistro de autoridade completo)
Etiqueta 003- Identificador do número de control [NR] (por defecto no padrón, non modificar)
Contén o código da institución ao que pertence o número de control de sistema que aparece no campo 001
ES-ScU
Etiqueta 008 (NR) – Códigos de información de lonxitude fixa
Non modificar ningún código do padrón
Entre outras, destacamos as seguintes posicións:
Na posición 10 (regras de catalogación) empregar z (outro)
Na posición 11 (sistema de encabezamentos de materia) empregar v (Repertoire de vedettes-matière)
Na posición 39 (fonte de catalogación) empregar d (outro)
Etiqueta 040 - Fonte da catalogación (NR)
Por defecto no padrón, non modificar.
Contén o código Marc da institución, a lingua do sistema catalogador e o vocabulario de autoridade do que forma parte (BUSCEM)
$a ES-ScU $b glg $c ES-ScU $f buscem
Etiqueta 110 - Nome de entidade (NR)
Este campo contén o nome de autor corporativo aceptado pola BUSC. Pode conter nomes de asociacións, institucións, firmas comerciais, gobernos, axencias e os tipos especiais de entidades incluídos na lista de termos dubidosos.
Os congresos e reunións que se crean como subordinados a unha entidade corporativa inclúense tamén neste campo, non no campo 111.
INDICADORES
Primeiro indicador. -- Terá diferente valor segundo o tipo de entrada:
1 - Nome de xurisdición como elemento inicial
2 - Nome de entidade en orde directa
Segundo indicador. -- Non definido (# branco)
SUBCAMPOS
$a-Punto de acceso ou elemento de entrada (NR)
Este subcampo contén un nome de xurisdición seguido ou non dun nome de entidade (indicador 1=1), ou un nome de entidade en forma directa (indicador 1=2)
110 1# $a Galicia
110 2# $a Universidade de Santiago de Compostela
Todas as adicións, sexan lugares asociados, tipoloxía da entidade, datas (agás as correspondentes a un congreso), nomes de xurisdición, etc. van neste subcampo a continuación do nome da entidade, entre parénteses e en galego.
110 2# $a Fuxan os Ventos (Grupo musical)
110 1# $a València (Comunidade Autónoma)
$b- Subencabezamento ou Entidade subordinada (R)
Neste subcampo, precedido de punto (.) irá o nome da entidade subordinada
110 1# $a Galicia. $b Parlamento
110 2# $a Universidade de Santiago de Compostela. $b Biblioteca
110 2# $a Igrexa Católica. $b Diocese de Mondoñedo-Ferrol
Cando unha entidade subordinada teña unha sede distinta da entidade principal, construirase a entidade principal segundo o sinalado anteriormente, e a sede da subordinada engadirase entre parénteses a continuación do seu nome no subcampo $b
110 2# $a Insituto de la Mujer (España). $b Delegación Provincial (A Coruña, Galicia)
Cando unha entidade subordinada se identifica por si mesma, sen necesidade da entidade á que se subordina, omitirase a entidade principal
110 2# $a Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (Santiago de Compostela, Galicia)
e non
110 2# $a Consejo Superior de Investigaciones Científicas (España). $b Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (Santiago de Compostela, Galicia)
Ver ademais o Manual RDA_Etiqueta 110
Etiqueta 410 - Referencia Véxase (Usado por) (R)
Esta etiqueta contén as formas non preferidas para un nome de entidade. Cubriranse tantas etiquetas 410 como formas non válidas do nome da entidade queiramos introducir. Establecer especialmente variantes de formas subordinadas ou directas. As normas para a redacción do contido e uso dos subcampos da etiqueta 410 son as mesmas que as da etiqueta 110.
110 2# $a Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (Santiago de Compostela, Galicia)
410 2# $a Consejo Superior de Investigaciones Científicas (España). $b Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (Santiago de Compostela, Galicia)
410 2# $a IEGPS
410 2# $a Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos (Santiago de Compostela, Galicia)
Dependendo dos casos, haberá que facer alternativos do nome da entidade en máis dunha lingua.
110 2# $a Consello de Europa
410 2# $a Consejo de Europa
410 2# $a Conseil de l'Europe
410 2# $a Council of Europe
Etiqueta 510 - Referencia Véxase ademais (Termos relacionados) (R)
Esta etiqueta permite establecer relacións cos nomes anteriores ou posteriores dunha entidade. As normas para a redacción do contido e uso dos subcampos da etiqueta 510 son as mesmas que as da etiqueta 110. Empregarase a etiqueta 680 para explicar a evolución da entidade, de ser posible coa delimitación de datas de actividade da entidade, e a relación cos outros nomes
110 2# $a Real Fábrica de Sargadelos (Galicia)
510 2# $a Cerámicas de Sargadelos (Galicia)
680 ## $i Emprégase para as obras que traten sobre a fábrica de fundición e louza creada a finais do século XVIII e principios do XIX por Antonio Raimundo Ibáñez, primeiro marqués de Sargadelos. Para as obras que traten do proxecto de restauración e renovación da fábrica impulsado por Isaac Díaz Pardo dende o Laboratorio de Formas de Galicia dende os anos 70, emprégase: Cerámicas de Sargadelos (Galicia)
O emprego dunha etiqueta 5XX axeitada permite tamén establecer relacións con outro tipo de identidades bibliográficas, como sucede no caso de soberanos ou dignidades eclesiásticas cando actúan no exercicio da súa autoridade.
110 1# $a España. $b Monarca (1788-1808 : Carlos IV)
500 0# $a Carlos $b IV, $c Rei de España, $d 1748-1819
Etiqueta 670 - Fonte consultada con datos (R)
Este campo emprégase para rexistrar a cita bibliográfica das fontes consultadas para establecer o encabezamento de entidade. Cada fonte debe ser rexistrada nunha etiqueta 670 separada.
Ver o apartado Fontes de consulta.
INDICADORES: Non definidos (## brancos)
SUBCAMPOS
$a Cita da fonte $b Información localizada $u Identificador Uniforme do Recurso (non recuperable no catálogo)
110 2# $a Galería Paloma Pintos (Santiago de Compostela, Galicia)
410 2# $a Galería de Arte Paloma Pintos (Santiago de Compostela, Galicia)
670 ## $a Catálogo de Autoridades BNE, consultado 12-03-2007 $b (Galería PalomaPintos) $u http://catalogo.bne.es/uhtbin/authoritybrowse.cgi?action=display&authority_id=XX226525
Para as entidades corporativas considérase relevante aportar o seguinte tipo de datos: data da fundación e sede, dependencia, relación con outras entidades, evolución e/ou cambios históricos destacables
110 2# $a Fundación 10 de Marzo
670 ## $a Páxina web da entidade, consultada 22-07-2014 $b (Fundación 10 de Marzo; Sindicato nacional de CC.OO. de Galicia; creada en 1991; sede en Santiago de Compostela) $u https://www.ccoo.gal/O_teu_sindicato/Fundacion_10_de_Marzo
Etiqueta 680 - Nota pública xeral (R)
Este campo contén unha nota de alcance que ten como propósito axudar ao usuario a delimitar os termos de súa busca e facilitar a consistencia de uso do encabezamento.
INDICADORES:
Non definidos (## brancos)
SUBCAMPO:
$i nota explicativa (R)
110 2# $a Fundación Camilo José Cela (Padrón, Galicia)
680 ## $i No ano 2012 pasa a denominarse Fundación Pública Galega Camilo José Cela, pasando a ser de carácter público, baixo a tutela directa da Administración Autonómica.