Táboa de contidos
O punto de acceso autorizado que representa a unha entidade corporativa recóllese no campo 110 ou 111 dun rexistro de autoridade. Ista será a forma empregada nos campos 11X, 61X ou 71X dos rexistros bibliográficos. Debe servir para identificar inequivocamente á entidade.
Para construír o punto de acceso autorizado dunha entidade corporativa utilizamos como base o nome preferido desa entidade.
Universidade de Santiago de Compostela
Asociación Cultural O Sacho
Nacións Unidas
Adicións ao nome preferido duna entidade corporativa
En principio as adicións a un nome de entidade son excepcionais e non se empregan se non son absolutamente necesarias para identificar claramente á entidade, por exemplo no caso de homonimias. De todos os xeitos, na BUSC, para establecer o nome preferido de entidades galegas faremos uso da adición de lugares asociados.
Cando son necesarias estas adicións rexístranse entre parénteses e consisten normalmente na designación do tipo de entidade ou dun lugar asociado. Entre as máis habituais temos as seguintes adicións:
Prestige (Barco)
Zara (Firma)
Viravolta Títeres (Grupo teatral)
Double Image (Grupo musical : 1989- )
Double Image (Grupo musical : 1997- )
Aragón (Reino)
Nova York (Estado)
Na BUSC, como norma xeral só imos crear rexistros de autoridade para entidades 111 recollidas no RVM e que habitualmente son empregadas como encabezamentos de materia nos rexistros bibliográficos.
Santa Liga, 1511-1514
Concilio de Trento (1545-1560. Trento, Italia)
Todas as entidades galegas en forma directa que non inclúan a localidade como parte integrante do seu nome irán acompañadas do nome dun lugar asociado aínda que esta indicación non sexa necesaria para distinguilas de outras.
Museo do Castro de Viladonga (Castro de Rei, Galicia)
Igrexa de San Domingos de Bonaval (Santiago de Compostela, Galicia)
Hospital Comarcal Virxe da Xunqueira (Cee, Galicia)
Igrexa de Santiago (A Coruña, Galicia)
Igrexa de Santiago (Betanzos, Galicia)
Asociación Amigos da Dorna (Portonovo, Galicia)
Arquivo Fotográfico Pacheco (Vigo, Galicia)
Real Sociedad de Amigos del País (Santiago de Compostela, Galicia)
Ademais de nas entidades galegas en forma directa, engadiremos un lugar asociado fundamentalmente en situacións como as seguintes:
Sociedad Nacional de Agricultura (Chile)
Sociedad Nacional de Agricultura (Perú)
Instituto de la Mujer (España)
Biblioteca nazionale (Nápoles, Italia)
Institut d'Estudis Autònomics (Cataluña, España)
Asociación de Pandereteiras (Paderne, A Coruña, Galicia)
Asociación de Pandereteiras (Paderne, Ourense, Galicia)
Cathedral of St. Mary the Crowned (Xibraltar)
Iglesia de Santiago el Real (Calahorra, España)
Basílica de San Francisco (La Paz, Bolivia)
pero
Catedral de Santiago de Compostela
Catedral de Burgos
$a Instituto de la Mujer (España). $b Delegación Provincial (A Coruña, Galicia)
$a RENFE. $b U.N. Rexionais (Galicia)
Instrucións para o rexistro do nome de lugar: é necesario rexistrar como parte dun lugar a xurisdición ou lugar maior ao que pertence.
En xeral, a estrutura será: (Localidade, País)
Ossevartorio geofisico (Trieste, Italia)
Société académique (Neuchâtel, Suíza)
RDA contempla excepcións para lugares en Australia, Canadá, Malaisia, Estados Unidos, a URSS e a anterior Iugoslavia. A maiores, na BUSC estableceremos como lugar maior Galicia no caso das entidades galegas, pero para entidades do resto do territorio español empregaremos como lugar maior España.
Asociación de Amigos de Palestina (Salamanca, España)
Ermita de San Antonio de la Florida (Madrid, España)
Para máis exemplos ver Manual de RDA - Entidade Corporativa, Construción do punto de acceso autorizado
