Ir ao contido principal

Manual Autoridades

Manual de Autoridades

Nomes xeográficos

RDA proporciona instrucións para a identificación de nomes de lugar cando se trata de entidades xurisdicionais ou cando se utilizan como adicións a nomes de persoas ou entidades corporativas, títulos de obras, etc., pero non inclúe pautas para o uso de nomes de lugar como tema. A elaboración de rexistros de autoridade en campo 151 seguirá por tanto as indicacións do RVM.

Existen dúas grandes categorías de entidades xeográficas gravadas en campo 151:

  • os nomes de xurisdicións políticas ou administrativas: países, provincias, cidades, etc. que poden ser consideradas tamén como creadoras e poden ter polo tanto outro rexistro de autoridade como entidade corporativa en campo 110

151 ## $a Castela e León (España)

110 1# $a Castela e León (España)

  • os nomes xeográficos non administrativos que poden ser empregados unicamente como encabezamentos de materia. Considéranse nomes xeográficos non xurisdicionais:
  • os accidentes xeográficos naturais: lagos, ríos, montañas, desertos, etc.
  • as entidades xeográficas artificiais: estradas, parques, rúas, xardíns, pontes, encoros, etc.
  • as rexións históricas naturais ou asociadas a unha cidade ou accidente xeográfico particular

151 ## $a Marte (Planeta)

151 ## $a Ancares, Serra dos (Galicia)

151 ## $a Cova da Valiña (Galicia)

151 ## $a Rúa do Vilar (Santiago de Compostela, Galicia)

151 ## $a Punta Atalaia (Galicia : Xacemento arqueolóxico)

151 ## $a Cartago (Cidade antiga)

151 ## $a Parque da Alameda (Santiago de Compostela, Galicia)

151 ## $a Países andinos

151 ## $a Mediterráneo, Rexión do

151 ## $a Rexións tropicais

Atención!: os nomes de lugares imaxinarios establécense no campo 150

150 ## $a Camelot (Lugar imaxinario)

Os nomes xeográficos sempre deben ser establecidos utilizando as fontes de consulta autorizadas recollidas neste documento:

  • O Répertoire Laval, no relativo á estrutura dos encabezamentos principais  (coas excepcións marcadas neste manual) e as subdivisións que poden ser empregadas baixo os distintos tipos de encabezamentos.
  • O formato Marc 21, no tocante  a gravación dos datos en etiquetas Marc, utilización de indicadores e subcampos, etc.
  • As autoridades da  Biblioteca Nacional e do CSIC para os casos dubidosos de elección do termo aceptado.
  • O Nomenclátor da Xunta, para os topónimos de Galicia (coa advertencia de que nós non pospoñemos o artigo inicial)
  • Atlas de Galicia e de España. Anaya, 1996 (apéndices) e Enciclopedia Universal Galega (Ir Indo) para os topónimos de España e os universais
  • Para os topónimos de España e universais que non aparezan na fonte anterior empregaremos o Tesauro ISOC de Topónimos​
  • Lista de exónimos en galego elaborada polo Servizo de Normalización Lingüística da USC