Táboa de contidos
Os rexistros de autoridade do PDI deben ser revisados cada ano académico en curso. Cada biblioteca revisará os PDI dos seus departamentos. Unha forma de recuperalos desde a busca por Autoridades é crear un grupo en Alma cos criterios: combinar a etiqueta 998 co un Departamento determinado.
AUT USC 998 "contiene la frase" PDI USC
Y
"Palabras clave" "contiene las palabras clave" Departamento de Economía Financeira e Contabilidade
Esta actualización debe quedará reflectida na etiqueta 998 (ver Etiquetas e codificación MARC do rexistro do PDI)
998 ## $a PDI USC 2024/2025
ou
998 ## $a NON USC 2024/2025
Fontes de información para a revisión: páxinas web da USC actualizadas ao curso académico en curso
Elementos a ter en conta para a revisión do rexistro de autoridade:
Se é a primeira vez que revisamos o rexistro, temos que abrir o LDR e cambiar Estado do rexistro (LDR/05) de "n" (novo) a "c" (corrixido ou revisado")
Por exemplo, este PDI tiña no seu momento a seguinte autoridade :
101 1# $aBermúdez de Castro y López Varela, Alfredo,$d1950-
Tras comprobar como aparece na meirande parte das súas obras a súa autoridade foi cambiada:
101 1# $aBermúdez de Castro, Alfredo,$d1950-
Etiqueta 374. -- Se o PDI xa non é investigador na USC pero a información do período no que si que o foi aparece no Portal da investigación, ademais da correspondente nota 670, modificaremos o campo 374 introducindo as datas correspondentes.
374 ## $a Investigador $1 http://www.wikidata.org/entity/Q1650915 $s 1988 $t 2022
Empregar tamén esta etiqueta no caso de atopar antigas 670 coa nota de que o PDI non autoriza a inclusión da súa data de nacemento nos rexistros bibliográficos. Pasar esta información da nota 670 ao $a da nota 667.
667 ## $a Información subministrada polo autor, 17-01-2014 (O autor non da conformidade para que a súa data de nacemento apareza no catálogo e queda eliminada de todos os rexistros bibliográficos)
Esta etiqueta non dará outro tipo de información.
Se no momento da revisión non hai ningún cambio na situación da persoa (na súa categoría profesional, no nome do Departamento, Área, Grupo de investigación, etc.), non inserimos unha nova etiqueta 670, unicamente actualizamos a data de consulta para deixar constancia da revisión.
670 ## $aPáxina web da Universidade de Santiago de Compostela, consultado 10-12-2024$b(María del Carmen Espido Bello. Profesora Titular de Universidade. Departamento de Economía Aplicada. Área de Historia e Institucións Económicas. Membro do grupo de investigación: Grupo de Estudios de Historia Empresarial e Sectorial. Pesca, Industria e Comercio) $uhttp://www.usc.es/
Neste exemplo vemos que a información rexistrada no ano anterior segue a ser a mesma que a información que ofrece o portal na actualidade, polo que só temos que actualizar na 670 a data ao día da consulta.
Se no momento da revisión hai algún cambio, engadimos unha nova nota en 670, sen borrar ou modificar as existentes, .
670 ## $aPáxina web da Universidade de Santiago de Compostela, consultado 02-12-2015$b(Bermúdez de Castro López-Varela, Alfredo. Profesor catedrático do Departamento de Matemática aplicada$uhttp://www.usc.es
670 ## $aPáxina web da Universidade de Santiago de Compostela, consultado 11-12-2024$b(Alfredo Bermúdez de Castro López-Varela, Profesor emérito de Universidade$u http://www.usc.es
Se non atopamos información nas páxinas da USC, debemos buscar en fontes externas para confirmar que a persona xa non está vinculada a Universidade se non é doado atopar esta informaciónfacer constar a falta de datos na USC. Engadimos información nunha nova 670 sobre a actual situación e o codificamos como NON USC no campo 998
670 ## $a Páxina web da Universidade de Santiago de Compostela, consultado 07-11-2019 $b (Investigación en Formación e Perfeccionamento de Historia da arte) $u http://www.usc.es//
670 ## $a Páxina web da Universidade de Santiago de Compostela, consultado 13-11-2024 $b (Sen datos sobre esta persona na páxina web da USC no curso 2024-2025)
998 ## $a NON USC 2024/2025
Neste exemplo a última información sobre a súa vinculación coa Universidade é do 2019, no momento da revisión non atopamos nas distintas páxinas da USC ningún dato sobre esta persona.