Táboa de contidos
O control de autoridades é o proceso de estandarizar os puntos de acceso nos catálogos automatizados establecendo unha forma normalizada, e de mostrar as relacións que se establecen entre eles.
Isto implica normalizar os nomes de persoas, entidades corporativas, títulos uniformes ou materias, que poden servir como puntos de acceso nun catálogo automatizado.
O seu obxectivo principal é facilitar a identificación e recuperación dos documentos dun catálogo, evitando erros que poden xurdir por homonimias, ou sinonimias, pero tamén dar consistencia e coherencia á base de datos, favorecer o seu mantemento e actualización, mellorar a precisión na recuperación e intercambio da información e contribuír deste modo á calidade do servizo bibliotecario ofrecido aos usuarios finais.