Táboa de contidos
O principio xeral a ter en conta é o da representatividade. O importante é respectar a forma coa que a entidade quere darse a coñecer e pola que é comunmente coñecida. Polo tanto, cando unha entidade apareza de forma diferente en distintas publicacións, elixirase aquela pola que sexa máis coñecida. Esta forma non ten que ser necesariamente a forma oficial.
UGT
Comisión Europea
Reial Acadèmia Catalana de Belles Arts de Sant Jordi
Universidade de Santiago de Compostela
Se unha entidade se identifica por un nome convencional, elixir esa forma convencional en lugar do nome oficial como forma preferida
Museo del Prado e non Museo Nacional del Prado
No caso das ordes relixiosas elixir o nome convencional polo que se coñece aos seus membros, en galego.
Xesuítas e non Compañía de Xesús
Franciscanos e non Ordo Fratrum Minorum ou Orden de Frailes Menores
Orde de Malta e non Orde do Hospital de San Xoán de Xerusalén ou Orde Militar de Malta
O nome convencional dun goberno é o nome da área sobre a cal exerce a súa xurisdición. Esta pode ser un país, Estado, provincia, etc.
España e non Reino de España
Como fontes para a elección da forma aceptada consideramos preferentes as publicacións oficiais da entidade, é dicir, as patrocinadas ou editadas por ela na súa lingua orixinal. As páxinas web, se existen, considéranse publicacións oficiais a estes efectos.
A existencia de diferentes formas implicará necesariamente a creación dun rexistro de autoridade para recoller todas as variantes posibles. Facer entradas alternativas especialmente para:
Organización do Tratado do Atlántico Norte [alternativos para Organización del Tratado del Atlántico Norte, OTAN, NATO]
FAO [alternativos para Organización de las Naciones Unidas para la Agricultura y la Alimentación, Food and Agriculture Organization of the United States, Organisation des Nations Unies pour l'alimentation et l'agriculture]
Se non hai unha forma que se atope máis comunmente, elixir unha forma breve do nome. A forma breve pode ser unha inicial ou unha sigla. A forma breve debe ser o suficientemente específica para diferenciar a entidade doutras cos mesmos nomes breves ou similares.
EURATOM [alternativo, European Atomic Energy Community]
Ter en conta que hai determinados nomes de entidades sen capacidade de responsabilidade intelectual pero que poden ser empregados como entradas de materia. Están recollidas no Laval e deben respectarse, tanto no seu establecemento como no relativo ás subdivisións que poden ser empregadas, as indicacións do repertorio.
Louvre (París, Francia) [alternativo, Palais du Louvre (París, Francia)]
[Nota informativa nesta entrada do Laval: "Baixo esta materia, atopamos documentos sobre o Palacio do Louvre. Os documentos sobre o museo que alberga este edificio estarán baixo a autoridade Musée du Louvre"]
Cambios do nome da entidade
É frecuente que se produzan cambios nos nomes das entidades. Se o nome dunha entidade corporativa cambia (incluíndo cambios dunha lingua a outra), hai que manter o nome anterior como o nome preferido para os recursos asociados con ese nome e elixir o nome posterior como a forma peferida para usala cos recursos asociados co último nome.
Esta situación implicará a creación de puntos de acceso autorizados para cada nome preferido e o establecemento de relacións entre eles.
Fundación Camilo José Cela (Padrón, Galicia)
Comentario: Ata o 2012 denominase Fundación Camilo José Cela
Fundación Pública Gallega Camilo José Cela (Iria Flavia, Galicia)
Comentario: No ano 2012 pasa a denominarse Fundación Pública Gallega Camilo José Cela, baixo a tutela directa da Administración Autonómica.
Non se consideran cambios significativos no nome dunha entidade corporativa aqueles que afectan unicamente á ortografía, á orde das palabras, aos artigos, conxuncións ou preposicións e cambios na puntuación. Os nomes que representan estes cambios menores serán establecidos como formas variantes en campos 41X
Asociación de Amigos de la Ópera (A Coruña, Galicia) [forma variante: Asociación Amigos de la Ópera (A Coruña, Galicia)]
Entidades subordinadas e relacionadas
Como norma xeral unha entidade non será rexistrada en forma directa cando o seu nome implique subordinación ou sexa insuficiente para identificala correctamente.
RDA determina que se deben rexistrar de forma subordinada (en subcampo $b despois do nome da entidade superior) os nomes de entidades que, tendo relación con outra, pertencen á algunha das seguintes categorías:
Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Anatomía e Produción Animal
Universidade de Santiago de Compostela. Secretaría Xeral
Universidad Nacional de Educación a Distancia (España). Centro Regional Pontevedra
British Library. Science, Technology, and Business
Universidad Nacional de La Plata. Instituto de Literaturas extranjeras
Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Farmacia. Asociación de Antigos Alumnos
[nome da entidade: Asociación de Antigos Alumnos da Facultade de Farmacia de Santiago de Compostela]
España. Ministerio de Hacienda
Igrexa Católica. Conferencia Episcopal Española
Joint Committee of the American Library Association and the Rural Sociological Society
Joint Committee on Insulator Standards
O título pode ser colectivo, sen referirse a ningunha persoa específica que desempeña o cargo
Galicia. Presidente da Xunta
España. Presidente do Goberno
ou pode referirse a unha persoa e período determinados
España. Presidente (1976-1981 : Suárez)
Galicia. Presidente (1990-2005 : Fraga)
Reino Unido. Raíña (1952-2022 : Isabel II)
Se hai dous ou máis períodos de mandato non consecutivos para a mesma persoa, elaborar puntos de acceso separados
España. Presidente (2018-2019 : Sánchez)
España. Presidente (2020- : Sánchez)
Se unha lexislatura ten máis dunha cámara, tratar cada cámara como unha entidade separada. Rexistar o nome de cada cámara como una subdivisión da lexislatura
En ambos casos, rexistrar o nome en forma dunha subdivisión do punto de acceso autorizado que representa a xurisdición
España. Cortes Generales. Congreso
España. Cortes Generales. Senado
Galicia. Parlamento
España. Cortes Constituyentes (1869-1871)
Portugal. Assembleia Constituinte (1975)
Galicia. Tribunal Superior de Xustiza
España. Tribunal Supremo
España. Fuerzas Armadas
Francia. Armée
Rexistrar o nome dunha sección, comando ou unidade militar grande ou pequena, como unha subdivisión do servizo principal do cal é parte.
España. Ejército del Aire. Ala 11
España. Embajada (Francia)
Francia. Ambassade (España)
Igrexa Católica. Congregatio por Doctrina Fidei
Church of England. Diocese of Winchester
Igrexa Católica. Diocese de Mondoñedo-Ferrol
Rexistrar o título dun funcionario relixioso (bispo, abade, rabino, mulah, patriarca, etc.) que actúa en forma oficial, como unha subdivisión da xurisdición relixiosa
Igrexa Católica. Arquidiocese de Santiago de Compostela (Galicia). Arcebispo (1665-1667 : Carrillo Acuña)
Church of England. Diocese of Winchester. Bispo (1597-1616 : Bilson)
Rexistrar o título dun Papa que actúa en forma oficial como unha subdivisión da Igrexa Católica. Rexistrar o título na forma dunha subdivisión do punto de acceso autorizado que representa á Igrexa Católica. Rexistrar o título en galego engadindo entre parénteses os anos do seu pontificado e o seu nome pontificio
Igrexa Católica. Papa (1316-1334 : Xoán XXII)
En todos os casos anteriormente citados rexistrar o nome da entidade subordinada como unha subdivisión do punto de acceso autorizado da entidade de maior xerarquía.
Omitir as unidades intermedias da xeraquía, a menos que o nome da entidade subordinada sexa usado por outra unidade tamén subordinada ou relacionada coa de maior xerarquía. Nese caso, interpor o nome da unidade de nivel intermedio de forma que permita distinguir claramente a subordinación entre as entidades.
Galicia. Dirección Xeral da Función Pública
Ourense. Servizo Municipal de Normalización Lingüística
pero
Lugo (Provincia). Deputación. Arquivo