Ir ao contido principal

Manual Autoridades

Manual de Autoridades

Nomes de persoa

En RDA o concepto "persoa" inclúe figuras literarias, lendarias, divindades e animais considerados como actores ou intérpretes, é dicir, a entidade persoa  pode ser real ou ficticia.

A este respecto, mentres que a Library of Congress adoptou esta norma e comezou a establecer autoridades de nome no campo 100 para os personaxes ficticios individuais, o Répertoire de Vedettes Matière de Laval, a día de hoxe, decidiu non aplicar este criterio. En liña coa proposta de LRM que deixa fóra da entidade persoa aos personaxes ficticios e calquera outra figura non humana ou irreal por considerar que non posúen a capacidade de ser creadores, o Laval segue a considerar os personaxes ficticios como encabezamentos de materia (150) e non como nomes persoais (100).

Esta posición, parece máis vantaxosa para os usuarios e a BUSC seguirá neste tema o criterio do RVM Laval.

Exemplo de Laval 

150 ## $a Famille Addams (Personnages fictifs)
Exemplos do catálogo

150 ## $a Don Juan (Personaxe lendario)

150 ## $a Batman (Personaxe de ficción)

150 ## $a Zeus (Divindade grega)

150 ## $a Beowulf (Personaxe lendario)

ATENCIÓN!: As figuras bíblicas con nome propio e os personaxes que se presume que existiron son considerados persoas e se codifican en campo 100

100 0# $a Adán $c (Personaxe bíblico)

100 0# $a María, $c Santa Virxe

100 0# $a Xesucristo