Táboa de contidos
Cada día, Alma executa automaticamente as seguintes tarefas para autorizar os rexistros bibliográficos do catálogo:
Autoridades - Enlazar encabezados BIB: esta tarefa busca todos os campos de rexistro de autoridade, incluídos os campos de subdivisión que figuran en rexistros bibliográficos. Se se atopan coincidencias exactas, os rexistros bibliográficos vincúlanse aos rexistros de autoridade correspondentes. Se non se atopan coincidencias exactas, Alma realiza unha nova busca sobre todos os rexistros de autoridade, pero ignorando os campos de subdivisión, e os rexistros bibliográficos enlázanse aos rexistros de autoridade coincidentes que se localicen durante a segunda busca.
Autoridades - Corrección de termos preferentes: esta tarefa realiza a corrección de termos preferidos en todos os rexistros bibliográficos que estean vinculados a rexistros de autoridade. Por exemplo, se un rexistro bibliográfico contén o termo non preferente “Narcóticos, Control de”, e o rexistro de autoridade asociado contén o termo preferido “Control de drogas”, esta tarefa substitúe “Narcóticos, Control de” polo termo preferido “Control de drogas”. Os rexistros bibliográficos actualízanse tamén con modificacións posteriores dos rexistros de autoridade. Por exemplo, se unha autoridade de persoa inclúe unha data de nacemento, e o rexistro se modifica para engadir a data da morte, os rexistros bibliográficos serán actualizados cando o sistema execute a tarefa nocturna de corrección.
A modo de resumo, os aspectos máis relevantes do proceso automático de autoridades son os seguintes: