Normas que deben servir de guía para o traballo do control de autoridades.
Formato MARC21 de Autoridades: é a fonte obrigada para a codificación Marc dos rexistros de autoridade en Alma. O emprego do formato MARC21 é imprescindible para que os rexistros de autoridade interactúen correctamente cos rexistros bibliográficos.
Manual de Autoridades da BUSC: regras establecidas pola BUSC para elaborar e codificar os distintos tipos de rexistros de autoridade
Regras de catalogación. Capítulo 15: algunhas destas directrices seguen vixentes coas excepcións establecidas por RDA mencionadas en distintas partes deste documento e no Manual de catalogación en RDA
RDA toolkit. Sección 3, Rexistro de atributos de persoa, familia e entidade corporativa e Sección 4, Rexistro de atributos de concepto, obxecto, evento e lugar
Ademais das normas de uso obrigado existen unha serie de fontes que deben ser consultadas no momento da creación ou modificación dun rexistro de autoridade. Estas fontes serán reflectidas no campo MARC 670 do rexistro para explicar e xustificar a información gravada tanto no punto de acceso autorizado como nas variantes.
Fonte para as autoridades de materia
Répertoire de Vedettes-Matière da Bibliothèque de l’Université Laval: é a fonte principal para as autoridades de tema 150 e de lugares xeográficos 151. O Repertorio Laval pode ser consultado en liña na dirección https://rvmweb.bibl.ulaval.ca
Fontes para nomes de persoa e entidades galegas
Fontes impresas (enciclopedias e dicionarios especializados)
Listacontrolada de termos establecidos na BUSC cun vocabulario propio (buscxf), e que seguen de preto a estrutura de:
As autoridades de Género/Forma da Biblioteca Nacional
As autoridades de RVMGF (Genre/Forme) do Répertoire de vedettes-matière Laval
IMPORTANTE!: Ter en conta que o Répertoire de Vedettes-Matière da Bibliothèque de l’Université Laval non contén nomes propios coa excepción de:
personaxes ficticios e/ou lendarios
divindades e deuses individuais
nomes xeográficos administrativos
Para a construción dos puntos de acceso de nomes coa capacidade de ser autores (persoas, entidades corporativas, etc.) hai que seguir sempre as convencións da catalogación descritiva, é dicir, as regras RDA recollidas neste manual. En cambio, para os puntos de acceso de nomes que só poden ser materia, respectar as indicacións do RVM.
150 ## $a Don Juan (Personaxe lendario)
110 ## $a Château de Chenonceau (Chenonceaux, Francia)
Pode ser problemático decidir se unha entidade debe ser establecida conforme á normativa RDA para puntos de acceso autorizados ou conforme á normativa para materias do RVM. Para evitar confusións, consultar a lista de termos ambiguos do formato Marc21