Ir ao contido principal

Manual Autoridades

Manual de Autoridades

As autoridades na BUSC

Un dos principais obxectivos do traballo de autoridades na BUSC é crear sistematicamente un rexistro de autoridade para todas aquelas persoas, familias ou entidades corporativas vinculadas á cultura galega coa finalidade de facilitar a súa normalización e recuperación.
En tanto que biblioteca universitaria, a creación de rexistros de autoridade para todo o persoal docente e investigador da institución adquire especial relevancia. A Biblioteca, despois de participar activamente na elaboración do Perfil RDA de Rexistros de Autoridades para PDI de REBIUN, levou a cabo a adaptación a esta normativa de todas as autoridades do PDI da USC con obra no catálogo a partir de 2019. Actualmente todos os rexistros de autoridade de PDI siguen as directrices do citado Perfil RDA de REBIUN.

Continuando con esta liña de traballo aplicaremos RDA a todos os novos nomes de persoa. Ademais de respectar as pautas para a elaboración do punto de acceso preferido, os novos rexistros de autoridade (en etiqueta 100) deben conter  os campos Marc para elementos RDA obrigatorios que se detallan no apartado Nomes de persoa deste manual. Os novos rexistros así codificados deberán identificarse como conformes a RDA na etiqueta 040 ($e rda)

A aplicación de RDA ao resto e autoridades (entidades corporativas ou nomes xeográficos) quedará para unha segunda fase pois precisaría dunha meticulosa revisión e modificación dos rexistros xa existentes. Que o punto de acceso responda aos criterios RDA, se non se introducen outros atributos considerados núcleo, non xustificará a introdución do subcampo $erda na etiqueta 040

A detección de rexistros de autoridade 100/110 xa existentes que non sexan compatibles con RDA será comunicada á Biblioteca Xeral para proceder ao seu estudo e decidir os cambios pertinentes.

As autoridades non galegas non son prioritarias e non se crean sistematicamente pero serán elaboradas sempre que se consideren necesarias para evitar problemas de homonimias e/ou identificación.

Por outra banda, aínda que a indización nos rexistros bibliográficos se realiza, desde 2010, exclusivamente en galego, os rexistros de autoridade de tema son bilingües (galego-castelán) para poder ofrecer a recuperación no catálogo Iacobus en calquera das dúas linguas.