Táboa de contidos
Antes da creación dun rexistro de autoridade cómpre sempre realizar unha busca no catálogo para comprobar se o termo aparece e tomar nota das formas atopadas para incluílas no rexistro de autoridade como punto de acceso autorizado ou como variantes.
No MDE, na lapela "Plantillas" elixir BUSCEM. Despregar "Compartido" e elixir o padrón axeitado ao tipo de autoridade. Encher os distintos campos coa información dispoñible.
Durante o proceso de catalogación en Alma, mediante o uso de F3 nun campo controlado por autoridade, comprobar se existe ou non rexistro de autoridade. Se non existe baixo BUSCEM, revisar na pestana de Encabezamentos de rexistros bibliográficos para comprobar se hai algunha entrada no catálogo. Non esquecer facer unha busca completa comprobando se o autor aparece con un ou con dous apelidos
Se consideramos necesario crear a autoridade, temos a opción nesta pantalla de "Crear registro de autoridad", abrirase un padrón de autoridade que hai que revisar coidadosamente para adaptalo ao tipo de autoridade que se desexa crear. (O padrón por defecto é o que corresponde a Autor persoal GA)
Desde unha autoridade existente premer en "Acciones de registro" e elixir "Duplicar registro". Alma crea unha copia do rexistro que haberá que modificar cos novos datos. Gardar unha vez realizadas todas as modificacións.
Este método non é a forma máis recomendable pois existe o risco de deixar información correspondente á autoridade inicial. Hai que prestar especial atención a números de control como 035 (Número de control de sistema) ou 907 (Identificador de Millennium) que poden xerar coincidencias erróneas para o sistema.