Táboa de contidos
Consideramos entidades corporativas a todos os entes colectivos, organizacións, institucións, gobernos, organismos dependentes, empresas, etc. (aínda que sexan de carácter temporal), que teñen un nome formal polo que son formalmente identificados e actúan, ou poden actuar, como unha unidade.
Quedan excluídos deste concepto:
110 2# $a Parque Eólico de Careón (Galicia)
En canto as Entidades-Autor, a elaboración dun rexistro de autoridade na BUSC só será necesaria cando estemos ante unha entidade galega, existan homonimias, formas variantes que recoller, sexa preciso facer algún tipo de nota explicativa ou haxa que establecer relacións entre diferentes entidades.
Os eventos como competicións atléticas, exposicións, expedicións, feiras e festivais considéranse tamén entidades corporativas. Estas entidades temporais codifícanse habitualmente no campo MARC 111, excepto nos casos en que o evento queda subordinado a unha entidade de carácter permanente que organiza periódicamente a conferencia, congreso, etc.
Como norma xeral na BUSC só faremos rexistro de autoridade para entidades temporais que adoitan ser empregadas como encabezamentos de materia (611 do bibliográfico) e están recollidas no RVM, non para reunións, congresos, exposicións, etc. agás casos excepcionais que deben ser comunicados á BIblioteca Xeral para o seu estudo previo.
Atención!! A aplicación de RDA para autoridades de entidade queda polo momento limitada ao respecto das pautas para a construción dos puntos de acceso. Non imos empregar campos MARC adicionais para rexistrar outros atributos das entidades.