Ir ao contido principal

Manual Autoridades

Manual de Autoridades

Rexistros de autoridade do PDI da USC

O obxectivo da aplicación de RDA aos rexistros de autoridade do PDI é subministrar os elementos necesarios para identificar e describir ao persoal docente e investigador da maneira máis unívoca posible, e cubrir as necesidades de información relacionadas co ámbito académico e de investigación.

Desde 2019 todos os rexistros de autoridade de PDI na BUSC siguen as directrices do Perfil de aplicación para la creación o enriquecimiento de los registros de autoridad del personal docente e investigador de REBIUN

Con respecto á codificación, os elementos e atributos definidos en RDA para a entidade persoa, rexístranse nunha serie de novos campos que o formato MARC 21 foi incorporando ao longo dos últimos anos. Ademais de agregar novas etiquetas, algúns dos campos e subcampos que xa empregabamos resultan redefinidos diante da necesidade de adaptación ao modelo RDA. Como novidade tamén, a meirande parte das novas etiquetas requiren o emprego de subcampos $u, $1, $0 ou $2 para establecer o vínculo coas fontes de información relacionadas ou para reflectir o uso de vocabularios controlados.

Os  novos campos aplicables aos rexistros de autoridade de nome de persoa son os seguintes:

003 - Identificador do número de control (NR)

024 - Outros identificadores normalizados (r)

046 - Datas asociadas (R)

368 - Outros atributos da persoa (R)

370 - Lugar asociado (R)

372 - Campo de actividade (R)

373 - Grupo asociado (R)

374 - Ocupación (R)

375 - Xénero (R)

377 - Lingua asociada (R)

Outros campos (locais)

998 - Relación coa USC (R)

999 - Relación con Galicia (NR)