Ir ao contido principal

Manual Autoridades

Manual de Autoridades

Construción do punto de acceso para nomes de persoa

O punto de acceso autorizado que representa a unha persoa recóllese no campo 100 dun rexistro de autoridade MARC21. Ista forma será a empregada nos rexistros bibliográficos en campos 100, 600 ou 700. Debe servir para identificar inequivocamente a unha persoa.

O punto de acceso estará formado polo nome preferido e polas adicións obrigatorias no caso de que exista algún título ou outra designación asociada coa persoa: santo, título de realeza ou nobleza, rango relixioso, etc.

A práctica consolidada na BUSC (permitida como opción en  RDA) é a de engadir, mesmo se non existe coincidencia entre dous nomes, sempre que se dispoña da información, as datas de nacemento e morte da persoa.

As datas son o primeiro criterio para desfacer homonimias, pero se as datas non están dispoñibles, cando un punto de acceso resulta idéntico a outro xa existente, deberán engadirse os seguintes datos, na orde de prioridade establecida en RDA:

  • a forma máis completa do nome
  • o período de actividade da persoa
  • a profesión ou ocupación
  • outro termo de rango, honor ou cargo

En todo caso, como norma xeral, os conflitos non deben anticiparse.

Pautas para o rexistro do nome preferido

Nomes que inclúen apelido

Cando o nome está formado por varios elementos, rexistrar o apelido como elemento inicial seguido de coma (,) e das outras partes do nome. Ter en conta que no caso de persoas de orixe anglosaxoa, flamenca ou escandinava o apelido é sempre a última parte do nome. Respectar os signos diacríticos e acentos prescritos para cada língua.

Álvarez Blanco, Xosé Luís

Smith, John Boulton

Se o nome consiste só nun apelido, ou é a forma pola que a persoa é coñecida, rexistrar só o apelido

Castelao

Se o nome non contén un apelido pero contén unha parte que identifica á persoa e funciona como apelido, rexistrar esa parte como o primeiro elemento, seguido de coma e do resto do nome

X, Malcolm [nado como Malcolm Little, alternativos por Little, Malcolm e Malcolm X]

Omitir os termos de honor e tratamento de calquera nome que leve apelido, a menos que o nome sexa só un apelido ou que sexa o nome dunha persoa casada que se identifica só polo nome do seu cónxuxe e un termo de tratamento

Alt, Dr.

Strauss, Johann, Frau

Stäel, Madame de

CASOS ESPECIAIS:

    Santos: Cando o nome da persoa canonizada inclúe un apelido, a entrada non se fai en forma directa senón polo apelido e respectando o  nome na súa lingua.

More, Thomas, Santo [alternativo por Tomás Moro]

Gonzaga, Luigi, Santo [alternativo por Luis Gonzaga]

    Palabras que indican unha relación familiar: para nomes portugueses rexistrar os termos Filho, Junior, Neto, Netto ou Sobrinho como parte do apelido ($a)

Mello Sobrinho, Cláudio
Marques Junior, Milton

Para linguas diferentes ao portugués, rexistrar termos similares (Jr., Junior, Sr., Senior, fils, père...) e tamén os números que sigan ao nome de pila da persoa, en subcampo $c precedidos por unha coma (,).

Kennedy, John F., Jr

    Iniciais: Considerar o uso regular ou ocasional de iniciais que precedan ao apelido como unha indicación de que esa inicial non se utiliza como parte do apelido.

Abril, Ana G. [alternativo por González Abril, Ana]

No caso de que o nome conste só de iniciais, rexistrar en forma directa

J. W. [o nome aparece no recurso como J*** W******, alternativo por W. J.]

   Se o nome contén só un apelido representado por unha inicial e unha ou máis partes do nome están completas, rexistrar a inicial como primeiro elemento

G., Miryam

     Apelidos compostos: considérase que un apelido é composto cando consiste en diferentes nomes separados por espazos ou algún tipo de conector: guións, preposicións e/ou conxuncións.

García Márquez, Gabriel

Cotarelo y Mori, Emilio

RDA prescribe rexistrar como o primeiro elemento a parte do apelido mediante mediante a cal a persoa prefira ser incluída nos listados aínda que raramente é coñecida esta preferencia. Rexistrar entón como primeiro elemento a parte do nome baixo o cal a persoa aparece nas fontes de referencia da súa lingua ou país de residencia ou ben, empregar o servizo da IFLA Names of Persons: National Usages for Entry in Catalogues

Fénelon, François de Salignac de La Mothe (forma das fontes de referencia francesas)

Oliveira, Anna Augusta Sampaio de [alternativo por Sampaio de Oliveira, Anna Augusta]

García-Abadillo, Casimiro [alternativo por García-Abadillo Prieto, Casimiro]

Se a persoa prefire ser coñecida só polos seus apelidos, rexistrar estes de forma directa

Espido Freire

    Apelidos precedidos de partículas: para os apelidos con prefixos escritos en forma separada, se o apelido inclúe un artigo, unha preposición ou combinación de ambos, rexistrar como primeiro elemento aquela parte máis comunmente utilizada como primeiro elemento segundo o anexo F11 de RDA. Rexistrar como variantes do nome as formas que utilizan outra parte como primeiro elemento. É importante ter en conta que as regras aplicables son as referidas á lingua que utiliza a persona, non á lingua do apelido.

Salvo León, Lucía Clara di (autora de apelido italiano pero de nacionalidade arxentina que escribe en español)

Algúns exemplos:

  • En inglés, rexistrar o prefixo como o primeiro elemento: 

Du Maurier, Daphne

Dos Passos, John

  • En francés, se o prefixo consiste nun artigo (le, la, les) ou unha contracción de artigo e preposición (du, des) rexistrar o prefixo como primeiro elemento: 

La Bruyère, René

Des Champs, Jean

Du Hamel, Jean Baptiste

Pero se o prefixo é a preposición "de" con ou sen artigo, rexistrar a parte do nome que segue á preposición como primeiro elemento:

 Musset, Alfred de

La Fontaine, Jean de

Anglemont, Édouard d'

  • En alemán ou neerlandés, se o prefixo consiste nun artigo (der, die, des) ou unha contración de artigo e preposición (am, aus'm, vomzum, zur), rexistrar o prefixo como o primeiro elemento: 

 Zur Linde, Otto

Para outros nomes alemanes e neerlandeses con preposicións, rexistrar a parte do nome que segue ao prefixo como o primeiro elemento:

Goethe, Johann Wolfgang von 

agás no caso en que a partícula sexa "ver": Ver Boven, Daisy

  • En italiano, para nomes modernos, rexistrar a partícula como o primeiro elemento:  

De Amicis, Vincenzo

D'Annunzio, Gabriele

Para nomes medievais e os primeiros modernos, consultar as fontes de referencia para determinar se un prefixo é parte dun nome. En nomes deste período, De, de’, degli, dei, e de li son raramente parte do apelido:  

Alberti, Antonio degli

  • En portugués, rexistrar a parte do nome que sigue á partícula: 

Santos, António Furtado dos

  • nas linguas oficiais de España, se o prefixo consiste nun artigo, rexistrar este como o primeiro elemento:  

Las Heras, José María

As preposicións soas ou acompañadas de artigos, e as correspondentes contraccións, pospóñense:

Casas, Bartolomé de las

Bolas, Xan das

Outras partículas: se o prefixo, que de ordinario indica relación familiar, non é un artigo, nin unha preposición, nin unha combinación de ambos os dous, rexistrar o prefixo como primeiro elemento.

Mac Bee, Richard H.

Ben Harosh, Mosheh

Fitz Gerald, Gregory

Se o apelido inclúe regularmente prefixos con guión ou combinado cos apelidos, rexistrar a partícula como primeiro elemento

Ter-Horst, Joannes Hermannus [alternativo por Horst, Joannes Hermannus Ter-]

  • Outros casos

Viúvas de impresores: se o nome da muller é coñecido e aparece en fontes de referencia, empregar o nome persoal para construír o punto de acceso:

100 1# $a Gómez, Catalina 

400 1# $a Alegre, Melchor, $c Viuda de

400 0# $a Viuda de Melchor Alegre

Pero se a muller é identificada únicamente como viúva do impresor, elaborar o punto de acceso como frase en orde directa.

100 0# $a Viuva de Manoel de Carvalho 

Nomes que inclúen título de nobreza

Se unha persoa é máis coñecida polo seu título que polo seu apelido ou nome de nacemento, o título debe ser o elemento inicial. Rexistrar o nome do título, indicar o nome persoal en orde directa, excluíndo nomes de pila non empregados. A continuación do nome persoal indicar o rango do título na lingua en que foi conferido. Colocar comas (,) antes do nome e a parte do título que denota rango. Rexistrar como variante do nome a forma que utiliza o nome como primeiro elemento (Non rexistrar se o nome propio do título e igual ao apelido).

Abrantès, Laure Junot, duchesse d’

Sade, marquis de

Bolingbroke, Henry St. John, Viscount

Althann, Michael Friedrich, Graf von

Alba, Cayetana Stuart y Silva, Duquesa de

Pero

Becerril, Soledad e NON Salvatierra, Soledad Becerril, Marquesa de

Para membros de casas reais que xa non están identificados como parte da realeza (a casa real non é reinante porque perdeu ou renunciou ao trono), rexistrar o apelido como primeiro elemento.

Saxe-Coburg-Gotha, Simeon e non Simeón II, Rei de Bulgaria

Se non hai un apelido, rexistrar como o primeiro elemento aquela parte do nome que se usa para identificar á persoa nos recursos ou en fontes de referencia.

Nomes que non inclúen apelido nin título de nobreza

Se a persoa é identificada só por un nome, e así consta en fontes de referencia, rexistrar por ese nome

Aristóteles

Pelé

Ksado

    Se o nome está asociado a un lugar, unha ocupación ou calquera outra característica en recursos asociados ou en fontes de referencia, rexistrar despois do nome e precedido por coma

Leonardo, da Vinci

    Se o nome de pila está asociado a un número romano, no caso de reis e papas, asociar como parte integral do nome.

Xoán Paulo II

Filipe IV

    Se o nome polo que se coñece a unha persoa da realeza inclúe o nome da casa real, dinastía, designación territorial, etc. rexistrar o nome en orden directo

Xosé Bonaparte, Rei de España

Leonor, de Aquitania, Raíña consorte de Enrique II, Rei de Inglaterra

Nomes que consisten nunha frase

Se unha persoa é comunmente identificada por unha frase ou apelativo que non contén un nome de pila, considerar esas palabras ou frase como nome preferido da persoa.

Como norma xeral rexistrar a frase en forma directa.

En caso da presenza dun artigo no encabezamento con forma de frase, hai que valorar se aparece comunmente asociado ao nome e, en consecuencia, respectalo, ou suprimilo. Non é valido pospoñelo. Daremos sempre como variante a forma non aceptada.

Un coruñés 

Un ingenio de esta Corte

    Se unha frase consiste nun nome de pila ou nomes precedidos de palabras diferentes a un termo de tratamento ou un título de posición ou cargo, entón considerar esta frase ou apelativo como o nome preferido da persoa

Little Richard [alternativo por Richard, Little]

    Se a frase consiste nun nome precedido por un termo de tratamento, título de cargo ou posición, considerar esta frase como o nome preferido da persoa

Falsarius, Chef [alternativo por Chef, Falsarius]

    Se a frase contén o nome doutra persoa, rexistrar a frase en orde directo

Pseudo Turpin [alternativo por Turpin, Pseudo]

    Se unha persoa é comunmente identificada por unha frase que menciona outra obra da mesma persoa, nos recursos asociados con ela e as fontes de referencia, considerar esta frase como nome preferido da persoa.

The author of Honesty the best policy [alternativo por Honesty the best policy, The author of]

Autor de la carta Un monárquico al Sr. Martínez de la Rosa

Santos, dignidades eclesiásticas e nomes de relixión

  • Santos

    Se o nome da persoa canonizada contén un apelido este será o primeiro elemento do punto de acceso. Rexistrar o termo "Santo" ou "Santa" como un elemento asociado á persoa:

Arnáiz, Rafael, Santo

Stein, Edith, Santa

    Non engadir o termo  "Santo/a" se a persoa é ademais Papa, Emperador ou Emperatriz ou Rei ou Raiña.

Gregorio I, Papa  e NON  Gregorio I, Papa, Santo 

Fernando III, Rei de Castela e NON Fernando III, Rei de Castela, Santo

    Se a persoa é coñecida polo seu nome de pila, ou polo nome de relixión, este será o seu punto de acceso. O nome irá en galego sempre que exista unha forma galega nas fontes de referencia.

Brandán, Santo e NON Brendan, Santo

[Páxina web da Enciclopedia Galega Universal, consultada 13-03-2024 (Brandán. nome dun santo irlandés do s.VI)]

Tareixa de Xesús, Santa e NON Teresa de Jesús, Santa

[Páxina web da Enciclopedia Galega Universal, consultada 14-03-2024 (Tareixa de Xesús, santa)]

    Empregar como elemento adicional o lugar ou calquera outro calificativo asociado co nome polo que sexa coñecida a persoa

Caterina, de Siena, Santa

Veda, o Venerable, Santo

    Se o santo é ademais un cargo eclesiástico polo que é coñecido, este figurará tamén, en galego, como adición ao nome

Anselmo, Santo, Arcebispo de Canterbury

Cirilo, Santo, Patriarca de Alexandría

    Pero se nas fontes de referencia a dignidade eclesiástica non aparece normalmente asociada ao nome, non recollela na forma autorizada.

Alberte, o Magno, Santo e NON Alberte, O Magno, Santo, Bispo de Ratisbona

Agostiño, de Hipona, Santo e NON Agostiño, Santo, Bispo de Hipona

  • Bispos e outros altos cargos eclesiásticos (arcebispos, cardeais, abades, abadesas, etc.)

    Se o nome de pila é o primeiro elemento, agregar o título en galego se aparece normalmente co nome nos recursos asociados ou nas fontes de referencia.

Agrestio, Bispo de Lugo

Aelfrico, Abade de Eynsham

    Pero se o nome da persoa inclúe un apelido como punto de acceso non aplicar este criterio

Suquía Goicoechea, Ángel e NON Suquía Goicoechea, Ángel, Arcebispo de Santiago de Compostela

  • Apelativos relixiosos

    Rexistrar os termos relixiosos distintivos que aparecen comunmente xunto co nome propio na lingua na que foi conferido ou na lingua do país de residencia da persoa.

Anselm, Brother [inglés]

Basile, père [francés] 

    Non rexistrar no caso dos relixiosos cuxo punto de acceso é o apelido

Casas, Barlomé de las  e NON Bartolomé de las Casas, Fray

    Hai que diferenciar cando se trata dun nome de relixión, é dicir, o que adopta a persoa cando toma os hábitos, do que é o seu nome real ou polo que é coñecido nas fontes de referencia.

    Os nomes de relixión van en orde directa e sen traducir:

Benito de la Cueva, Fray [nome real, Rodrigo Gutiérrez]

António das Chagas, Frei [nome real, António da Fonseca Soares]

PERO

Xoán da Cruz, Santo [nome real, Juan de Yepes Álvarez, eliximos a forma galega, segundo as fontes de referencia correspondentes, por ser Santo]

  •    Siglas de ordes relixiosas: Se unha persoa utiliza comunmente iniciais ou abreviaturas que indican a súa pertenza á unha orde relixiosa cristiá, e ditas iniciais aparecen regularmente nos recursos asociados coa persoa, agregar tamén estas abreviaturas, precedidas de coma e sen espazo entre as iniciais. Isto non é aplicable se o nome preferido inclúe un apelido. As abreviaturas de ordes relixiosas poden empregarse tamén para desfacer homonimias cando non existen outros datos.

Evaristo de la Virgen del Carmen, O.C.D.

Antonio de San José, O.C.D.

Adicións ao nome preferido

Adicións obrigatorias

RDA prescribe a adición ao nome preferido de determinados elementos, segundo sexan aplicables, nesta orde:

  • Título de realeza ou nobreza: os títulos de realeza (rei, raíña, príncipe, etc.) son obrigatorios agás naqueles casos nos que o título non apareza comunmente asociado co nome da persoa.
  • Termo indicativo de santidade: obrigatorio agás nos casos nos que o punto de acceso é o nome dun papa, rei, emperador, etc.
  • Título de rango relixioso: obrigatorio para nomes de persoas sen apelido
  • o termo "Espíritu" (sempre como último elemento do punto de acceso autorizado)
  • Profesión ou ocupación se o nome consiste nunha frase ou apelativo que non leva consigo a idea de persoa.

Facer estas adicións obrigatorias antes das datas de nacemento ou de actividade da persoa.

Título de realeza e /ou nobreza: agregar o título se aparece comunmente asociado coa persoa en fontes de referencia mesmo se non é necesario para distinguir puntos  de acceso que representen a persoas co mesmo nome. O título debe rexistrarse despois da forma completa do nome preferido pero antes das datas asociadas, se existen.

Carlos III, Rei de España

Napoleón I, Emperador de Francia

María de la Paz, Infanta de España

Letizia, Raíña consorte de Filipe VI, Rei de España

Chateaubriand, François-René, vicomte de

Fernando de Aragón, duque de Calabria

Título de rango relixioso: agregar o título "Papa" ou "Antipapa" despois do nome preferido

Alexandre V, Antipapa

agregar a dignidade eclesiástica para bispos, etc. e outros apelativos relixiosos se o elemento de entrada é o nome de pila ou cando o título aparece comunmente asociado coa persoa en fontes de referencia.

Idacio, Bispo de Chaves

pero

Rouco Varela, Antonio María (os cargos de cardeal e arcebispo non se rexistran no punto de acceso)

Para persoas canonizadas agregar o termo "Santo/a" agás nos casos en que o punto de acceso represente a un papa, emperador, emperatriz, rei ou raíña. Agregar o termo despois da forma completa do nome e antes do título de nobreza ou o rango relixioso segundo sexa aplicable

Martiño, Santo, Bispo de Tours

pero

Luís IX, Rei de Francia e NON Luís IX, Santo, Rei de Francia

Datas de nacemento e/ou falecemento: aínda que para RDA non é un elemento obrigatorio do punto de acceso, a BUSC considera importante a adición desta información e daremos as datas de nacemento e/ou falecemento sempre que a información estea dispoñible, independentemente de se existe homonimia ou non.

Pérez, Manuel, 1876-1913

Pérez, Manuel, 1675-

Pérez, Manuel, -1897

Pérez, Manuel, 1936 maio 3-

Dumas, Alexandre, 1802-1870

Dumas, Alexandre, 1824-1895

Cando existe homonimia, o período de actividade dunha persoa (en lugar das datas de nacemento e morte) tamén é válido

Sobrino, Francisco, activo 1703-1734

Sobrino, Francisco, -1881

Adicións en caso de homonimias:

O primeiro criterio para desfacer homonimias segue a ser o emprego das datas de nacemento e/ou morte, ou período de actividade dunha persoa, pero se non se coñece esa información pódense facer as seguintes adicións:

  • Forma máis completa do nome: cando as datas non estean dispoñibles, incluír unha forma máis completa do nome.

Rodríguez, Manuel (Rodríguez Sánchez)

Rodríguez, Manuel (Rodríguez González)

  • Profesión ou ocupación: engadir esta información (termo en galego e concordando en xénero) cando ningunha das outras opcións para diferenciar nomes estea dispoñible

Álvarez, Francisco (Pintor)

Álvarez, Francisco (Avogado)

Pérez, María José (Bióloga)

Pérez, María José (Lingüista)

Engadir información deste tipo tamén cando o nome preferido non transmite a idea de persoa

50 Cent (Músico)

Rexistro de formas variantes

Unha das principais xustificacións do traballo de autoridades é a de facilitar a recuperación da documentación relacionada por calquera das formas polas que unha persoa pode ser coñecida. Polo tanto, unha vez seleccionada a forma autorizada, o rexistro de autoridade debe recoller, como variantes, as formas non escollidas. (RDA 9.2.3.10)

Faranse, en campos 400, entradas alternativas  de:

  • Variacións lingüísticas, gráficas ou alfabéticas do nome
  • Calquera forma coñecida que difira do encabezamento, en particular formas que amplíen a información do nome aceptado, nomes reais, nomes anteriores cando hai cambios, etc.
  • Calquera forma do nome que conteña unha partícula que poida dificultar a súa recuperación no índice
  • Formas polas que é presumible que os usuarios poden buscar (por ex. apelidos con aparencia de nome, autores que unen os seus apelidos coa conxunción y, e, i, etc.

400 1# $a Sklodowska, Marja, $d 1867-1934 alternativo de 100 1# $a Curie, Marie, $d 1867-1934

400 1# $a Reyes Basoalto, Nefatlí, $d 1904-1973 alternativo de 100 1# $a Neruda, Pablo, $d 1904-1973

400 1# $a Gómez, Alonso, $c Viúva de, $d activa 1584-1595 alternativo de 100 1# $a Ruiz, María, $d activa 1584-1595

400 1# $a Afonso $b X, $c o Sabio, $d 1221-1284 alternativo de 100 0# $a Afonso $b X, $c Rei de Castela, $d 1221-1284

400 1# $a Caballero Villar, José María de, $d 1833- alternativo de 100 1# $a Caballero y Villar, José María de, $d 1833-

400 1# $a Cela Trulock, Camilo José, $d 1916-2002 alternativo de 100 1# $a Cela, Camilo José, $d 1916-2002

400 1# $a Urbina, Julio Jorge, $d 1966- alternativo de 100 1# $a Jorge Urbina, Julio, $d 1966-

Atención: Todas as formas alternativas deben incluír as datas contidas no subcampo $d se están presentes no punto de acceso autorizado.​