Táboa de contidos
Tratando de abordar o problema que supón en moitas ocasións a agrupación ou recuperación de documentos que non teñen asignados encabezamentos de materia, a BUSC decide en 2024 comezar a utilizar termos de xénero e forma, especialmente nas áreas de Literatura e Imaxes en movemento.
Para a construción do vocabulario tomouse como base o tesauro da Biblioteca Nacional adaptándoo, para evitar contradicións, ao vocabulario de Laval e por tanto, ás pautas propias dá BUSC.
O resultado é unha lista de termos que en ningún caso está pechada: ante a necesidade de novos termos, as propostas poden enviarse á Biblioteca Xeral onde serán estudadas.
Os termos de xénero/forma serven para describir como é unha publicación, non o seu contido temático.
Por exemplo, un documento sobre o cine negro americano terá asignada a materia “Cine negro”, pero se o que temos é a película “El halcón maltés” debemos asignar “Cine negro”, neste caso como termo de xénero e forma.
A diferenza dos encabezamentos de materia que normalmente consisten en cadeas de termos que siguen unhas regras, ás veces complexas, os termos de xénero/forma son palabras simples ou frases que conteñen un único concepto. Por esa razón os encabezamentos de xénero e forma non teñen subencabezamentos e quedan rexistrados íntegramente en $a
Os encabezamentos distinguiranse pola etiqueta MARC: o encabezamento de materia rexístrase nun campo 650 mentres que o termo de xénero e forma rexístrase nun campo 655.
Nalgunhas ocasións os encabezamentos de materia e os de xénero e forma serán idénticos, pero un encabezamento de xénero/forma non debe substituír a un de materia; cada un deles serve a propósitos distintos.
No momento de catalogar documentos que se correspondan con algunha das áreas temáticas recollidas na listaxe (Xeneralidades, Material cartográfico, Literatura e Imaxes en movemento) seguiranse asignando os encabezamentos de materia apropiados para o contido da obra e engadiranse os de xénero e forma que describan o que a obra é, sempre que o termo estea recollido no vocabulario da BUSC.
Pode empregarse máis dun encabezamento de xénero e forma para recoller os diferentes aspectos do documento tratando de asignar o encabezamento máis específico posible.
TERMOS DE XÉNERO E FORMA PARA LITERATURA
Na área da literatura créanse unha serie de termos que tratan de agrupar esencialmente por xéneros literarios.
É moi importante asignar os encabezamentos de xénero e forma especialmente nos casos en que non hai outros encabezamentos de materia, pero non son incompatibles.
Exemplo con encabezamento de materia
Título: “El banquete de las barricadas”
650 #7 $a Francia $x Historia $y 1968 (Xornadas de maio) $2 buscem
655 #7 $a Novelas históricas $2 buscxf
Exemplos sen encabezamentos de materia
Título: “Más allá de Ulises”
655 #7 $a Novelas $2 buscxf
Título: “¡Te pillé Caperucita!”
655 #7 $a Literatura infantil e xuvenil $2 buscxf