Ir ao contido principal

Manual Alma - Adquisicións

Manual sobre as tarefas e fluxos de traballo de Adquisicións en Alma

Solicitudes de compra

As solicitudes de compra permiten ás persoas usuarias que usen PRIMO ou ao persoal bibliotecario (en nome do/a usuario/a) que utilicen Alma suxerir que unha biblioteca compre un recurso. O/A usuario/a, ou persoal bibliotecario en nome da persoa usuaria, completa tantos detalles do exemplar como sexa posible e despois envía a solicitude a Alma para a súa revisión. Estas suxestións poden facerse:

  1. A través de PRIMO (directamente pola persoa usuaria).
  2. A través de Alma (o persoal bibliotecario en nome da persoa usuaria).

5.1. Desde PRIMO

Unha persoa usuaria identificada en PRIMO pode realizar unha suxestión de compra dun título mediante o formulario de solicitude de compra.

Esta opción está dispoñible dende o catálogo Iacobus a través do menú dos tres puntos na barra superior.

 

Seleccionar a opción Solicitude de compra.

 

Dirixe ao formulario de solicitude de compra, onde o/a usuario/a poderá cubrir todos os datos precisos para poder identificar o recurso. Unha vez cuberto o formulario, deberá premer en Enviar solicitude.

 

Estas solicitudes aparecerán nas tarefas de Solicitudes de compra >>  En revisión-sin asignar.

 

Ou tamén as podemos xestionar no menú Adquisiciones >> Solicitudes de compra >> Gestionar solicitudes de compra.

 

5.2. Desde ALMA

Pódese crear unha solicitude ou suxestión de compra en nome dunha persoa usuaria en Alma. O persoal bibliotecario, en nome do/a usuario/a, completa tantos detalles do exemplar como sexa posible e despois envía a solicitude a Alma para a súa revisión.

Créase a solicitude desde o menú Adquisiciones >> Solicitudes de compra >> Crear solicitud de compra.

 

 

Ábrese a pantalla Solicitud de compra, onde se deben encher, como mínimo, os datos básicos do exemplar solicitado: Título e ISBN.
Na sección Atributos de la solicitud é necesario introducir o/a usuario/a que fai a solicitude e, moi importante, a Biblioteca propietaria (á que se fai a suxestión de compra).
Unha vez completada a Solicitude de compra é necesario pulsar o botón Guardar.

 

 

Aparecerá unha mensaxe informando de que a solicitude de compra foi creada e pasa a estar en Gestionar solicitudes de compra. A solicitude envíase co estado En revisión.

5.3. Xestionar solicitudes de compra

Para ver as solicitudes de compra pendentes, ir á Lista de tareas no menú permanente ou seleccionar Adquisiciones > Solicitudes de compra > Gestionar solicitudes de compra no Menú principal de Alma.

Se xestionamos as solicitudes de compra a través da Lista de tareas do menú permanente, móstransenos todas as pendentes de xestionar e, por defecto, quedan na pestana Sin asignar. Á dereita de cada unha temos distintas accións:

 

 

  • Editar:  podemos completar ou modificar a información que vai servir como base para levar adiante o pedido. Tamén nos permite Reenlazar a un registro de la Institución.
  • Autorizar y enviar la orden: créanos unha liña de pedido co estado En revisión. Ao autorizar a solicitude o número de liña de pedido aparece na mensaxe de confirmación, na parte superior da páxina. Esta acción fai que ALMA envíe automaticamente á persoa solicitante un correo co asunto Estado da súa solicitude de compra confirmando a aprobación da súa solicitude

 

 

  • Rechazar: aparecerá un botón de confirmación. Ter en conta que non se poden rexeitar solicitudes que xa foron aprobadas. Seleccione Confirmar no cadro de diálogo de confirmación. Aparecerá outro cadro de diálogo de motivo do rexeitamento.

 

 

  • Enviar consulta al solicitante: permite enviar un correo á persoa usuaria para aclaracións.
  • Asignar a: asignará a solicitude a outro operador.
  • Reenlazar: enlazará a un rexistro da Institución máis completo.

 

Cando vos apareza unha solicitude de compra solicitada para a vosa biblioteca e consideredes que por temática é máis adecuada noutra, no menú de accións da dereita elixir Asignar a
Asignar á persoa responsable de adquisicións da Biblioteca Xeral e poñer unha nota de reatribuír á Biblioteca que consideredes, marcar Send as E-mail e clicar en Asignar a


 

 

Caso particular:

Solicitudes de compra xestionadas a través de GOBI

As solicitudes de compra dos nosos usuarios que imos xestionar a través de GOBI, expoñen un problema xa que a solicitude de compra do usuario non se pode vincular á POL que crea automaticamente  o provedor ao facer o pedido no sistema de GOBI. E cando nós autorizamos unha solicitude de compra en Alma tamén se xera outra POL, polo que ao final teríamos dúas POLs, a da solicitude de compra do usuario e a creada por GOBI.
Nestes casos para que non se xeren dúas POLs, temos dúas opcións:

  1. rexeitar a solicitude de compra do usuario, pero para que non lle chegue ao solicitante a carta de rexeitamento imos editar a solicitude de compra cambiando o usuario solicitante. Podemos poñernos nós mesmo como solicitante, deste xeito recibimos nós a carta de rexeitamento. Na POL que se xerou automaticamente desde GOBI engades ao solicitante.
  2. a outra opción sería autorizar a solicitude de compra, pero isto vai xerar unha POL, que teriamos que borrar. E logo engadir ao solicitante na POL que se xerou automaticamente desde GOBI

Isto non pasa si facemos a compra en RIALTO, xa que desde a propia solicitude de compra temos a opción de Buscar no Mercado (de RIALTO)


No caso das solicitudes de compra realizadas dende as citas de bibliografía recomendada e tramitadas a través de GOBI consultar a información no apartado Bibliografías recomendadas >> Citas >>Solicitudes de compra a partires das citas (Caso particular)