Ir ao contido principal

Manual Alma - Adquisicións

Manual sobre as tarefas e fluxos de traballo de Adquisicións en Alma

Realizar pedidos libro impreso

Unha vez que temos seleccionada a obra (a marxe esquerda do rexistro ten que estar marcada en cor azul):

 

Dirixímonos á opción GOBIExpress e clicamos en Order.

 

Comprobaremos que os datos do libro que se atopan na parte superior son correctos antes de proseguir coa compra.

 

Agora seleccionamos a subconta que determinará o tipo de orde de compra (segundo o seu formato, físico ou electrónico-EBK) e as subcontas ás que irá asociada. Para o formato impreso as subcontas que non teñen EBK.

 

O segundo apartado que temos que encher fai referencia ao fondo ao que vai asociado a compra. Son os mesmos fondos que temos en Alma.

 

No apartado Library aparecen os códigos das distintas bibliotecas, que serán as propietarias das liñas de orde de compra en Alma.

 

O seguinte apartado é Nota para Gobi, onde podemos indicar o que consideremos necesario.

Na caixa da Unidade tramitadora seleccionar a correspondente á Biblioteca: GE0014828. 

 

O órgano propoñente é un campo libre, non é necesario indicalo.

A caixa Location corresponde á Ubicación para os libros impresos; isto xerará a existencia en Alma.

Seleccionar a correspondente á vosa biblioteca.

O seguinte campo a encher é o expediente de contratación.

 

Primeiro reporting  code equivale ao primeiro código de informe en Alma, e indícanos se o libro é físico ou electrónico:

- acceso en liña: a

- impreso: b

Por último, hai que indicar a cantidade de exemplares que se queren do libro.

 

Antes de finalizar o proceso, lembra copiar o ISBN para comprobar o pedido en ALMA.

Finalmente, fai clic en Order para finalizar o pedido.


Unha vez feito o pedido podes facer unha comprobación en Alma. Buscamos o título, e clicamos en Órdenes para acceder á información da POL.

Seleccionada a POL, revisaremos se toda a información é correcta e engadiremos os códigos de informe, xa que soamente se cubrirá automaticamente desde Gobi o primeiro código de informe. 

Despois de revisar que todo é correcto, comprobamos o Estado da POL. O correcto é que a POL pase a Enviada ou Agrupación automática.

Realizar pedidos libro electrónico

Vexamos agora brevemente o mesmo proceso para Libros electrónicos:

Iniciamos a procura, buscando por número ISBN ou título e clicamos en buscar.

Seleccionamos o título que nos interesa e clicamos en GobiExpress e en Order.

 

Comprobaremos que os datos do libro que se atopan na parte superior son correctos antes de proseguir coa compra.

 

 

Seleccionamos a subconta que determinará o tipo de orde de compra (segundo o seu formato, físico ou electrónico-EBK)  á que irá asociado o pedido. No caso de libros electrónicos as subcontas comezan por EBK.
Seleccionamos a Subcuenta da biblioteca correspondente.

 

Os seguintes campos son os mesmos que para a compra de libro impreso.
A única diferenza á hora de encher o pedido é o campo eBook purchase option, onde indicamos o tipo de licenza que imos comprar.
 

 

Finalmente clicamos en Order.

 

Apareceranos unha advertencia de que este pedido non se pode cancelar. Para poder completar o pedido clicamos na marxe esquerda.

 

Ao clicar a marxe quedará marcado en cor azul e xa podemos finalizar o pedido clicando en Submit.

 

Unha vez feito o pedido podes facer unha comprobación en Alma. Buscamos o título, e clicamos en Órdenes para acceder á información da POL.

 

Seleccionada a POL, revisaremos se toda a información é correcta e engadiremos os códigos de informe, xa que soamente se cubrirá automaticamente desde Gobi o primeiro código de informe. 

Despois de revisar que todo é correcto, comprobamos o Estado da POL. O correcto é que a POL pase a Enviada ou Agrupación automática.