Pódense buscar facturas utilizando a caixa de procura permanente, no campo Facturas.
Os resultados da procura móstranse na páxina de resultados.
Para localizar facturas específicas, podemos limitar os resultados utilizando as facetas que se atopan no lado esquerdo da páxina. A procura avanzada non está dispoñible para o campo Facturas. As facetas dispoñibles son:
- Estado: o estado no que se atopa a factura: Cerrado ou En revisión.
- Aviso: segundo o tipo de alerta que afecta á factura.
- Proveedor.
- Fuente: a forma pola cal foi creada a factura: manual ou desde unha PO.
- Propietario: biblioteca asociada coa factura.
Para ver unha factura clicar sobre o número de factura ou no botón de accións da dereita, seleccionando Vista.
Ábrese a páxina Detalles de factura. O rexistro de factura contén a información distribuída en distintas pestanas:
- Resumen: contén os datos de factura do provedor, importe, IVE, etc.
- Alertas: inclúe incidencias e/ou erros durante o proceso de facturación.
- Líneas de factura: contén as POL que se atopan na factura e outros cargos adicionais.
- Historial: mostra o historial dos cambios realizados nos campos da páxina.
- Notas: permite ver, engadir ou eliminar notas relevantes para a páxina.
- Adjuntos: para ver, engadir ou eliminar adxuntos relevantes para a páxina.