Táboa de contidos
Procuras simples: na caixa permanente de procura pode buscar Liñas de orde de compra segundo os campos que elixa do despregable.
Na primeira lista despregable da categoría seleccione Líneas de orden. No segundo selector seleccione o campo polo cal desexa facer a procura. No campo de texto introduza o texto polo cal desexa facer a procura.
Procuras avanzadas: para facer unha procura avanzada na caixa permanente de procura seleccionamos, como na procura simple, na primeira lista despregable, Líneas de orden. E clicar na lupa+ .
Ábrese o panel de procura avanzada coa categoría Líneas de orden seleccionada e unha regra ou condición .
Agregue regras segundo se requira para configurar a súa procura.
Por defecto, as relacións de procuras nun grupo e entre grupos de regras é Y, pero pode cambiar a relación O.
Os pasos do fluxo de traballo están definidos para as liñas de orde de compra e definen o estado no que pode estar unha POL.
Pode filtrar os resultados das procuras polos pasos do fluxo de traballo das POL:
En Revisión: é o estado inicial dunha liña de orde de compra recentemente creada. Son mostradas en Adquisiciones>>Líneas de orden de compra>>Revisar. Unha liña permanece nese estado mentres teña alguna alerta a corrixir ou non sexa validada correctamente, ou soamente seleccionemos Guardar. O estado en revisión cambiará ao seleccionar Solicitar ahora ou ao Editar > Guardar y Continuar para a liña de orde de compra.
Agrupación manual: no momento da creación da liña de orde de compra, se marcamos a opción de Agrupación manual significa que a Liña de orde de compra, unha vez pasada a validación automática e seleccionada a opción Guardar y Continuar, está lista para ser agrupada manualmente nunha orde de compra (PO).
Agrupación automática: se non se seleccionou a opción de Agrupación manual, a POL está á espera de ser agrupada automaticamente polo sistema nunha orde de compra. A agrupación automática realízase todos os días á 22:00 horas.
Lista: a liña de orde de compra aparece co estado de lista cando foi agrupada nunha orde de compra (PO) e esta aínda non foi enviada. Para que unha orde de compra sexa enviada a un provedor, todas as súas liñas de orde de compra deben ter o estado de Lista.
Enviada: a orde de compra (PO) na que a liña de orde de compra está agrupada foi enviada ao provedor.
Cerrado: a liña de orde de compra péchase cando se finaliza o proceso, incluíndo a facturación.
Esperando renovación manual: as liñas de orde de compra co estado Esperando renovación cambian a Esperando renovación manual se están marcadas para renovación manual.
Esperando renovación: a liña de orde de compra foi enteiramente procesada e recibida/activada, e será renovada automaticamente. As liñas de orde de compra físicas continuas que se envían ao provedor teñen o estado de Esperando renovación incluso se a renovación se realiza manualmente pero no chegou todavía a data de renovación.
Esperando factura: todos os exemplares asociados á liña de orde de compra foron recibidos e a liña de orde de compra está lista para ser asociada á factura. As liñas de orde de compra individuais que non están enteiramente facturadas reciben ese estado unha vez que son activadas ou recibidas.
Aplazada: a liña de orde de compra foi apartada para ser xestionada nunha data posterior.
Cancelada: a POL foi cancelada. Pódese cancelar calquera liña de orde de compra activa, salvo aquelas que estean á espera do pago da factura. Cuando unha liña de orde de compra é cancelada non se elimina de Alma, polo que todavía se poden realizar unha serie de accións como editar, reabrir, ou borrar.
Borrada: a liña de orde de compra foi borrada do sistema. Unha vez que unha liña de orde de compra é eliminada, non pode ser recuperada nin reabrirse.
Agregouse unha nova entrada "Todas las líneas de orden de compra" na sección "Líneas de orden de compra".
Esta opción permite ver nunha soa páxina todas as liñas de orde de compra en todos os seus tipos e pasos (estados) do fluxo de traballo. Todas as liñas de orde de compra poden ser facetadas por unha variedade de áreas.
Pódense elixir varias facetas simultaneamente e aplicalas.
As accións do menú superior actívanse ao seleccionar unha ou máis liñas de orde de compra.
Botón de alternancia de presentacións personalizadas: este botón permite determinar a forma en que se presenta a liña de orde de compra na páxina.
Ao seleccionar este botón, altérnase a presentación na páxina entre as dúas opcións seguintes:
Seleccione a icona Vista completa para abrir a páxina en vista completa.
Seleccione a icona de Vista dividida para regresar á vista dividida.
Pódese determinar o ancho do panel esquerdo/dereito arrastrando cara á esquerda ou a dereita a regra vertical que separa os paneis esquerdo e dereito.
A columna que contén as seccións e información da liña de orde de compra tamén se pode contraer.
Agora a columna está contraída.