Táboa de contidos
Antes de recibir o material debe comprobar que está no departamento de recepción adecuado, que será o Departamento de Adquisicións da biblioteca que lle corresponda.
Para recibir os pedidos é necesario ir ao menú Adquisiciones >> Recibir y facturar >> Recibir.
Ábrese a pantalla Recibir material nuevo, onde se poden localizar as POL á espera de recepción tanto dos materiais correspondentes a pedidos únicos como continuos.
Na parte superior aparece a opción:
Se hai usuarios interesados asociados á POL e non se marca esta opción, o usuario recibirá o aviso no momento no que se recibe o material, o que pode supoñer un problema se se lle debe realizar algún tipo de procesamento. En caso de mantela marcada, esa notificación enviarase cando o material xa estea listo para circulación e saia do Departamento de Adquisiciones.
Para recibir un pedido, localizamos a POL, e podemos facelo desde:
Desde esta pantalla xa se pode recibir o material seleccionando a POL e pulsando o botón superior Recibir. Tamén hai a opción de Recibir despregando o botón de accións á dereita da POL, coa mesma funcionalidade que o botón da parte superior.
Outras opcións adicionais dispoñibles despregando o botón de accións á dereita da POL:
Gestionar ejemplares: lévanos á pantalla Lista de ejemplares recibidos. Os exemplares que aparecen na pantalla Lista de ejemplares recibidos pódense ademais editar para realizar cambios desde o botón de opcións, elixindo Editar inventario de ejemplar, o que permite, entre outras cousas, asignar unha ubicación definitiva ao material, cambiar a política de exemplar, modificar o código de barras, ou reenlazar o exemplar a outro rexistro bibliográfico.
É posible recibir exemplares para unha liña de orde de compra directamente desde a POL. Nunha liña de orde de compra na sección Ejemplares pedidos, no menú de accións temos a opción de Recibir.
A continuación, sae unha pantalla emerxente para confirmar a recepción. Marcar Mantener en el departamento e seleccionar Copy Cataloging. Clicar en Recibir.
Ao Recibir na liña de orde de compra indícase que se recibiu o exemplar, e aparece como Recibido.
Os exemplares pasan a Ejemplares en proceso do apartado Procesamiento post-recepción.
Se unha POL contén varios exemplares pero non chegaron todos, podemos recibir só algúns dos exemplares que se pediron na liña de orde de compra.
Ir ao menú Adquisiciones >> Recibir y facturar >> Recibir e localizar a liña de orde de compra que se desexa recibir. Seleccionar Gestionar ejemplares.
Ábrese a Lista de ejemplares recibidos, que mostra todos os exemplares enumerados na liña de orde de compra.
Seleccionar as casas de verificación dos exemplares que se desexan recibir e seleccionar Guardar y Recibir.
Regresa á páxina Recibir nuevo material. Nesta páxina verá que o número de exemplares pedidos e de exemplares recibidos agora é diferente.
Unha vez que se reciba o exemplar que falta, regresar a Gestionar ejemplares á Lista de ejemplares recibidos e marcar como recibido.
Cando se realiza unha recepción parcial a POL mantense en estado Enviado ata que se reciben todos os exemplares.
Para desfacer a recepción dun exemplar:
Ir ao menú Adquisiciones >> Recibir y facturar >> Recibir e busque a liña de orde de compra (estableza o filtro en Estado: Pechado, Esperando factura, etc.). Desde o exemplar, seleccione Gestionar ejemplares desde o menú de accións.
Ábrese a páxina Lista de ejemplares recibidos. Sitúe o exemplar baixo a pestana Ejemplares da liña de orde de compra. Seleccione Revocar la recepción no menú de accións da dereita.
Agora a POL volve a estar en estado Enviada e o exemplar volve a aparecer como Non recibido.