Táboa de contidos
Alma permite xestionar os distintos tipos de adquisicións da biblioteca, tanto de recursos físicos como electrónicos, e tanto se son adquisicións únicas, continuas ou permanentes. Dous dos elementos fundamentais no proceso de adquisición son os provedores e os fondos, que son os que conforman a infraestrutura de adquisicións e nos permite xestionar os fluxos de traballo necesarios para os distintos tipos de adquisicións.
Polo tanto, a xestión dos fluxos de traballo en Alma vén determinada polo tipo de liña de orde de compra, dependendo de se son ordes únicas ou continuas, ou materiais físicos ou electrónicos.
Os tres fluxos de traballo principais do proceso de adquisicións en Alma son:
Para realizar todas estas operacións é necesario situarse en ALMA no Departamento de Adquisicións da túa biblioteca.