Ir ao contido principal

Manual Alma - Adquisicións

Manual sobre as tarefas e fluxos de traballo de Adquisicións en Alma

Fluxo de traballo de compra

O fluxo de traballo de compra comeza coa creación da Liña de orde de compra (POL). A Liña de orde de compra créase a partir dun rexistro bibliográfico, xa sexa dun rexistro existente no noso catálogo, dun rexistro importado desde recursos externos ou creando un rexistro novo. 

A Liña de orde de compra validada agrúpase nunha Orde de compra (PO). A agrupación pode ser manual ou automática. Logo, a orde de compra pasa polo seu propio proceso de validación. Se algunha información obrigatoria non está correcta, Alma envía a orde de compra ao estado En revisión. En caso contrario, a orde de compra enviarase ao provedor.

A orde de compra pasa a estado Enviada, esperando a chegada do material e da factura, o que nos leva aos seguintes fluxos de traballo.
 

En resumo,  o fluxo de traballo de compra consta de:

  • buscar o título
  • crear unha liña de orde de compra (POL)
  • agrupar en ordes de compra (PO)
  • enviar ao provedor