Táboa de contidos
Para o inventario electrónico, a seguinte etapa é a Activación. No caso do material electrónico, o recurso pasa por un proceso de activación en Alma.
Comprobar que o recurso non estea activado na nosa institución.
Se non o localizamos buscamos na Zona da Comunidad e Ordenar.
Crear a Línea de orden de compra (POL) elixindo o tipo de liña de orde de compra adecuado e posteriormente a Orden de compra (PO).. No caso das monografías elixiremos:
Despois de comprar o recurso xa aparece na Zona da Institución pero sen activar.
No momento do envío da POL o recurso incorporase á Lista de tareas de activación de recursos electrónicos (só para as persoas que teñan o rol correspondente).
No momento que o provedor vos confirme o acceso ao recurso, é necesario editar a liña de orde de compra (POL). No apartado Información de activación, no campo Nota de activación proporcionar a url de acceso que vos enviou o provedor e Gardar.
As persoas encargadas da activación dos recursos poderán visualizar esta información e activarán o recurso.
Deste xeito non é necesario enviar o formulario de activación de recursos electrónicos da intranet. Soamente utilizaremos este formulario para os recursos que non leven liñas de orde de compra e para as altas de bases de datos, plataformas ou outro recurso que queiramos incorporar a reBUSCa.