Só poderá borrar unha factura se ten asignado o rol de Operador de facturas extendido.
Só se poden borrar as facturas que están en estado En Revisión. Polo tanto, teremos en conta dúas circunstancias para eliminar as facturas:
- A factura está en Revisión . Buscar a factura desde Adquisiciones >> Recibir y facturar >> Revisar (Factura). Despregar o botón de acción da dereita da factura e seleccionar Borrar.
- A factura xa está Cerrada . Nese caso, o primeiro paso é enviar a factura a Revisión. Na caixa de procura permanente, seleccionaremos Facturas e buscaremos polo Número de factura. Na seguinte pantalla mostrarase o rexistro de factura que queremos borrar. Despregar o botón de accións e seleccionar Conjunto de regreso a revisión.
A factura pasa a Revisión. Localizarémola en Facturas en revisión e desde o botón de accións seleccionaremos a opción Borrar.