Ir ao contido principal

Manual Alma - Adquisicións

Manual sobre as tarefas e fluxos de traballo de Adquisicións en Alma

Buscar en Gobi

Como facer pedidos a través de GOBI

A través da seguinte ligazón:

https://www.gobi3.com/hx/Falcon.ashx?location=welcome

Introduce o teu login e password.

 

O menú de procura de GOBI ofréceche varias opcións para localizar unha obra, aínda que as máis utilizadas son o título e o ISBN.

 

Inserimos a procura desexada e facemos clic en Search.

 

Hai que ter en conta que a diferenza entre esta API con respecto a RIALTO é que GOBI permite a compra de libros impresos. Nos resultados da procura, figura o tipo de formato que nos está ofrecendo, polo que temos que fixarnos no tipo de formato que nos ofrece GOBI á hora de seleccionar o que nos interesa.

 

Podemos reducir os resultados de procura, utilizando os filtros que aparecen na marxe esquerda. Os máis destacados son polo tipo de formato e por ano de publicación.

 

Unha vez localizada a obra, seleccionamos a marxe esquerda do rexistro para marcala de cor azul.