Táboa de contidos
Despois de seleccionar e "Añadir al carrito", comeza o proceso de compra.

Aparecerá na lista de resultados unha indicación de que o título está no carriño. Ademais sairá un aviso de que o exemplar foi engadido ao teu carriño. Nas iconas da parte superior aparece o carro cos exemplares engadidos.

Antes de realizar a compra é necesario cubrir unha serie de datos para que Alma xere a POL correctamente.

Datos a cubrir: Biblioteca de pedido, fondo, códigos de informes, notas, usuarios interesados.

En primeiro lugar seleccionamos a Biblioteca de pedido e o fondo:

Logo os códigos de informes:

Exemplo:

Podemos engadir notas: nota ao provedor e notas internas.
Moi importante a NOTA AO PROVEDOR

Obrigatorio e moi importante engadir a nota ao provedor, fundamental para a facturación.
Nesta nota poñeremos o expediente de contratación correspondente sempre entre #. Exemplo: #B-03E#

Opcional: podemos engadir usuarios interesados para que cando se active o recurso o usuario reciba un correo de aviso:

Despois de cubrir os datos necesarios clicamos en “Comprar seleccionado”.

Sairanos un resumo do pedido e que confirmemos a compra:

Se todo está correcto, Alma nos informa que o pedido foi rexistrado.
Podo comprobar o pedido en “Verlo en el historial de órdenes” e ver o número de POL.

