Neste punto seguimos ubicados en Alma dentro do Departamento de Adquisiciones.
Os exemplares recibidos e marcados como Mantener en el departamento localízanse no menú Adquisiciones >> Procesamiento post-recepción >> Ejemplares del departamento de recepción.
Aquí podemos utilizar os filtros para buscar os exemplares, móstrase o estado do proceso, no noso caso Copy cataloging. Tamén podemos utilizar a caixa de busca para buscar un elemento específico como o título ou o código de barras, entre outras opcións.
Para finalizar o paso do exemplar polo Departamento de Adquisiciones e envialo cara ao mostrador de circulación para a súa colocación debemos marcar a POL e pulsar Hecho, ben desde o menú da parte superior ou desde o botón Opciones á dereita da POL. O exemplar desaparecería da páxina e quedaría en tránsito ata que chegue ao mostrador.