Táboa de contidos
As facturas envíanse para a súa revisión nos seguintes casos:
Para localizar as facturas en revisión, farémolo desde Adquisiciones >> Recibir y facturar >> Revisar (Factura).
As facturas aparecen na páxina Facturas en revisión. Desde o menú de accións de cada factura poderemos editar ou eliminar unha factura ou tamén cambiar a súa asignación.
As facturas aparecen agrupadas nas seguintes pestanas:
Se pulsamos Editar no botón de accións da dereita, abrirásenos a pantalla Detalles de factura. Un erro moi frecuente é que o importe total da factura non coincida co importe das liñas de factura. Ata que este erro non sexa corrixido a factura permanece no estado En revisión.
Desde a pestana Líneas de facturas podemos editar as distintas liñas de orde de compra clicando sobre o número da POL.
Tamén podemos editar ou borrar liñas de factura despregando o botón de accións da dereita de cada liña de factura.
Hai que ter en conta que se se modifica ou elimina unha liña de factura, na pestana Resumen deberemos corrixir o importe total da factura.
Unha vez modificada a factura seleccionar Guardar y continuar para gardar os cambios. Se os datos da factura se modificaron correctamente, a factura pasará ao estado Cerrado.