Ir ao contido principal

Manual Alma - Adquisicións

Manual sobre as tarefas e fluxos de traballo de Adquisicións en Alma

1. Importar e crear un rexistro bibliográfico

Para iniciar unha orde de compra necesitamos partir dun REXISTRO BIBLIOGRÁFICO: Os rexistros bibliográficos pódense conseguir a partir de:

  • Un rexistro existente no noso catálogo (zona da Institución), ou un rexistro de títulos electrónicos descargado da zona da Comunidade.
  • Un rexistro importado en recursos externos.
  • A creación dun rexistro bibliográfico novo.

     A) En primeiro lugar, debe tratar de localizar o rexistro bibliográfico desexado na Zona da Institución. Unha vez localizado, pulsar o botón de opcións situado á dereita e seleccionar Ordenar do despregable:

 

     B) Se o rexistro non está dispoñible na zona da Institución, a seguinte opción será buscar en Recursos externos. Podemos acceder desde Recursos >> Catalogación >> Buscar en recursos externos.

 

Ou desde Recursos >> Editor de Metadatos >> Buscar y navegar >> Buscar recursos.

A continuación, abrirase a pantalla do editor de metadatos. Na parte superior poderá seleccionar, desde as opcións mostradas no despregable, o catálogo no que desexa realizar a busca e, abaixo, os campos sobre os que desexa buscar.

Seleccionar o rexistro que nos interesa entre os ofrecidos polos distintos catálogos.

Unha vez localizado o rexistro que interese, pulsar sobre Importar.

 

Nese momento, a pantalla do editor de metadatos mostrará os datos bibliográficos do rexistro a importar.  Seleccionar a icona do carro da compra (Ordenar).

Abrirase un formulario chamado Propietario y Tipo de Línea de orden de compra desde o que poderá crear a Línea de orden de compra (POL).

 

     C) Se non foi posible encontrar ningún rexistro, deberá crear un rexistro bibliográfico breve desde Editor de metadatos, seleccionando Nuevo, e escollendo o padrón correspondente. Para crear o rexistro breve deberá cubrir, como mínimo: ISBN e Título.

Ao finalizar, pulse sobre a icona do carro da compra para iniciar o proceso de creación da POL. Abrirase un formulario chamado Propietario y Tipo de Línea de orden de compra  desde o que poderá crear a Liña de orde de compra (POL)