O seguinte paso no fluxo de traballo dunha adquisición é o de recepción, no que se recibe o material físico ou se fai a activación se a liña de orde de compra é para material electrónico.
- Recepción. Cando o material físico chega á biblioteca márcase en Alma como Recibido e envíase para a súa catalogación ou para o seu procesamento físico. Se o exemplar non chega no prazo esperado pode crearse unha reclamación, de forma manual ou automática. Se o tipo de orde é continuo, como unha subscrición a unha revista, Alma xestiona o proceso de renovación de acordo á data de renovación na Liña de orde de compra.
- Activación. No caso de material electrónico, o recurso pasa por un proceso de activación en Alma e se comproba que temos acceso.