Táboa de contidos
Para buscar no Mercado podes seleccionar "Búsqueda de mercado" no menú:
Ou elixir a opción "Mercado" na barra de procura, onde podes buscar por autor, ISBN, título ou por palabra chave:
Introduce un termo de procura para comezar:
Na páxina de resultados cada fila agrupa todas as edicións dispoñibles dun título que coincide coa procura. Ademais móstranos o número de ofertas e se xa o temos na nosa institución:
Se clicamos en Ver todas as ofertas mostraranos toda a información para cada resultado: ano de publicación, edición, plataforma etc. Ademais, se o título está xa na nosa institución indícanos o tipo de formato que temos na nosa biblioteca: material físico ou material electrónico.
Na listaxe de resultados aparece tamén unha icona de "Licenza de usuario".
Se pasas o cursor sobre a icona verás unha descrición da licenza: usuarios ilimitados, 1 usuario, 3 usuarios, número de accesos.
Cando a procura nos dá demasiados resultados podemos reducir a lista usando as facetas da esquerda. Podes clicar nos filtros directamente ou seleccionar varios filtros e facer clic en "Aplicar".
Se estás interesado nun resultado, pero aínda non estás listo para compralo, podes agregalo a unha lista.
Cando elixas a túa oferta preferida, selecciona "Añadir al carrito” para comezar o proceso de compra.