Ir ao contido principal

Manual Alma - Servizos

Manual de xestión do servizo de circulación da BUSC en Alma-ExLibris: usuarios, solicitudes, préstamos e bibliografías recomendadas

Xestionar citas

Acceso dende o apartado Reservas de cursos

Aínda que exista un acceso directo ao apartado Citas, recomendamos traballar nas citas só dende o apartado Listas de lectura 

Podemos acceder directamente ás citas xa creadas dende o apartado Reservas de cursos dos Servicios al usuario.

 

 

Ábrese a pantalla Editar citas.

 

 

1. Na caixa de busca permanente pódese buscar por elementos da cita (autor, título, ISBN, ISSN) ou por curso ou lista de lectura.

2. Á esquerda da pantalla atópanse as facetas que permiten filtrar as citas por distintos criterios entre eles o Departamento de procesamiento (a Biblioteca responsable).

3. Na parte central atopamos unha listaxe das citas precedida de botóns, entre eles empregaremos:

  • Eliminar citascando queiramos eliminar unha cita primeiro debemos seleccionala e logo premer neste botón. Haberá que confirmar a eliminación.
  • Cambiar estado: Na pantalla de editar citas o estado adoita ser Completo, se non o fose poderiamos seleccionar esta opción neste botón. Debemos premer en Guardar para que se rexistre o cambio
  • ExpandirNeste botón están 3 opcións: Expandir todos, expandir electrónico, expandir físico. Permite visualizar máis información sobre as citas (por exemplo distintos exemplares físicos...). Tamén podemos colapsar a cita e reducir así a información visible.

 

En cada cita temos acceso a 3 botóns:

  • Editar: permite editar e modificar os elementos da cita.
  • Cambiar a completo: cambia o estado da cita.
  • Tres puntos: Dan acceso a varias opcións.

 

 

 

 

Acceso dende unha lista de lectura

Tal como vimos en Crear listas, na pantalla Editar lista de lectura, a primeira lapela é Citas.

 

 

Esta lapela presenta as accións xa vistas: Eliminar citas, Cambiar estado, Expandir.

No botón Añadir cita: lembramos as 3 opcións. A opción Añadir citas del repositorio serve para engadir referencias de recursos dispoñibles en Alma BUSCAo premer nela, ábrese unha pantalla de busca. Unha vez atopada a cita que queremos engadir,  seleccionámola e aparece na lista de lecturas.

Para engadir citas de recursos electrónicos gratuítos que non se atopan no Alma da BUSC primeiro hai que catalogar o recurso, de acordo co establecido no Manual de Procesos de Alma, e despois incluír a cita na lista de lectura.

Solicitudes de compra a partires das citas

Crearanse solicitudes de compra de xeito automático a partires da creación dunha cita que non é do repositorio.

 

 

Unha vez seleccionada a opción Añadir citas que no son del repositorio, enchemos o formulario cos datos básicos da obra cuxa adquisición solicitamos.

 

 

Ao finalizar e premer en Guardar a nova cita aparecerá na lista de lectura. A continuación prememos en Guardar a lista de lectura. Xérase unha alerta sobre a cita que indica que existe unha solicitude de compra desta cita.

No caso de engadir citas que non son do repositorio, non se cambia o estado da cita a Completo, así non será visible en Iacobus. 

 

 

No Departamento de Adquisicións de Alma, poderemos ver a solicitude de compra e editala.

 

Todas as solicitudes de compra realizadas dende as citas apareceran en:

Alma>Adquisiciones>Gestionar solicitudes de compra

E sempre estarán na pestana Sin asignar. Para seleccionar as que corresponden a cada biblioteca haberá que usar as facetas, fundamentamente as facetas de Departamento de procesamiento y Departamento académico

 

 

A persoa solicitante é a que creou a cita na lista de lectura. Recibirá avisos por defecto cando chegue o libro ou cando se rechace a solicitude para que poida facer os cambios que sexan precisos na lista de lectura.

No campo Nota del solicitante vai a lista de lectura.

IMPORTANTE: As solicitudes de compra a partires de citas actívanse de xeito automático só no caso de recursos que non estean no repositorio. Se engadimos unha cita dun recurso que xa está no repositorio, non se xerará ningunha solicitude de compra de xeito automático.