Ir ao contido principal

Manual Alma - Servizos

Manual de xestión do servizo de circulación da BUSC en Alma-ExLibris: usuarios, solicitudes, préstamos e bibliografías recomendadas

Como prestar exemplares

En primeiro lugar, debes ter en conta que os exemplares prestables deben prestarse dende o Mostrador de Préstamo e os non prestables  (categoría que inclúe os ordenadores portátiles), dende o Mostrador de lectura en sala. Tendo en conta isto, unha vez que accedes á plataforma, tes que elixir o mostrador que proceda.

Podes seleccionalo na ventá flotante que aparece en pantalla ao abrir Alma, ou ben, se xa estás traballando dentro da plataforma, dende o menú Ubicación. Para visualizar en todo momento o mostrador no que estás a traballar, marca a caixa Mostrar siempre ubicación actual. Se está desmarcada, no seu canto verás a icona de ubicación.

 

 

A continuación, debes abrir o rexistro da persoa usuaria.

Na columna da esquerda, selecciona Servicios al usuario>Gestionar servicios al usuario. Pódeche resultar de moita utilidade crear un acceso directo a Gestionar servicios al usuario.

Deste xeito, pasas á pantalla de Identificación de usuario.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Como acceder ao rexistro da persoa usuaria

Hai catro xeitos:

  •  Premer co rato na caixa de busca e escanear o ID (código de barras da TUI ou carta de lector).
  •  Escribir o nome ou DNI na caixa de busca.
  •  Buscar a persoa pulsando na icona Seleccionar de una lista. Isto abrirá unha xanela na que poderás buscar por algún dos datos que consten no seu perfil.

 

  • Facer clic na icona Seleccionado recientemente (reloxo). Esta imaxe só se mostra se previamente abriches algún rexistro e permite recuperar ata as cinco últimas contas abertas durante a mesma sesión.

 

A continuación, pulsa no botón Ir.

 

Un rexistro ten varias pestanas. A de Préstamos é a pestana activa por defecto. Para prestar un exemplar, hai que escanear o seu código de barras na caixa de busca e facer clic en Aceptar. O exemplar aparecerá na parte inferior do rexistro.

Unha vez prestados todos os materiais, podes saír do rexistro premendo na frecha de retorno, ou ben no botón Hecho, se queres que a persoa reciba por correo electrónico un comprobante do préstamo.

 

 

 

Como acceder ao exemplar para prestalo

No caso de non poder usar o código de barras, tes a opción de buscar o exemplar facendo clic na icona Seleccionar de una lista.

 

 

Abrirase unha ventá na que poderás recuperalo por diferentes elementos (Título, Signatura, etc.). Unha vez atopado o rexistro do exemplar, só tes que premer enriba deste para prestalo.

 

 

 

Como prestar exemplares solicitados

Se a persoa usuaria ten exemplares solicitados para recoller no estante de reservas, esta información aparecerá ao abrir o seu rexistro na área de Notas del usuario, con indicación do mostrador de recollida. Neste caso, terás que seleccionar a pestana Solicitudes para comprobar de que documentos se trata, e, a continuación, a pestana Préstamos para prestalos.

 

 

 

Como cambiar a data de vencemento dun préstamo

O sistema permite cambiar a data de vencemento dos exemplares. Pódese facer de dous xeitos:

  •  Seleccionar o/s exemplar/es e pulsar en Cambiar fecha de vencimiento
  •  Despregar o menú de tres puntos á dereita do exemplar e elixir a opción Cambiar fecha de vencimiento.

IMPORTANTE: hai que ter en conta que o programa non emite un aviso no caso de que os materiais estean reservados por outra persoa, polo que, antes de facer uso desta opción, tes que consultar na listaxe de préstamos o estado do préstamo.

 

Como visualizar os préstamos nun rexistro de usuario

A opción Despliegue de préstamos permite ver tódolos documentos que a persoa ten prestados nese momento, ou ben, só os prestados durante a sesión en curso.

É posible localizar un título concreto entre os exemplares prestados á persoa usuaria utilizando a opción Buscar.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

No símbolo da roda dentada, que se atopa na parte dereita da barra de préstamos, podes elixir os campos que desexes visualizar. Abonda con facer clic na caixa ou caixas correspondentes e pulsar no botón Hecho. Tamén podes alterar a disposición dos campos premendo co rato e arrastrando o campo que queiras mover a dereita ou esquerda.

Os campos con frechas permiten cambiar a orde de visualización dos seus elementos. Por exemplo, no campo Fecha de vencimiento, as datas pódense ordenar en sentido ascendente ou descendente.

 

 

A opción Exportar lista permite xerar un listado de préstamos nun arquivo de Excel. Nel podes incluír tódolos campos dispoñibles, ou ben, só os que teñas seleccionados para visualizar na pantalla.

 

 

 

Visualización da listaxe de solicitudes

Ao igual que a pestana de préstamos, a de solicitudes inclúe unha icona de embude para filtrar as reservas que constan no rexistro da persoa usuaria. Isto permite non só seleccionar polo tipo de solicitude senón tamén por tarefa. Deste xeito, podes comprobar se os materiais demandados se atopan no estante de reservas, pendentes de recoller, en tránsito, etc.

 

 

 

 

No caso de que un exemplar reservado por esa persoa estea prestado, no campo Tarea da barra de solicitudes aparecerá o enunciado No empezado, e no campo Lugar en la cola, o número de solicitantes que preceden á persoa á que pertence o rexistro. Premendo nese número, poderás consultar a cola de solicitudes, se o exemplar está prestado ou a prioridade de cada solicitude, entre outras opcións.

 


 

Tamén nesta pestana hai un símbolo de roda dentada para escoller aqueles campos que desexes visualizar. Para isto, preme na caixa ou caixas correspondentes e pulsa en Hecho. Podes alterar a disposición dos campos premendo co rato e arrastrando o campo que queiras mover a dereita ou esquerda. Os campos con frechas permiten cambiar a orde de visualización dos seus elementos.

Préstamos con proxy

Para que serve a opción Usar proxy

Unha persoa usuaria pode actuar como intermediaria doutra, previa autorización desta, e sacar libros en préstamo no seu nome. Os préstamos aparecerán no rexistro e no historial da persoa que autoriza, e será esta quen reciba no seu correo electrónico os avisos de préstamo e vencemento.

É o usuario quen decide que vai utilizar un proxy para recoller libros en préstamo no seu nome, e debe comunicar a biblioteca por escrito quen vai ser o seu proxy. Esa comunicación ten que gardarse nos Adxuntos do rexistro de usuario.
 

Como crear un proxy

Para enlazar un proxy (persoa autorizada) coa persoa que autoriza, tes que seguir estes pasos:

1. Unha vez accedas á plataforma, na columna da esquerda selecciona Servicios al usuario>Gestionar servicios al usuario

2. Accede ao rexistro da persoa autorizada (proxy). Podes consultar o procedemento para acceder ao rexistro dunha persoa usuaria nesta guía, na caixa Como prestar exemplares deste mesmo apartado.

3. Fai clic no número ID para ir a Detalles del usuario

 

 

4. Selecciona a pestana Proxy para

5. Fai clic sobre Añadir Proxy para

6. Introduce o número ID da persoa que autoriza na caixa de busca (ou búscaa polo nome ou outros datos no menú) e preme en Añadir usuario. O nome e enderezo electrónico aparecerán na parte inferior.

 

 

Se queres eliminar unha persoa da lista de autorizadas, pulsa na icona de tres puntos situada á dereita do seu nome.

 

Como prestar usando proxy

A persoa autorizada (proxy) debe indicar previamente a súa intención de levar en préstamo exemplares para a persoa que autoriza. Para efectuar o préstamo debes seguir estes pasos:

1. Na columna da esquerda da plataforma, selecciona Servicios al usuario> Gestionar servicios al usuario

2. Accede ao rexistro da persoa autorizada (proxy). Podes consultar o procedemento para acceder ao rexistro dunha persoa usuaria nesta guía, na caixa Como prestar exemplares deste mesmo apartado.

3. Marca Usar proxy e preme en Ir. Mostrarase o menú despregable Proxy para, con todas as persoas que autorizan ao proxy a levar libros no seu nome (pode ser unha ou varias)

 

 

4. Selecciona a persoa que corresponda e preme novamente sobre Ir. Na pantalla aparecerá o rexistro da persoa que da autorización. Para prestar escanea o código de barras do exemplar ou exemplares como de costume.

 

Historial de préstamos

Dende o rexistro da persoa usuaria, podes acceder ao Proceso de Auditoría dun préstamo concreto. Isto serve para comprobar, por exemplo, se un préstamo foi renovado ou reclamado. Para empregar esta opción, podes premer directamente sobre o título do exemplar ou na icona de tres puntos á dereita deste, e seleccionar Historial de préstamos. Podes facelo tanto dende a pestana de Préstamos como, no seu caso, dende a de Devoluciones.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Tamén é posible consultar o historial completo de préstamos e outras operacións dende o rexistro do exemplar seguindo estes pasos:

1. Na caixa de busca permanente, selecciona no primeiro menú despregable Ejemplares físicos; e no segundo, o campo que prefiras (Signatura permanente, Código de barras, Título, etc.)

2. Unha vez localizado o rexistro do exemplar que che interese, fai clic na icona dos tres puntos situada á dereita e selecciona a opción Ejemplares.

 

 

3. Accederás á pantalla de Editor de ejemplar físico. Fai clic na pestana Historial. Segundo a información que che interese, podes elixir distintos tipos de informe.

 


Incidencias no préstamo

O rexistro da persoa usuaria non existe ou caducou

  •  No caso de que a persoa usuaria pertenza ó colectivo de usuarios externos, non podes crear nin renovar o seu rexistro. Isto é competencia da Área TIC da USC, polo que a persoa debe contactar co Centro de Atención a Usuarios (CAU). En Alma, os usuarios externos son aqueles cuxos datos son volcados á plataforma dende outros sistemas. No caso da BUSC, membros da comunidade universitaria da USC.
  •  Se pertence ó grupo de usuarios internos, tes que crear un rexistro novo (podes consultar o procedemento nesta guía, no apartado Usuarios>Altas e baixas de usuarios>Crear usuarios) ou renovar o existente (ver Usuarios>Altas e baixas>Renovar a condición de usuario) segundo proceda.

 

 

Podes consultar outras incidencias relacionadas coas contas de persoas usuarias nesta guía en: Usuarios>Incidencias.

 

A persoa usuaria ten préstamos vencidos

Ó intentar abrir o rexistro dunha persoa con préstamos vencidos, o sistema emitirá unha mensaxe de advertencia con tres botóns:

  • Ignorar: permite prestar igualmente
  • Cancelar: pecha o rexistro
  • Aceptar: abre o rexistro.

 

 

 

 

 

 

 

 

Se premes en Aceptar para abrir o rexistro e intentas o préstamo, aparecerá un novo aviso que che permitirá Ignorar, para proseguir co préstamo ou Cancelar, para desistir deste. Seguindo a normativa da BUSC, debes optar por cancelar a operación.

 

 

A persoa usuaria xa alcanzou o límite de préstamos

Se a persoa usuaria xa ten prestado o número máximo de documentos permitido segundo o grupo de usuarios ó que pertence e a política do exemplar, abrirase unha xanela de advertencia.

 

 

Por norma xeral, debes cancelar o préstamo. En casos excepcionais, podes prestar o documento para a súa consulta en sala. Para facelo, tes que premer no botón Ignorar e, logo de prestar o exemplar, modificar a data de vencemento do préstamo, elixindo o día do préstamo ás 21: 30 horas. Esta operación debe realizarse dende o Mostrador de lectura en sala.

Podes consultar o procedemento para cambiar a data de vencemento nesta guía, no apartado Servizo de préstamo>Préstamos>Como prestar exemplares

 

 

O exemplar é non prestable

Se intentas prestar un documento non prestable segundo a política da biblioteca, abrirase unha ventá de advertencia. Nesta situación, debes seleccionar a opción Cancelar e, en todo caso, realizar o préstamo dende o Mostrador de lectura en sala.

 

 

 

Préstamo a Usuarios invitados

En principio, as persoas pertencentes a este grupo só poden consultar libros non prestables en sala. Se intentas prestarlles exemplares prestables ou de préstamo curto, aparecerá unha ventá emerxente de Préstamo bloqueado. Podes ignorar este aviso para que fagan uso destes materiais na biblioteca. Debes facelo dende o Mostrador de lectura en sala. Os exemplares quedarán prestados ata o mesmo día ás 21:30 horas.

 

 

O exemplar foi solicitado por outra persoa

É posible que alguén colla un documento en libre acceso sobre o que exista unha reserva pendente de xestionar. Neste caso, ó proceder ó seu préstamo, o sistema emitirá a seguinte mensaxe:

 

 

Neste caso, debes premer o botón Cancelar e desistir do préstamo. A continuación, activar a reserva e colocar o exemplar no estante de reservas.