Ir ao contido principal

Manual Alma - Servizos

Manual de xestión do servizo de circulación da BUSC en Alma-ExLibris: usuarios, solicitudes, préstamos e bibliografías recomendadas

Pantalla de inicio

Ao seleccionar a opción Cursos no apartado Reservas de cursos ábrese a pantalla seguinte:

 

 

1. Na caixa superior de busca, en cursos, desprégase unha lista de elementos. Na BUSC recomendamos buscar por Código del curso, Nombre del curso e Nombre del instructor.

2. Na parte esquerda da pantalla de inicio están as Facetas, son filtros que se poden aplicar na busca de cursos.

3. Na parte superior dereita da mesma pantalla ao premer no botón Añadir accederemos a unha nova pantalla, chamada Gestionar información de cursos, onde poder crear un novo curso.

4. Na parte central da pantalla de inicio aparece unha listaxe dos cursos con información concisa sobre cada un deles: Código, Nombre del curso, Departamento académico, Departamento de procesamiento, Instructor, Estado, Fecha de inicio, Fecha de finalización e Condición, seguida de tres puntos. Estes tres puntos dan acceso a varias opcións. Entre elas destacamos: 

  • Editar: permite ir á información sobre un curso e modificala.
  • Listas de lecturas: permite acceder ás listas de lecturas ás que está asociado un curso.

Crear curso

Prememos en Añadir curso, ábrese a nova pantalla, Gestionar información de cursos, que dispón de 3 lapelas:

  • Información del curso
  • Instructores
  • Campus

 

Información del curso

3 campos marcados por un asterisco vermello deben encherse obrigatoriamente:

  • Código: o código da materia da titulación tal como aparece no programa de cada materia. Nos graos é un número de 7 díxitos precedidos por un G, por exemplo G5071424 Lingüística latina. Nos posgraos e másteres, o código é un número de 7 díxitos precedido por un P, por exemplo P1211101 Física computacional avanzada.
  • Nombre: o nome da materia á que está asociado o curso, seguido da titulación entre paréntese. No caso de que se trate da nova edición dunha titulación, indicarase do xeito seguinte: Nome da materia (Nome da titulación, xª ed.). Exemplo: Enfermaría pediátrica (Grao en Enfermaría, 3ª ed.)
  • Departamento de procesamiento: a biblioteca responsable. Segundo os casos será a biblioteca do centro no que se imparte a titulación ou unha biblioteca intercentros.

 

Ademais deben encherse os campos seguintes: 

  • Departamento académico: Titulación na que se imparte a materia á que está asociado o curso. Un despregable axuda a escoller a titulación exacta.
  • Lista de trimestres: Presenta 3 opcións: Anualmente, Semestre 1, Semestre 2. Escolleremos o período de docencia da materia á que está asociado o curso.
  • Fecha de inicio e fecha de finalización: a data de inicio será a data de creación do curso por defecto e na data de finalización indicarase a data de finalización do curso académico. A elección da data de finalización é importante porque unha vez pasada esta data o curso deixa de visualizarse en Iacobus.
  • Estado: pode ser Activo ou Inactivo. Os cursos actívanse na data de inicio e desactívanse na data de finalización. Os cursos inactivos non se ven en Iacobus.

Unha vez cubertos estes campos, prememos en Guardar e pasamos á lapela Instructores.

 

 

Instructores

Nesta pantalla engadiremos o PDI que imparte a materia. Ao premer no botón Añadir instructor, ábrese unha caixa de busca na que teclearemos os apelidos da persoa e buscarémola na listaxe que se despregará a continuación. Só poderemos atopar o PDI cuxa TUI está activada en Alma. Unha vez introducido premeremos en Guardar.

Existe unha terceira lapela, Campus, que non imos empregar.

Revisar curso

No caso dun curso xa creado, cando se publiquen as guías das materias das distintas titulacións, cómpre revisar o contido das lapelas Información del cursoInstructores da pantalla Gestionar información de cursos e aportar os cambios precisos.

Se se trata dun curso migrado do antigo Sistema Integrado de Xestión Bibliotecaria, Millenium, observamos que a pantalla Gestionar información de cursos, ademais das 3 lapelas vistas, presenta unha cuarta: Notas.

 

Atopamos nela información migrada de Millenium: Ligazón electrónica, Nota cursos, Instructores. Non debemos modificar nin borrar o contido desta lapela.

Duplicar curso

En Millenium, o campo Curso era repetible, o que permitía que diferentes materias compartiran a bibliografía asociada nun mesmo rexistro de curso. Estes campos repetidos pasaron a Alma a un único campo, Nombre, separados entre eles por punto e coma. É preciso crear un rexistro por curso xa que non se pode repetir o nome do curso, nin o seu código, nin a titulación.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Excepción:

Existen titulacións que comparten materias co mesmo nome e o mesmo código. Nestes casos non se duplica o curso. Detrás do nome do curso indícase entre paréntese as distintas titulacións nas que se imparte a mesma materia.

  • Exemplo: Materia G1011101 Elementos de probabilidade e estatísticas impartida nos Grao en Matemáticas, Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas e Dobre Grao en Matemáticas e en Física.

Haberá un só curso, un só código: G1011331 e un só nome: Elementos de probabilidade e estatísticas (Grao en Matemáticas, Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas e Dobre Grao en Matemáticas e en Física).

Elixirase o Departamento académico co nome Varias titulacións.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

O xeito máis rápido é duplicar o curso e facer os cambios necesarios:

1. Localizamos en Servicios al usuario > Cursos o curso que imos duplicar; podemos buscalo por nome ou código. No menú dos tres puntos da dereita seleccionamos Duplicar:

 

 

2. Ábrese a copia do curso e introducimos os cambios de Nome, Código, Titulación, Período de docencia e, se é preciso, Instrutores e gardamos.

 

 

3. No rexistro do curso orixinal cambiamos o nome para deixar só o dunha materia; despois, neste mesmo curso, no menú dos tres puntos da dereita seleccionamos a opción Lista de lecturas: 

 

 

 

4. Abrimos a lista para editala. Na lapela Cursos está o curso orixinal pero non está o que vimos de crear, que de momento non está asociado a ningunha lista de lecturas. Prememos no botón + Curso asociado e buscámolo.

 

5. Seleccionámolo e prememos en Curso asociado e gardamos os cambios.

 

 

 

Se buscamos en Iacobus, en Bibliografía recomendada, por cada un dos dous cursos, atoparemos o mesmo resultado.