Táboa de contidos
As persoas usuarias pertencentes á comunidade universitaria, e polo tanto con dereito a TUI, son cargadas en Alma polo CAU. Para que o seu rexistro apareza en Alma é necesario que a persoa usuaria active a TUI: no work café do campus sur, nas conserxerías das facultades ou, no caso de PTXAS, no Rexistro xeral no Reitorado.
Consulta o apartado Baixas e cambios de conta para saber máis sobre este contido.
No caso de atopar en Alma dous rexistros para unha mesma persoa usuaria (rexistros duplicados) hai que enviar os datos principais dos rexistros (nome e apelidos, identificador principal), indicando cal é o identificador correcto ao correo busc-alma-servizos@grupos.nube.usc.gal para corrixilos.
Nas contas externas poderemos actualizar algúns datos das persoas usuarias. No caso de detectar datos erróneos cargados pola ATIC, solicitar a corrección no enderezo: busc-alma-servizos@grupos.nube.usc.gal.
As persoas usuarias con contas externas deben poñerse en contacto co CAU cando teñan problemas co inicio de sesión en Iacobus (Primo), sempre que non sexan erros no rexistro de Alma que poidan ser corrixidos dende a biblioteca.
Tal e como aparece no aviso do catálogo Iacobus, deberán dirixirse ao Centro de Atención a Usuarios (CAU) utilizando o correo electrónico cau@usc.gal ou nos teléfonos 981 563 100 - Ext. 55555 (Santiago) - 982 285 900 - Ext. 55555 (Lugo). O horario de atención é de 8:00 a 22:00.