Ir ao contido principal

Manual Alma - Servizos

Manual de xestión do servizo de circulación da BUSC en Alma-ExLibris: usuarios, solicitudes, préstamos e bibliografías recomendadas

Ordes de traballo na BUSC

Unha orde de traballo é unha solicitude interna que permite xestionar o procesamento de materiais físicos. Durante este proceso o exemplar se marca como: en proceso, o que indica que non esta dispoñible para os usuarios no catálogo Iacobus mentres se manteña na orde de traballo:

 

 

As ordes de traballo teñen prioridade sobre as solicitudes xeradas polos usuarios. Se un exemplar ten unha solicitude previa, o sistema ignorará a solicitude e procederá coa orde de traballo.

 

Na BUSC as ordes de traballo configuradas son:

  • Exposicións
  • Encadernacións
  • Reparación de portátiles
  • Reparación de libros (Bca Xeral)

A orde de traballo de exposicións pode implicar movemento de exemplares na propia biblioteca ou entre bibliotecas da BUSC. O resto das ordes de traballo (encadernación e reparación) se refiren por regra xeral, a movemento de exemplares da propia biblioteca con servizos ou provedores externos.

 

Encadernacións

A solicitude de encadernación faise a través dunha orde de traballo. Como xa se mencionou, as ordes de traballo operan ao nivel do exemplar. A opción Orden de trabajo só aparecerá cando esteamos a traballar con exemplares físicos no menú dos tres puntos. 

Cando se teña localizado o exemplar que se vai enviar a encadernar, deberase premer no menú dos tres puntos e elixir a opción Orden de trabajo.

 

Si xa temos na man o libro que queremos mandar a encadernar, podemos escanear o exemplar en Servicios al usuario>Escanear ejemplares e seleccionar Orden de trabajo no menú dos tres puntos.

 

No despregable haberá que seleccionar a orde de traballo de entre as opcións que se ofrecen.

 

  • A opción No recoger de la estantería debe marcarse si temos o exemplar xa na man, e o sistema non crea unha solicitude. Haberá que desmarcar a opción cando queremos facer unha solicitude para recoller do andel.
  • Tamén hai que especificar o Departamento de Gestión, asociado á localización do exemplar. É posible que apareza tamén  Departamento por defecto, mais esta opción non está en funcionamento na BUSC. 
  • Una vez completada a solicitude hay que premer en Enviar.

 

 

Nas solicitudes:

  • A orde de traballo aparecerá como solicitude de recollida na opción Servicios al usuario>Recoger de la estantería, na biblioteca propietaria do exemplar.
  • O seguinte paso será recoller o libro do estante e escanealo.

 

 

  • Una vez recollido o exemplar do estante, este escanearase. O sistema indicará o seguinte paso no fluxo de traballo:

 

 

  • Unha vez feito isto, o recurso aparecerá xa na pestana Encadernación da opción Gestionar exemplares en proceso
  • Ao entrar en Servicios al usuario > Gestionar ejemplares en proceso hai que seleccionar a opción de Encadernación no despregable. Aí aparece a relación de obras que o noso centro ten en encadernación. Todas as xestións relacionadas coa encadernación realízanse dende este lugar.

 

 

No menú dos tres puntos de cada exemplar, aparecen unha serie de opcións que permitirán xestionar máis eficazmente os exemplares a encadernar.

 

 

A opción Editar permite engadir notas ao exemplar:

  • É recomendable especificar o nome do encadernador que ten o exemplar ou calquera outro particular que sexa pertinente. 
  • O estado non é unha funcionalidade actualmente configurada na BUSC como se pode deducir do despregable baleiro.
  • Tamén é recomendable marcar a data na que se prevé que o libro volva á biblioteca. Na opción Actualizar fecha de vigencia, eliximos a data nun calendario.

 

 

A data de volta esperada aparecerá despois na columna Fin de la actividad.

 

 

  • Una vez que se teña recibido de volta o exemplar encadernado, deberase seleccionar a opción de Hecho no menú dos tres puntos para finalizar a orde de traballo. Este paso é importante, se non se fai o exemplar permanece na orde de traballo.

 

 

Outro xeito de marcar como feita a orde de traballo é seleccionando a casa do exemplar e logo marcar feita a tarefa arriba á dereita na opción Hecho (ver imaxe).

 

Exposicións

As solicitudes de exemplares para exposicións son solicitudes internas da biblioteca e forman parte dos procesos chamados Ordenes de trabajo. Ao igual que o resto de ordes de traballo, estas solicitudes realízanse a nivel do exemplar

Os fluxos de traballo de exemplares para exposicións descritos aquí son os que van a exposicións en espazos físicos que non teñen localizacións especiais dentro das bibliotecas. Para exposicións nos "Centros de interese" , que teñen asignadas ubicacións en Alma, habería que utilizar os procedementos de traballo establecidos para mover exemplares temporalmente.

 

Fluxo de traballo:

Descríbense dous fluxos de traballo para estes casos:

  1. Cando a exposición é na biblioteca propietaria do exemplar
  2. Cando a exposición é nunha biblioteca distinta da propietaria do exemplar

 

Cando a exposición é na biblioteca propietaria do exemplar:

 

  • Cando se teña localizado o exemplar que se necesita para á exposición, será preciso premer no menú dos tres puntos e elixir a opción Orden de trabajo.

 

  • No formulario de solicitude que se abre a continuación, o primeiro será seleccionar a orde adecuada no despregable. Neste caso, seleccionamos Exposicións.

 

  • De seguido hai varias opcións que marcar.
    • Deberase especificar se non hai que recoller do estante o exemplar que se vai enviar á exposición, no caso por exemplo en que o exemplar xa estivera no mostrador de circulación.
    • Tamén hai que especificar o mostrador que leva a cabo a operación, o mostrador de préstamo da biblioteca propietaria do exemplar (que aparece por defecto).
  • Una vez completada a solicitude deberemos premer en Enviar. Isto moverá o exemplar a estado En proceso e o asignará o tipo de orde correspondente.
  • Os exemplares cunha orde de traballo en exposición na nosa biblioteca poden verse en Servicios al Usuario>Solicitudes de recursos>Gestionar ejemplares en proceso

 

 

 

Ao entrar hai que seleccionar o tipo de orden de traballo que se quere consultar. Neste caso: Exposicións. Aí aparece a relación de obras que o noso centro ten en exposición.

 

 

No menú dos tres puntos de cada exemplar, aparecen unha serie de opcións que permitirán xestionar máis eficazmente os exemplares. 

  • A opción Editar, permite engadir notas ao exemplar onde se pode especificar de que exposición se trata ou calquera outro particular que sexa pertinente.

 

  • Tamén é posible marcar a data na que se prevé que o libro volva á localización permanente da biblioteca. Na opción Actualizar fecha de vigencia, eliximos a data nun calendario.

 

 

A data de volta esperada aparecerá despois na columna Fin de la actividad.

 

 

  • Unha vez que remata a exposición hai que acceder a lista de exemplares na nosa biblioteca que teñen as ordes de traballo de exposición: Servicios al usuario > Gestionar ejemplares en proceso, seleccionar o exemplar que se retira e nos tres puntos elixir a opción Hecho, para que o recurso deixe de aparecer nunha orde de traballo.

 

 

Outro xeito de realizar esta mesta operación é seleccionando o título que se desexa retirar da listaxe e picando na palabra Hecho como se mostra na imaxe:

 

 

 

Cando a exposición é nunha biblioteca distinta da propietaria do exemplar

 

Explicamos este fluxo cun exemplo:

A Biblioteca de Filosofía quere pedir un exemplar á Biblioteca de Historia para una exposición. 

  1. Biblioteca peticionaria (neste caso a biblioteca de Filosofía)
  • O persoal da Biblioteca de Filosofía fai unha busca en Alma e selecciona o exemplar que lle interesa para a exposición (anota o código de barras). Para o noso exemplo será o exemplar coa sinatura Arte 161, que ten cod. de barras 00246341:

 

 

  • O seguinte paso para o persoal da biblioteca de Filosofía será facer a solicitude para a orde de traballo "exposición". Para isto vai a opción Servicios al usuario>Solicitudes de recursos>Escanear ejemplares

Hai que seleccionar Tipo de orden de traballo: Exposicións. Introducir o código de barras e premer en aceptar:

 

 

O exemplar aparecerá de seguido co tipo de proceso asociado: Exposicións

  • Se imos a consultar en Servicios al usuario > Gestionar ejemplares en proceso e seleccionamos "Exposicións" figurará a petición:

 

 

  1. Biblioteca propietaria do exemplar (Neste caso a Biblioteca de Historia)
  • No mostrador da Biblioteca de Historia, que é a propietaria do exemplar, esta petición non sae en Servicios al usuario>Solicitudes de recursos>Recoger de la estantería. Para xestionar as ordes de traballo hai que revisar a opción Servicios al usuario>Solicitudes de recursos>Gestionar solicitudes y procesos de ejemplar
  • No mostrador da Biblioteca de Historia, nas facetas podemos filtrar por exemplo por “Exposicións” e por “Propietario” e aparecerán todas as peticións que teñamos nesta biblioteca para Exposicións. Neste exemplo aparecerá a solicitude que fixeron os compañeiros dende a biblioteca de Filosofía:

     

 

  • O seguinte paso será que a biblioteca propietaria (Historia neste exemplo) recolla o exemplar do andel e en Alma na opción Servicios al usuario>Solicitudes de recursos>Escanear ejemplares. Elixe:
    • Tipo de orde de traballo "Exposicións" 
    • Escanear o código de barras
    • Aceptar

 

  • O exemplar aparecerá en "Transito" á biblioteca peticionaria, neste caso á Biblioteca de Filosofía:

 

 

  1. Biblioteca peticionaria (neste caso a biblioteca de Filosofía)
  • Cando o libro en transito chega á Biblioteca de Filosofía o persoal do mostrador, como fai co resto dos libros que chegan á biblioteca, pode escanear ou devolver o exemplar. Neste caso imos facer unha devolución. Neste intre aparece unha mensaxe de que o exemplar é para exposición:

 

  • Agora o exemplar pasa de estar en "Transito" a estar na orde de traballo "Exposicións". en Alma aparece a información de que está en exposición na biblioteca de Filosofía:

 

 

  • E en Iacobus tamén:

  • Unha vez rematada a exposición a biblioteca peticionaria (Filosofía no noso exemplo), escanea o exemplar en Servicios al usuario>Solicitudes de recursos>Escanear exemplares: 
    • Tipo de orden de traballo: Exposicións
    • Hecho:si (este paso é importante porque cancela á orde de traballo, e dicir o libro xa non vaia estar en exposición)
    • Introducir o cód. de barras
    • Premer en aceptar

 

  1. Biblioteca propietaria do exemplar (Neste caso a Biblioteca de Historia)
  • Cando o libro chega de volta a biblioteca propietaria (neste caso Historia) haberá que proceder como co resto dos libros que chegan en transito. O devolver ou escanear pasará o fluxo de traballo para colocar no seu andel:

 

NOTA: Mentres o libro está en exposición noutra biblioteca (Filosofía neste caso), a orde de traballo pode consultarse na lista de libros en exposición (Servicios al usuario>Solicitudes de recursos>Gestionar ejemplares en proceso) da biblioteca que ten o libro en exposición. Dende a Biblioteca propietaria poden ver de xeito individual a situación de cada Item ou a través dunha consulta do sistema.

Reparación de portátiles

A solicitude de reparación de portátiles e unha solicitude de tipo interno e realízase a través dunha orde de traballo. Como xa se mencionou, as ordes de traballo operan ao nivel do exemplar. A opción Orden de trabajo só aparecerá cando esteamos a traballar con recursos físicos no menú dos tres puntos. Porén, no caso dunha solicitude de reparación de portátiles, hai un procedemento abreviado que permitirá xestionar as solicitudes de un xeito máis rápido e cómodo. Seleccionamos Escanear ejemplares en Servicios al usuario. Unha vez no formulario escollemos no despregable a opción Reparación de portátiles.

 

 

Escaneamos o portátil e Alma mandaránolo á pestana de Reparación portátiles en Servicios al usuario > Gestionar ejemplares en proceso.

 

 

En Gestionar ejemplares en proceso seleccionamos Reparación portátiles no despregable e aí aparecerán a listaxe dos ordenadores que están en reparación:

 

 

No menú dos tres puntos de cada exemplar, aparecen unha serie de opcións que permitirán xestionar máis eficazmente este tipo de recurso:

 

  • A opción Editar permite engadir notas ao exemplar. Aquí, débese especificar o nome do servizo técnico que ten o portátil ou calquera outro particular que sexa pertinente.
  •  Tamén hai que marcar a data na que se prevé que o portátil volva á biblioteca. Na opción Actualizar fecha de vigencia, eliximos a data nun calendario. A data de volta esperada aparecerá despois na columna Fin de la actividad como en todas as ordes de traballo. 
  • Una vez que se teña recibido de volta o portátil, deberase seleccionar a opción de Hecho no menú dos tres puntos para que o recurso deixe de aparecer nunha orde de traballo.

 

Outro xeito de marcar como feita a orde de traballo é seleccionando a casa do exemplar e logo marcar feita a tarefa arriba á dereita na opción Hecho (ver imaxe).

 

 

O seguinte paso no fluxo de traballo será reubicar o ordenador ao seu lugar habitual en Escanear ejemplares:

 

Reparación de libros

A solicitude de reparación de libros está pensada para aquelas bibliotecas que dispoñen dun posto de reparacións menores para libros e outros materiais. O fluxo de traballo deste tipo de solicitude é o mesmo que no caso das outras ordes de traballo xa vistas. Cando se teña localizado o exemplar que se vai enviar a reparar, deberase premer no menú dos tres puntos e elixir a opción Orden de trabajo. Se temos xa o exemplar na man, basta con escanealo en Escanear ejemplares e seleccionar no menu dos tres puntos a opción Orden de trabajo.

 

No formulario de solicitude, o primeiro será seleccionar a orde adecuada mediante un despregable. Neste caso, seleccionamos Reparación Libros de entre o resto de opcións.

 

 

No formulario que aparecerá de seguido hai varias opcións. Por defecto aparece marcada a casa No recoger de la estantería. En caso de non ter o libro a man, hai que quitar a marca da casa correspondente e o sistema xerará unha solicitude de Recoger de la estantería. Tamén hai que especificar o mostrador que leva a cabo a operación. Como no resto das ordes de traballo, deberase empregar en cada caso o mostrador de préstamo da nosa biblioteca. Una vez completada a solicitude hay que premer en enviar.

 

 

Como no resto de ordes de traballo, as solicitudes de reparación de libros xestiónanse dende a opción Servicios al usuario > Gestionar ejemplares en proceso.

 

 

 

Ao entrar, hai que seleccionar o tipo de orden de traballo que se quere consultar. Neste caso: Reparación Libros. Aí aparece a relación de obras que o noso centro ten en reparación.

 

 

 

No menú dos tres puntos de cada exemplar, aparecen unha serie de opcións que permitirán xestionar máis eficazmente os exemplares.

 

 

 

A opción Editar permite engadir notas ao exemplar onde se pode especificar o tipo de arranxo que se lle está a facer. Alma, permite tamén especificar o estado físico polo que vai pasando o libro, pero actualmente esta funcionalidade non está configurada.

 

Tamén é posible marcar a data na que se prevé que o libro volva a estar dispoñible. Na opción Actualizar fecha de vigencia, eliximos a data nun calendario. Mais, ao tratarse dun proceso interno do centro, esta opción non é necesaria.

 

 

 

No caso que querer engadirlle unha data de volta esperada, esta aparecerá na columna Fin de la actividad. Para rematar a orde de traballo, deberase seleccionar a opción de Hecho no menú dos tres puntos para que o exemplar desaparezca da listaxe de recursos en exposición finalizando, asi, a orde de traballo.

 

 

Tamén e posible seleccionar a casa do exemplar e logo marcar na opción Hecho para finalizar a tarefa (ver imaxe).

 

Método abreviado para xerar unha orde de traballo con varios exemplares

Cando debemos procesar numerosos exemplares hai un método máis abreviado de xerar unha orde de traballo. Este método é o máis cómodo e ademáis pódese empregar tamén cando se trata únicamente dunha solicitude:

1.  Ir a Servicios al usuario>Escanear ejemplares. 

 

2. Seleccionamos a orde de traballo que precisamos no formulario.

 

 

3. Escanéanse todos os exemplares e prememos en Gestionar ejemplares en proceso.

 

 

4. Seleccionamos a nosa orde de traballo e alí atoparemos todos os recursos que acabamos de escanear.

 

 

O resto de pasos, e todo o referente a xestión específica de cada exemplar, son comunes a todas as ordes de traballo.

É importante lembrar que as ordes de traballo teñen prioridade sobre as solicitudes xeradas polos usuarios. Se un exemplar ten unha solicitude previa, o sistema ignorará a solicitude e procederá coa orde de traballo.