Todas as persoas usuarias poderán renovar os seus préstamos dentro dos periodos establecidos pola Biblioteca sempre que os materiais non estean reservados por outra persoa usuaria.
As persoas usuarias poden facer renovacións dende o seu rexistro en Iacobus.
Para renovar un préstamo dende Alma tes que:
- Seleccionar Servicios al usuario>Gestionar servicios al usuario
- Acceder ao rexistro da persoa usuaria.
- Seleccionar a pestana Préstamos.
- Á dereita de cada exemplar prestado, abrir o menú dos tres puntos e pinchar en Renovar.
- Alma rexistrará a renovación e o exemplar cambiará o seu estado a Renovado.
- Pódense renovar varios exemplares ao mesmo tempo seleccionando as opcións Renovar lo seleccionado ou Renovar todo.
- Para pechar a transacción premer en Hecho. Alma enviará automáticamente un acuse de recibo das obras en préstamo coas novas datas de vencemento.
Cando xa se fixeron dúas renovacións dun exemplar, pero non se completaron todos os días aos que esa persoa usuaria ten dereito (por exemplo, si faltaban dous ou tres días cada vez que renovou) o sistema acumula ese tempo que perdeu e permite unha terceira renovación polos días que restan ate completar o prazo total permitido a esa persoa usuaria.
Casos nos que a renovación non está permitida
- O exemplar inténtase renovar antes de tempo (consulta aquí os prazos), Alma avisa coa seguinte mensaxe:
- Renovación dun exemplar reservado, a mensaxe que emerxe será:
- Renovación dun exemplar vencido:
- Renovación dun exemplar que afirman devolto:
- Renovación dun exemplar perdido: