Táboa de contidos
A tarxeta universitaria de identidade da USC (TUI) é o elemento de identificación dos membros da Comunidade Universitaria ("Regulamento da Tarxeta de Identidade da USC", aprobado polo Consello de Goberno do día 28 de decembro de 2022). É un documento de identificación persoal e intransferible.
A TUI ten carácter obrigatorio para os seguintes colectivos da USC:
A TUI tamén pode ser solicitada polos seguintes colectivos:
As incidencias sobre a expedición da TUI serán xestionadas a través do enderezo: tui@usc.gal.
As incidencias de carácter tecnolóxico tramitaranse a través do enderezo do CAU: cau@usc.gal.
As incidencias sobre erros nos rexistro de Alma a través do enderezo: busc-alma-usuarios@grupos.nube.usc.gal
Ex-alumnado, PTXAS xubilado e PDI xubilado, excepto profesores eméritos e ad honoren. Unha vez finalizada a súa relación coa USC, pasan á categoría de Grupo de Usuarios/as Alumni na súa conta externa en Alma. Nunha conta interna no caso de Alumni sen credenciais na USC.
O acceso ás bases de datos e aos recursos electrónicos realízase coas credenciais USC, e de xeito xeral estas credenciais desactívanse no momento da xubilación (mantense só o correo institucional). A súa asignación/mantemento non depende da Biblioteca, senón da área TIC, polo que en caso de que algún PDI xubilado precisara este servizo deberá contactar coa área TIC ou cunha entidade responsable (académica ou de investigación).
Poderán solicitar a carta de lector/a da BUSC en calquera biblioteca e concederáselles directamente, sen facer ningunha solicitude (previa acreditación da súa pertenza a algún destes grupos), aos seguintes solicitantes:
Estas tarxetas terán vixencia dun ano, excepto as dos Alumni (non levan data de caducidade)
No momento da expedición da carta de lector/a da BUSC, as persoas usuarias deberán cubrir un impreso no que darán a súa conformidade para que os seus datos persoais sexan incluídos no ficheiro de usuarios/as da biblioteca, de acordo coa actual lexislación sobre protección de datos persoais. Este impreso deberá ser escaneado e achegado ao rexistro de usuario/a.
As persoas non encadradas nestas tipoloxías deberán facer unha petición por escrito ou correo-e (que debe ser escaneada e subida ao rexistro de usuario/a unha vez aprobado), dirixida á dirección da BUSC (biblioteca.universitaria@usc.gal), indicando os estudos e/ou traballos que realizan na actualidade e as razóns polas que desexan facer uso da BUSC. A data límite do carnet será a que se lles conceda.
O alumnado matriculado no Centro de Linguas Modernas non se considerará como usuario propio da BUSC. A carta de lector/a se lles concederá en función de que poidan ser asimilados/as a algunha das categorías de usuario/a establecidas pola BUSC.
Aquelas persoas que aínda reunindo os requisitos anteriores manifesten a necesidade dun uso ocasional da BUSC, poderán solicitar unha tarxeta temporal de usuario/a invitado/a, polos días que que precisen, para facer uso dos servizos da BUSC, agás o préstamo a domicilio.
Cando a resposta a unha solicitude de carta de lector/a sexa negativa, valorarase a pertinencia de facer unha carta de lector/a como usuario/a invitado/a, que poderá concederse dúas veces ao ano, como máximo, á mesma persoa.
As tarxetas de lector/a (usuarios externos e usuarios invitados) teñen como período de vixencia máximo un ano. Cando a estancia dos/as usuarios/as sexa inferior a un ano, a carta de lector/a terá como data de vencemento 15 días antes de que finalice a súa estancia na USC.
As cartas de lector/a poden ser renovadas se as persoas usuarias seguen cumprindo os mesmos requisitos para tela. No momento de renovar unha tarxeta, deberán modificarse no rexistro de usuario/a os datos que cambiaran respecto do ano anterior.
As persoas usuarias externas e invitadas con tarxetas caducadas non poderán facer uso do Servizo de Biblioteca da USC.
En Alma existen dous tipos de persoas usuarias:
As persoas usuarias, en función das tarefas que poden realizar en Alma, á súa vez poden ser:
Os roles de usuarios/as indican as autorizacións do persoal para traballar en cada sección de Alma. Os roles agrúpanse en perfís, ou colección de roles.
Por exemplo, o perfil de Operador del mostrador de circulación inclúe varios roles: operador/a de inventario físico, operador/a de ordes de traballo, operador/a de solicitudes, operador/a do mostrador de circulación.