Ir ao contido principal

Manual Alma - Servizos

Manual de xestión do servizo de circulación da BUSC en Alma-ExLibris: usuarios, solicitudes, préstamos e bibliografías recomendadas

Solicitude de dixitalización a través do catálogo Iacobus

Os membros da comunidade universitaria da USC, poden utilizar este servizo para solicitar copias escaneadas de artigos de revistas e/ou capítulos de libro en papel da BUSC.

A dixitalización en Alma está restrinxida a recursos con política de exemplar "consulta en sala" ou non prestables e limitada a un artigo de revista, capítulo de libro ou extensión asimilable o 10% do total da obra, e a cinco peticións simultaneas por usuario.

As solicitudes de dixitalización poderan facerse dende o catálogo Iacobus e dende os mostradores de circulación, en ambos casos o usuario debe aceptar os termos de copyright do formulario de solicitude.

As solicitudes pode facelas o usuario directamente dende Iacobus e xestiónanse dende o mostrador de circulación da biblioteca onde se atope o recurso.
Un usuario da comunidade universitaria pode solicitar a dixitalización dun artigo de revista ou dun capítulo de libro excluído de préstamo, premendo  na opción "Dixitalización" ou “Dixitalización xeral” para recursos que non teñen exemplares (como as revistas).

 

 

Ao premer en “Dixitalización” ou “Dixitalización xeral” ábrese o formulario de Solicitude de Dixitalización, que na parte superior xa indica que se trata dunha dixitalización parcial.
O usuario introducirá os datos necesarios para facer a copia: título, autor,  páxina de inicio e final, etc... Tamén debe aceptar as condicións de dereitos de autor.


Formulario de dixitalización dun artigo de revista (non hai exemplar):

 

 

Formulario de dixitalización dun capítulo de libro  (existe exemplar):

 

 

O usuario poderá ver na súa conta de Primo as solicitudes de dixitalización que faga:

 

Solicitude de dixitalización dende os mostradores de préstamo

As solicitudes de dixitalización poden crearse tamén dende os mostradores de préstamo, tendo en conta que poden presentarse algunhas incidencias cando se fan dende o mostrador solicitudes que afectan a números de revista que non teñen item (aparecen soamente nos fondos da publicación).
Buscamos o usuario en Alma (Servicios al usuario>Gestionar servicios al usuario). Prememos na opción superior Enviar solicitud. Localizamos o título en Alma e seleccionamos a opción de Digitalización:

 

 

A continuación cúbrese o impreso que mostra o sistema, no que é preciso marcar a opción Digitalización parcial para que se mostren os datos de título, autor, data, vol, px, etc, que é preciso cubrir. Tamén son campos obrigatorios o Departamento de gestión e informar ó usuario sobre os dereitos de autor ao marcar a opción Declaración de derechos de autor firmada por el usuario:

 

 

A continuación premer en Enviar e Hecho.
Se o sistema amosa algún mensaxe de erro do tipo:


 
Pode ser que exista algún impedimento como:

  • O usuario non ten permiso
  • O usuario xa ten en curso o número máximo de solicitudes permitidas
  • O exemplar non permite este tipo de solicitudes
  • A situación do exemplar non permite este tipo de solicitudes

Xestión das solicitudes de dixitalización en Alma

Localización

No mostrador de préstamo as solicitudes de dixitalización aparecerán para recoller dos andeis (Solicitudes de recursos>Recoger de la estantería) o igual que o resto das solicitudes, como préstamos, reservas, tránsitos...:

 

 

Na información do exemplare, pódese ver os detalles da solicitude:

 

 

Premendo  veremos os datos do usuario xunto ao tipo de solicitude, o código de barras, etc:

 

 

E, si queremos, nos tres puntos na dereita, na opción “editar” pódense ver os datos do capítulo/artigo solicitado (información sobre vol., n., e as paxinas):

 

Fluxo de traballo

O recoller o exemplar a dixitalizar no andel encontrarémonos con dúas casuísticas. Que o exemplar teña código de barras (en xeral calquera libro da biblioteca) ou que non teña código de barras (como soe ser o caso dos números de revistas). O procedemento para a xestión das solicitudes será diferente en casa caso.

Dixitalización de exemplares con código de barras

Fluxo de traballo

1. Localizamos e recollemos o documento no andel.

2. Escaneamos o código de barras dende Servizos al usuario > Escanear ejemplares   deixando a opción “Rexistrar uso interno” Si:

 

O premer Aceptar aparece a información sobre o exemplar a dixitalizar.

Podemos continuar dende aquí co fluxo de traballo premendo en Gestionar ejemplares en proceso e seleccionando a continuación Departamento de digitalización. Ou ben colocar o exemplar no andel correspondente si o persoal que vai facer a dixitalización e outro.

Dependendo do volume de traballo de dixitalización en cada mostrador, ou do persoal que vai a facer este traballo, pode ser máis eficiente crear unha espazo físico para os exemplares pendentes de dixitalizar.
 

 

 

 

As solicitudes xa recollidas dos andeis, pero que aínda está pendentes de traballo, Pódense tamén ver na lista de tarefas pendentes Ejemplares > Digitalización:

 

Neste intre, no catálogo o exemplar amósase en proceso de solicitude de dixitalización e non dispoñible:

 

Mentres a dixitalización esté pendente, sempre poderemos ver os documentos para dixitalizar en Servicios al usuario>Solicitudes de recursos>Gestionar solicitudes y procesos de ejemplar:

Nas facetas, na opción Paso del flujo de trabajo, seleccionamos Digitalizar ejemplar.

 

 

 

3. Continuando co fluxo de traballo, O persoal que se vai encargar da dixitalización, accede a lista de exemplares pendentes de dixitalizar dende o menú Servizos ao usuario > Solicitud de recursos>Xestionar exemplares en proceso.

Prememos na opción Departamento de digitalización na esquina superior dereita. E o sistema mostra as solicitudes pendentes de dixitalización.

Na columna de notas aparecen os datos do capítulo/artigo para dixitalizar:

 

4.  Agora debemos escanear as páxinas solicitadas e gardar nunha carpeta localizada do ordenador o pdf xerado.


5.  Volvemos ó fluxo de traballo e prememos nos tres puntos da dereita e seleccionamos Paso siguiente

 

Volvemos de novo a premer nos tres puntos da dereita e seleccionamos Adjuntar documentos:

Ábrese un pequeno formulario onde podemos engadir o artigo/capítulo dixitalizado. Opción “Añadir adjunto”
Pódese achegar máis dun adxunto, de modo que se o documento escaneado e moi grande pódese dividir en dous ou máis ficheiros. 

 

O premer en Añadir adjunto (parte inferior) aparece unha nova pantalla coa situación do traballo (columna Estado de la carga) que aínda está pendente ata que premamos no botón Hecho:

 

Unha vez rematado o traballo, o premer en Hecho, aparece unha mensaxe do tipo:

 

Xa podemos colocar o exemplar no se u sitio.

O usuario recibe a carta de notificación de Alma no seu enderezo de correo electrónico coas dixitalizacións solicitadas nun adxunto.

No catálogo amósase xa o exemplar como dispoñible.

Dixitalización de exemplares sen código de barras

Fluxo de traballo

A maioría dos exemplares de revista non teñen rexistro de exemplares e polo tanto non hai código de barras.

Nestes casos para realizar o fluxo de traballo non traballaremos cos códigos de barras, xa que non teñen, senón co ID da solicitude de dixitalización.


1. O fluxo de traballo comezará como sempre en Servicios al usuario>Solicitudes de recursos>Recoger de la estantería. Como o número de revista non ten código de barras non se pode escanear, polo que despois de recollelo o colocaremos directamente co resto dos exemplares para escanear.
Nestes casos, no rexistro de usuario aparecerá a solicitude feita, pero no rexistro do catálogo non se ve ningunha nota, por ser unha existencia de revista que non ten exemplar asociado.

2. Como se trata dun exemplar sen código de barras, non se pudo escenear, e non e posible xestionalo dende Solicitudes de recursos>Gestionar ejemplares en proceso, como facemos cos exemplares que teñen código de barras.

Por isto o seguinte paso do traballo será ver os exemplares a dixitalizar en  Servicios al usuario>Solicitudes de recursos>Gestionar solicitudes y procesos de ejemplar

 

Neste momento, para o caso das revistas (ou existencias que non teñen exemplares), os datos proporcionados inclúen o ID da solicitude é a información sobre o artigo para dixitalizar.

3.  Agora debemos escanear as páxinas solicitadas e gardar nunha carpeta localizada do ordenador o pdf xerado.
4.  Para continuar o fluxo de traballo imos a Servicios al usuario>Solicitud de recursos>Entregar documentos digitales e buscamos por el ID da solicitude:

5.  Ábrese unha nova pantalla onde hai que engadir o artigo escaneado do noso ordenador:

 

6. Como no caso dos exemplares con código de barras, podemos cargar máis dun ficheiro:

 

O finalizar premer en “Hecho” aparece unha mensaxe de entrega do documento.


Xa podemos colocar o exemplar no se u sitio.
O usuario recibe a carta de notificación de Alma no seu enderezo de correo electrónico coas dixitalizacións solicitadas nun adxunto.

Cancelación de solicitudes

Para exemplares con código de barras, dende a opción Servizos ao usuario > Solicitud de recursos>Xestionar exemplares en proceso, o premer nos tres puntos da dereita pódese elixir a opción de Cancelar solicitud

 

Aparecerá un pequeno formulario que deberemos cubrir co texto correspondente, e marcar a opción Notificar al usuario, que recibirá unha carta coa información de cancelación:

 

 

Para o caso das revistas, a cancelación cando sexa o caso, hai que facela dende a opción Cancelar en Servicios al usuario>Solicitudes de recursos>Gestionar solicitudes y procesos de ejemplar. Aparecerá un formulario, igual que no caso anterior, para cancelar a solicitude e enviar a notificación ó usuario.