Ir ao contido principal

Manual Alma - Servizos

Manual de xestión do servizo de circulación da BUSC en Alma-ExLibris: usuarios, solicitudes, préstamos e bibliografías recomendadas

Terminoloxía

En Alma as bibliografías recomendadas baséanse en tres conceptos xerarquizados.

  • Curso: é o nivel máis alto da xerarquía, contén a información básica: nome do curso, código, departamento de procesamento (biblioteca de centro ou intercentros), departamento académico (titulación), datas de comezo e fin, instrutores. Un curso pode estar asociado a unha ou varias listas de lecturas.
  • Lista de lectura: é unha lista das referencias dos recursos recomendados polo persoal docente que imparte unha materia. Pode estar asociada a un ou varios cursos. En Alma os libros dunha lista de lecturas poden ter unha ubicación específica.
  • Cita: é unha referencia bibliográfica dun recurso recomendado, inclúese nunha lista de lecturas.

No apartado Reservas de cursos dos Servicios al usuario dispoñes dun acceso directo a Cursos, Listas de lecturas e Citas.

 

 

 

Roles

Para poder xestionar os cursos, as listas de lecturas e as citas é preciso ter o rol de Operador de reservas de cursos. Permite tamén crear solicitudes de compra, aínda que esta funcionalidade non está habilitada neste momento. Pódese ver as Listas propias e as Listas sin asignar. 

Existen outros dous roles relacionados con reservas de cursos.

  • Gestor de reservas de cursos: permite xestionar a reserva e as asignacións das listas de lecturas. Pode ver todas as listas.
  • Visor de reservas de curso: só dá acceso de lectura a cursos, listas de  lecturas e citas.