Ir ao contido principal

Manual Alma - Servizos

Manual de xestión do servizo de circulación da BUSC en Alma-ExLibris: usuarios, solicitudes, préstamos e bibliografías recomendadas

Solicitude de compra

As solicitudes de compra permiten, tanto aos bibliotecarios que utilicen Alma como aos usuarios que usen Iacobus ou a web da BUSC, solicitar a compra dun recurso por parte dunha biblioteca.

O/A solicitante, o un/ha bibliotecario/a no nombre de un/ha solicitante, deberá completar tantos detalles do exemplar como sexa posible e despois enviar a solicitude a Alma para a súa revisión. Na BUSC, empréganse tres xeitos diferentes de facer chegar á biblioteca as desideratas:

  • A través da web da BUSC
  • A través de Iacobus
  • A través dos mostradores de préstamo.

Solicitude de compra a través da web da BUSC

Os usuarios teñen á súa disposición un formulario na páxina web da BUSC para facer chegar aos distintos puntos de servizo aquelas peticións de compra que estimen pertinentes. Dende a páxina de inicio, premer en Servizos>Solicitude de novas adquisicións:

 

 

A ligazón redirixe a unha web cun texto a ter en conta por parte das persoas usuarias antes de facer calquera solicitude de aquisición:

 

Acceso ao formulario de solicitude de novas adquisicións

 

A ligazón de acceso ao formulario redirixe a Iacobus, dende onde o usuario poderá cubrir todos os datos precisos para poder identificar o recurso. Aínda que os datos obrigatorios son únicamente o título e o punto de servizo (biblioteca) ao que lle fai a solicitude, prégase aportar datos suficientes para identificar o material. Unha vez cuberto o formulario, deberase premer en Enviar solicitude cara ao final da páxina.

 

Solicitude de compra a través de Iacobus

A opción de solicitude de compra está dispoñible tamén dende o catálogo Iacobus a través do menú dos tres puntos na barra de ferramentas superior:

 

 

De entre as opcións que aparecen, hai que escoller Solicitude de compra:

 

 

Redirixirásenos ao mesmo formulario que no caso anterior. Nel, o usuario poderá cubrir todos os datos precisos para poder identificar o recurso. Aínda que os datos obrigatorios son únicamente o título e o punto de servizo ao que lle fai a solicitude, prégase aportar datos dabondo. Unha vez cuberto o formulario, deberase premer en Enviar solicitude cara ao final da páxina.

 

Solicitude de compra nos mostradores de préstamo

Esta opción únicamente se aconsella para casos nos que os propios usuarios non sexan quen de facer unha solicitude polos seus propios medios a través de Iacobus ou a través do formulario da páxina web.

Para realizar unha solicitude de compra dende Alma, deberemos premer en Crear solicitudes de compra na sección Adquisicións:

 

 

Alma abrirá un formulario que consta de dúas partes. Na primeira parte, será preciso consignar todos os datos referentes ao recurso que se quere solicitar. Tamén se deberá especificar se se deberá crear un novo rexistro bibliográfico ou non e o formato:

 

 

A segunda parte do formulario está destinada a consignar datos sobre a solicitude propia. O único dato obrigatorio nesta parte do formulario é o nome do solicitante. 

O persoal operador dos mostradores de préstamo ten o rol de Operador de solicitude de compra que é o que lle habilita para poder facer unha solicitude de compra en primeiro lugar. Este rol, porén, ten a limitación de non poder editar o nome do solicitante dunha solicitude de compra. Isto quere dicir que a solicitude farase no nome do operador do mostrador de préstamo que estea a encher o formulario. Un xeito de salvar esta eventualidade é engadir no recadro Nota do solicitante o nome e apelidos do usuario que está a facer realmente a petición indicando, ademais, que se fixo dende o mostrador de préstamo (recadro vermello).

 

 

Deste xeito, o persoal de adquisicións que dispón do rol de Xestor de solicitude de compra pode cambiar o nome do solicitante previamente á autorización de compra e así o sistema poderá informar ao usuario directamente sobre o estado da súa solicitude cando se produzan actualizacións.   

 

 

O persoal do mostrador deberá encher o formulario o máis exhaustivamente posible e premer en Gardar.

Solicitude de compra dende as citas (listas de lectura)

Consultar a información no apartado de listas de lectura das bibliografías recomendadas:

Solicitudes de compra a partires das citas nas listas de lectura