Ir ao contido principal

Manual Alma - Servizos

Manual de xestión do servizo de circulación da BUSC en Alma-ExLibris: usuarios, solicitudes, préstamos e bibliografías recomendadas

Parámetros de circulación

Bibliotecas

Campus de Santiago:
  • 00  B. Xeral
  • 01  B. de Bioloxía. Victor López Seoane
  • 02  B. de Ciencias Económicas e Empresariais
  • 03  B. Concepción Arenal
  • 04  B. de Farmacia
  • 05  B. de Filoloxía
  • 06  B. de Psicoloxía e Ciencias da Educación
  • 07  B. de Física e Óptica-Optometría
  • 08  B. de Xeografía e Historia
  • 09  B. de Matemáticas
  • 10 B. de Medicina e Odontoloxía
  • 11  B. de Química
  • 11ea  B. de Enxeñería Química
  • 13  B. de Ciencias da Comunicación
  • 15  B. de Filosofía
  • 22  B. do Observatorio
  • 31  B. de Ciencias da Educación (Campus Norte)
  • 35  B. de Enfermería
  • 40  B. do Arquivo Universitario
  • 43  B. do Instituto da Lingua Galega
  • 99 B. do Museo de Historia Natural

 

Campus de Lugo:
  • 12  B. Intercentros
  • 28  B. de Formación do Profesorado

 

Grupos de usuarios

  • Alumnos de grao ( 4º ciclo, erasmus, estudos propios, formación permanente...)
  • Alumnos de máster (posgrao, cursos de especialización...)
  • Alumnos de doutorado
  • Profesores/Investigadores, PDI (profesores invitados, visitantes...con TUI da USC)
  • PAS USC
  • Alumni (ex-membros da USC, alumnos, sen matricula no ano actual ou no anterior,  PDI e PAS xubilados)
  • Usuarios externos (investigadores, alumnado, PDI e PAS doutras universidades, titulados universitarios con residencia en Galicia, alumnos de bacharelato internacional e membros de institucións coas que a USC ten asinado un convenio)
  • Usuario Invitado (usuarios que realizan consultas puntuais do fondo, sen dereito a préstamo a domicilio)
  • Proxectos (Só para préstamo o PDI de obras compradas con cargo a Proxectos de investigación)
  • Préstamo interbibliotecario (uso exclusivo do Servizo de PI da BUSC)
  • Préstamo especial bibliotecas (uso interno BUSC)
     

Tipo de exemplar

  • Non prestable
  • Prestable
  • Préstamo curto
  • Material acompañante de obras prestables
  • Material acompañante de obras de préstamo curto

 

Reglas de préstamo

  • 15 días (exemplares prestables)
  • 10 días (exemplares préstamo curto)
  • 60 días  (exemplares prestables para PDI)
  • 120 días (Préstamo Interbibliotecario)
  • 365 días (Proxectos, casos especiais, en xeral non se usa) 
  • Non prestable

Táboa de tipos de préstamo

TIPOS DE SERVIZO

Os datos da táboa refírense ao número máximo de exemplares que se poden ter en préstamo segundo o tipo de material e usuario. O total de préstamos debe respectar en todo caso o límite de exemplares que se indican para cada tipo de material.

O préstamo curto está excluído para os grupos alumni, persoas usuarias externas e invitadas, agás certos materiais (como películas, dvd...) codificados como préstamo curto audiovisuais, do que se permite o préstamo a todas as categorías de persoas usuarias.

Para as persoas invitadas non hai préstamo a domicilio.

A casiñas en branco indican, ben que non se ofrece o servizo, ou ben que non se establece un límite a ese tipo de material, debendo respectar nestes casos o total de préstamos.

Na columna de Días de préstamo, para os grupos de persoas usuarias que poden levar obras prestables e de préstamo curto, indícanse ambos períodos, nesa orde.

 

Exempl   Prestable

Exempl Prést.curto

Material acomp. prest.

Material acomp. prést. curto

Total prést.

Días de prést.

Renovacións Reservas Dixitalización
Estudantes grao

 

3

6 4 18

15

10

2 5 5
Estudantes máster   3   4 20

15

10

2 10 10
Estudantes doutoramento   3   4 100

60

10

 

2 50 10
PDI   3   4 100

60

10

 

2 automáticas(prest. curto)

5 automáticas (prestables)

50 10
PAS   3   4 20

15

10

2 10 10
Alumni 5 *Só audiovisuais (máx. 3) 5   13

15

10

2 3  
Persoas usuarias externas 3 *Só audiovisuais (máx. 3) 5   11 10 2 3  
Persoas usuarias invitadas                  
Préstamo Interbibliotecario                  
Proxectos         100 365 2 50 10
Préstamo especial Bcas         999 365      

 

Política de exemplares

As Unidades de Servicio al Usuario en Alma establecen as condicións de préstamo, reserva, avisos, renovacións, ... dos exemplares físicos nas distintas ubicacións da BUSC. Cada Unidade de Servicio está formada por unha ou varias ubicacións físicas na biblioteca que teñen asociadas as mesmas políticas de circulación.

 

 

A política de préstamo dun exemplar está determinada polo tipo de usuario e a ubicación do exemplar en cada unidade de servizo. En Alma pódense consultar as condicións de préstamo para un usuario e un exemplar concreto:

Servicios al Usuario > Herramientas avanzadas-Préstamos > Herramientas de configuración de servicios al usuario

 

 

Préstamo interbibliotecario

O Servizo de Préstamo Interbibliotecario  proporciona acceso ás coleccións bibliotecarias, que non forman parte da colección da BUSC e que non están dispoñibles para ser adquiridas no mercado bibliográfico. Este servizo inclúe tanto o préstamo de materiais físicos como a dixitalización de artigos de publicacións periódicas.

Este tipo de préstamo subvencionado pola biblioteca para a comunidade universitaria e con tarifas específicas para os usuarios externos, realízase a través da plataforma GTBID-SOD, sistema de xestión para o préstamo interbibliotecario, que inclúe todos os aspectos relacionados coa tramitación de peticións, a administración, facturación, comunicación, estatísticas...entre o servizo, os usuarios e os suministradores.

 As solicitudes de artigos de revistas ou libros en préstamo interbibliotecario fanse a través do formulario electrónico na Web da BUSC.

O tempo de recepción do documento, varía en función das características do centro prestatario e do tipo de documento (préstamo dun orixinal, copia dixital, fotografías,...).

A consulta de documentos orixinais realizarase obrigatoriamente nas instalacións da biblioteca que dá servizo ao seu centro.