Ir ao contido principal

Manual Alma - Procesos

Manual de Catalogación en Alma

Existencias

En Alma o inventario físico conta con dous tipos de rexistros, o rexistro de existencias e o rexistro de exemplar. Por regra xeral, os rexistros de existencias e de exemplares crearanse de xeito automático ao crear a liña de orde de compra (POL). Só en casos particulares haberá que crear rexistros de existencias e de exemplar de forma manual, por exemplo, en determinados centros (ILG e Arquivo Histórico Universitario) ou de existencias cando se adquiren de forma conxunta varios exemplares para a mesma ubicación (libros para alumnado). 

 
Engadir unha existencia a un rexistro bibliográfico novo:

Unha vez gardado o rexistro bibliográfico, premer no menú Añadir inventario e seleccionar o padrón Monografías (por defecto). Tamén existe o atallo de teclado CTRL+ALT+H. 

Crear existencia_1

Na sección dereita da pantalla aparecerá o novo rexistro de existencias. 


Crear existencia_2


Neste rexistro de existencias hai tres etiquetas básicas que hai que cubrir ou modificar. Para expandir cada campo situar o cursor enriba del e premer Control+F ou facer clic nos tres puntos da dereita e seleccionar Abrir editor de formulario. O formulario péchase ao premer ESC ou situando o cursor noutro campo calquera.
LDR: Na cabeceira cubrir a seguinte posición:
•    Tipo de registro (06): seleccionar a opción que se axuste ao tipo de documento:

x: Existencia de ítem individual (documento bibliográfico que consta dunha soa parte física, por exemplo, un libro nun só volume).

v: Existencia de ítem multi-parte (documento bibliográfico non seriado composto por varias partes físicas, por exemplo, unha monografía en varios volumes).

 

008: Códigos de información de lonxitude fixa- Información xeral. Neste campo cubrir as seguintes posicións:


•    Método de adquisición (07). Seleccionar o carácter que corresponda:

p-Compra: para as obras que ingresan na biblioteca por compra, calquera que sexa o presuposto co que se adquiran.

n-Compra No-biblioteca: para as adquisicións feitas polo profesorado, departamentos, etc. que non se tramitan economicamente pola biblioteca.

g-Donación: para as obras ingresadas na BUSC procedentes de doazóns de particulares ou institucións.

e-Canje: para as obras ingresadas na BUSC procedentes de intercambios con outras institucións.

f-Gratis: para as obras que a biblioteca solicita en compra, e a distribuidora, libraría, etc envía gratuitamente.

d-Depósito: para as obras que unha institución ou particular deposita na BUSC para o seu uso e custodia, pero sen renunciar á propiedade sobre as mesmas.

u-Desconocido: emprégase na catalogación retrospectiva cando se descoñece o tipo de adquisición.


•    Política de préstamo (20). Seleccionar o carácter que corresponda, os máis habituais son: a (Prestará), b (No prestará).
•    Idioma (22-24). Escoller o código da lingua do documento. Por defecto, sae spa-español.


As posicións 00-05, Fecha de ingreso en fichero, cóbrense automáticamente ao premer en Guardar.

852 : Localización:

1º indicador: 4
2º indicador: baleiro
Actuar sobre os subcampos $b, $c, $h, $i, e no $k e $m se é o caso.

Crear existencia_3

  • Sub-ubicación o colección (b): Biblioteca. 
  • Ubicación de estantería (c): Localización dentro da biblioteca.

Os valores dos subcampos $$b e $$c selecciónanse nos menús despregrables. Para engadir a ubicación de estantería antes hai que cubrir o subcampo de Sub-ubicación o colección.
Os subcampos seguintes forman a sinatura topográfica:

  • Parte de clasificación (h)
  • Parte de ítem (i)
  • Prefijo de la clasificación (k)
  • Sufijo de la clasificación (m)

Crear existencia_4

Finalmente, premer en Guardar.

 

Engadir unha existencia nova a un rexistro bibliográfico xa existente:

Buscar o recurso e, unha vez localizado, hai dúas opcións:

  • Premer nos tres puntos e seleccionar a acción Añadir existencia.

Crear existencia_5

  • Acceder á Lista de existencias premendo en Existencias ou en Todos los registros de existencias e premer en Añadir nuevo registro de existencias.

Crear existencia_6

 

Crear existencia_7

Dende calquera destas dúas opcións accédese ao Editor de metadatos (MDE), onde hai que completar os datos da existencia tal e como está indicado anteriormente.

É posible facer cambios nos rexistros de existencias, ocultalos da visualización e/ou borralos.  

 

Modificar rexistros de existencias

No Editor de metadatos (MDE), cun rexistro bibliográfico aberto, pódese acceder ás existencias premendo na opción Ver inventario (Ctrl+I) do menú Ver datos relacionados.

Modificar existencia_1

 

Unha vez aberto o rexistro de existencias, premer en Editar para modificar o que sexa preciso. Hai tres etiquetas básicas que hai que cubrir ou modificar (LDR, 008, 852) (Ver Crear rexistros de existencia). Para expandir cada campo situar o cursor enriba del e premer Control+F ou facer clic nos tres puntos da dereita e seleccionar Abrir editor de formulario. O formulario péchase premendo ESC ou situando o cursor noutro campo calquera.

Modificar existencia_2

 

Finalizada a edición, premer en Guardar.

Se hai que editar un rexistro de existencias xerado no proceso de migración de Millenium a Alma, ter en conta que carecerá de campo 008. No momento de gardar o rexistro crearase este campo con datos por defecto que haberá que revisar e modificar de ser necesario: Fecha ingresada en fichero, Método de adquisición, Política de préstamos e Idioma.

 

Ocultar rexistros de existencias

Ao igual que os rexistros bibliográficos, Alma permite excluír os rexistros de existencias da visualización no catálogo Iacobus e/ou da busca externa. Dende o MDE, co rexistro de existencias aberto, premer na acción Suprimir de Descubrimiento (Alt+Shift+S) ou Suprimir de la búsqueda externa dentro do menú Acciones de registro

Modificar existencia_3

Se un rexistro está oculto, aparece a icona Suprimido ao lado do rexistro no panel esquerdo e no encabezamento do rexistro no MDE e na lista de existencias resultado da busca no repositorio.

Modificar existencia_4

Modificar existencia_5

 
Borrar rexistros de existencias

Só se pode borrar un rexistro de existencias se non ten rexistros de exemplar asociados, polo tanto, se hai que eliminar un rexistro de existencias, primeiro hai que eliminar ou mover os exemplares.

Para proceder a borrar un rexistro de existencias tes múltiples opcións:

Buscar o recurso e, unha vez localizado, acceder á Lista de existencias premendo en Existencias ou en Todos los registros de existencias.

Modificar existencia_6

 

Na pantalla da lista de existencias, seleccionar o rexistro de existencias que se quere eliminar e premer en Borrar registros de existencias.

Modificar existencia_7

Tamén se poden eliminar dende o Editor de metadatos (MDE): co rexistro bibliográfico aberto, premer en Ver inventario (Ctrl+I) do menú Ver datos relacionados, premer na acción Borrar no menú tres puntos (...) 

Modificar existencia_8

 

Se o rexistro de existencias está aberto no MDE, premer en Borrar registro no menú Acciones de registro.

Modificar existencia_9

Para transferir rexistros de existencias dun rexistro bibliográfico a outro, o procemento é o seguinte:

  1. Buscar o rexistro bibliográfico no que está a existencia que se quere transferir e, unha vez localizado, premer en Existencias. Transferir existencias_1
  2. Seleccionar a existencia que se quere transferir e premer na acción Reenlazar nos tres puntos (...) Transferir existencias_2
  3. Ábrese o rexistro de existencia no Editor de Metadatos (MDE) xunto cun formulario para buscar o rexistro bibliográfico ao que se quere transferir. (A mellor opción é copiar e pegar o ID MMS dese rexistro). Finalmente premer en BuscarTransferir existencias_3
  4. Unha vez atopado o rexistro, premer en Reenlazar. Transferir existencias_4
  5. Premer en Guardar y Liberar registro do menú Guardar.

Non esquecer eliminar o rexistro bibliográfico de orixe se quedou sen rexistros de existencia (Ver Ocultar e borrar rexistros). Transferir existencias_5

Exemplares

Na maioría dos casos o rexistro de exemplar xa está creado de maneira automática, vinculado á liña de orde de compra (POL). Só no caso de existencias creadas de forma manual hai que engadir manualmente o rexistro de exemplar.

No Editor de metadatos (MDE), cun rexistro bibliográfico aberto, premendo na opción Ver inventario (Ctrl+I) do menú Ver datos relacionados. Crear exemplar_1

Unha vez aberto o inventario, premer na acción Ver ejemplares nos tres puntos da existencia á que vamos a asociar o novo exemplar.

Crear exemplar_2

Na pantalla da Lista de ejemplares, premer en Añadir ejemplar.

Crear exemplar_3

 

Na pantalla do Editor de ejemplar físico hai que cubrir os seguintes datos:

Código de barras: nalgúns casos, se os lectores de código de barras teñen configurado un retorno de carro, non se debe introducir ata que non se cubra o resto de información, porque se gardará e pechará o rexistro de exemplar automaticamente. Se o lector non está configurado con retorno de carro este dato pode cubrirse en primeiro lugar sen problemas.

Tipo de material: Escoller a opción correspondente do despregable (Libro, Folleto, CD-ROM,...).

Política de ejemplar: Escoller a opción correspondente do despregable:

  • Prestable. Exemplar prestable sen máis limitacións que as condicións establecidas segundo o tipo de usuario. Aplícase a calquera obra en calquera soporte sobre a que non queiramos establecer condicións especiais de préstamo.
  • No prestable. Aplícase a aquelas obras excluídas de préstamo, ben polas súas características intrínsecas (fondo antigo, manuscritos) ben pola política de circulación definida pola Biblioteca para determinados tipos de fondos. Non garda relación co soporte.
  • Préstamo corto ciencias. Aplícase aos manuais e fondos específicos de alumnos das bibliotecas ou áreas de coñecemento de ciencias. Non garda relación co soporte, se temos un manual en CD tamén se lle pode aplicar este préstamo. De acordo coas regras definidas en circulación, as obras con este código teñen restricións no número e duración do préstamo.
  • Préstamo corto humanidades. Equivalente ao anterior pero para fondos de bibliotecas ou áreas de humanidades e ciencias sociais. Non garda relación co soporte, se temos un manual en CD tamén se lle pode aplicar este préstamo. De acordo coas regras definidas en circulación, as obras con este código teñen restricións no número e tempo de préstamo.
  • Material acompañante prestable. Aplícase ao material acompañante dunha obra á que lle asignamos Prestable. É dicir, se un libro vén acompañado dun CD, DVD, vídeo etc., para poder prestarlle o material acompañante sen que incida no número de libros que pode levar.
  • Mat acomp prest ciencias. Aplícase ao material acompañante dunha obra á que lle asignamos Préstamo corto ciencias. É dicir, se un libro que definimos como manual ou fondo específico do alumnado das bibliotecas ou áreas de coñecemento de ciencias, vén acompañado dun CD, DVD, vídeo etc., levará esta política de exemplar, coa finalidade de poder prestar o material acompañante sen que incida no número de libros que pode levar.
  • Mat acomp prest humanidades. Equivalente ao anterior pero para fondos das bibliotecas ou áreas de humanidades e ciencias sociais. Este código aplícase ao material acompañante dunha obra á que lle asignamos Préstamo corto humanidades. É dicir, se un libro que definimos como manual ou fondo específico do alumnado das bibliotecas ou áreas de coñecemento de humanidades ou ciencias sociais, vén acompañado dun CD, DVD, vídeo etc., este material acompañante levará esta política de exemplar coa finalidade de poder prestar o material.
  • Préstamo corto audiovisuales. Este tipo de exemplar está definido para os vídeos, DVDs, CDs etc. que sexan fondos cinematográficos (películas, vídeos de creación, vídeos musicais). A  aplicación desta política a un exemplar quere dicir que pode prestarse durante un período curto de tempo, e un número máximo deste tipo de obras ao mesmo tempo. Non quere dicir que todas as obras deste tipo teñan que levar esta política obrigatoriamente. Se algún centro considera que a súa colección cinematográfica vai levar o mesmo tratamento no préstamo que os fondos xerais, aplicará a política de exemplar Prestable. Tamén se algún centro considera conveniente incluír neste criterio de préstamo curto outras obras en CD, DVD etc. (Cds de artistas, vídeos ou Cds de ciencias, documentais) pode. Non é aplicable a material acompañante nin a obras impresas.
  • Ordenadores. Levarán esta política de exemplar os ordenadores portátiles para préstamo.
  • Fin de semana. Este tipo de exemplar está definido para o préstamo de manuais durante a fin de semana.

Línea de la orden de compra: Cóbrese automáticamente coa información do pedido.

Enumeración A: utilizar para indicar o número de volume no caso de obras en varios volumes. Só se introduce o número, xa que ao premer no botón Generar do campo Descripción obtemos a expresión "vol. x".

Enumeración B: utilizar cando os volumes teñen unha dobre numeración, por exemplo, Tomo I, volumen 2

Descripción: neste campo aparece desenvolvida a información dos campos Enumeración e Cronología. Neste caso recordar premer en Generar no campo Descripción. Tamén pode incluír información descritiva do exemplar no caso de recursos con materiais acompañantes

Número de inventario: Premer en Añadir para que se xere o número de inventario que se lle adxudica ao recurso. Empregar este número, sen os primeiros ceros, como número de rexistro na portada do documento.

Crear exemplar_4

Premer en Guardar, ou ben en Guardar y editar para engadir, por exemplo, unha nota. Ao gardar, o rexistro incorpora, ademais da pestana Información general, que é a primeira vista que che ofrece o editor de exemplar físico, tres novas pestanas: Información ENUM/CRONNotas Historial.

Crear exemplar_5

  • Información ENUM/CRON: información relacionada coa xestión das publicacións periódicas.
  • Notas: Hai tres tipos de notas distintos:
    • Notas funcionales.
      • A Nota pública é visible no catálogo Iacobus e utilízase para incluír información sobre a orixe dunha doazón ou para indicar que un exemplar concreto é unha reimpresión. Se hai varias notas, empregar a puntuación ISBD para separalas ". -- ". (punto espazo guión guión) Crear exemplar_nota pública
      • Nota de servicios al usuario, que son mensaxes emerxentes que saltan e transmiten información ao persoal cando o exemplar circula.
    • Notas internas. Só son para o uso interno entre o persoal, debemos ter en conta que só poden introducirse as tres que aparecen  na pantalla.
    • Notas estatísticas. Inclúe información estatística. 
  • Historial: permite acceder a informes sobre estatísticas de cambios no rexistro:
    • Cambios en el ejemplar
    • Cambios en el registro de existencias
    • Actividades de servicios de usuario

xestion extraviados

 

O sistema permite facer distintas accións cos rexistros de exemplar: pódense modificar, borrar, duplicar, cambiar de ubicación, cambiar a extraviado (Ver Exempares extraviados),...

Modificar rexistros de exemplar

Se é preciso modificar, incluír nova información nun rexistro de exemplar, como a política do exemplar ou o código de barras e/ou para engadir unha nota, seguir os pasos indicados a continuación:

  1. Buscar o rexistro bibliográfico e, unha vez localizado, acceder á lista de exemplares premendo en Ejemplares.Modificar exemplares_1
  2. Premer no código de barras ou premer na acción Editar do menú tres puntos correspondente ao exemplar que se vai modificar. Modificar exemplares_2
  3. Unha vez aberto o Editor de ejemplar físico, modificar os campos xa cubertos ou incluír a información nova. Modificar exemplares_3
  4. Logo de modificado o rexistro, premer en Guardar.

Lembrar que na maioría dos casos o rexistro de exemplar xa estará creado de maneira automática vinculado á liña de orde de compra (POL) e só hai que completar os datos. Os que hai que cubrir sempre son os campos do código de barras, política do exemplar e o número de inventario e, de tratarse dunha obra en varios volumes, haberá que cubrir os campos de Enumeración e premer no botón Generar no campo Descripción.

Volumes_Modificar exemplares_1

Borrar rexistros de exemplar

Se é preciso borrar un rexistro de exemplar, seguir os pasos indicados a continuación:

  1. Buscar o rexistro bibliográfico e, unha vez localizado, acceder á lista de exemplares premendo en Ejemplares. Borrar exemplares_1
  2. ​​​​​​Premer na acción Borrar do menú tres puntos correspondente ao exemplar que se quere eliminar. Tamén é posible empregar Borrar ejemplares do menú Gestionar seleccionado cando haxa un único exemplar vencellado ao rexistro bibliográfico. Borrar exemplaresBorrar exemplares_2
  3. Premer Confirmar na ventá emerxente. Confirmar eliminar exemplar

Se no rexistro de existencias non hai máis dun exemplar, o sistema pregunta que se desexa facer co rexistro de existencias. Seleccionar a opción Borrar el registro de existencias e premer en Irborrar unico exemplar

Para transferir exemplares é imprescindible que a existencia a onde os queremos mover xa exista; se non existe, haberá que creala antes (Ver Crear rexistros de existencia). Un exemplar pode transferirse a unha existencia dentro do mesmo (Cambiar existencias) ou doutro rexistro bibliográfico (Reenlazar ejemplares a otro registro bibliográfico).

Transferir un exemplar a outra existencia dentro do mesmo rexistro bibliográfico.

  1. Buscar o rexistro bibliográfico e, unha vez localizado, acceder á lista de exemplares premendo en Ejemplares. Transferir exemplares_1
  2. Seleccionar o exemplar ou exemplares que se quere reenlazar.
  3. Premer na acción Cambiar existencias do menú Gestionar seleccionado. Transferir exemplares_2
  4. Seleccionar a existencia á que se quere transferir o exemplar e premer en Seleccionar. Transferir exemplares_3
  5. A pantalla volve á Lista de ejemplares.

Lembrar eliminar as existencias que queden sen exemplares.

Se o rexistro bibliográfico está aberto no Editor de metadatos (MDE), os pasos a seguir son:

  1. Premer en Ver inventario dentro do menú Ver datos relacionados (CTRL+I). Transferir exemplares_4
  2. Elixir a existencia na que está o exemplar que se quere transferir e premer na acción Ver ejemplares no menú dos tres puntos. crear_exemplar_paso2
  3. Seguir os pasos indicados no apartado anterior.

Transferir un exemplar a unha existencia doutro rexistro bibliográfico.

  1. Buscar o rexistro bibliográfico e, unha vez localizado, acceder á lista de exemplares premendo en Ejemplares. Transferir exemplares_6
  2. Seleccionar o exemplar ou exemplares que se quere reenlazar.
  3. Premer na acción Volver a enlazar a otro Bib do menú Gestionar seleccionadoTransferir exemplares_7
  4. Premer no cadro de texto da opción Seleccionar registro bibliográfico. Reenlazar_1
  5. Buscar o rexistro bibliográfico de destino e seleccionalo. Clicar no título para abrir as existencias.Reenlazar_2
  6. Seleccionar o rexistro de existencias ao que se quere transferir o exemplar ou premer en Añadir nuevo registro de existencias se aínda non existe.
  7. Transferir exemplares_11
  8. O sistema pregunta que se desexa facer co rexistro de existencias. As opcións varían dependendo de se o bibliográfico ten asociado un ou máis rexistros de existencias. No caso de que haxa máis dun, seleccionar Borrar el registro de existencias e premer en Ir. Se só hai un, Borrar registro bibliográfico que no tenga otras existencias e premer en Ireliminar transferir exemplares

Se o rexistro bibliográfico está xa aberto no Editor de metadatos (MDE), os pasos a seguir son:

  1. Premer en Ver inventario dentro do menú Ver datos relacionados (CTRL+I).
  2. Elixir a existencia na que está o exemplar que se quere transferir e premer na acción Ver ejemplares no menú dos tres puntos.
  3. Seguir os pasos indicados no apartado anterior.

Procedementos

En Alma distínguese entre os exemplares non devoltos e os que faltan por outras razóns, por exemplo, roubos, perdas, colocacións incorrectas etc. Estas situacións xestiónanse a través de procesos:

  • O tipo de proceso Perdido aplícase automaticamente cando se produce un atraso significativo con respecto á data de devolución do exemplar. 
  • O tipo de proceso Extraviado aplícase cando o persoal ou as persoas usuarias detectan a falta ou desaparición dun exemplar non relacionada co préstamo. Neste tipo de proceso, o procedemento a seguir é:
  1. Buscar o recurso.
  2. Unha vez localizado, acceder á lista de exemplares premendo en Ejemplares ou premer nos tres puntos e seleccionar a acción Ejemplares. xestion_extraviados_1
  3. Na Lista de Ejemplares seleccionar a acción Cambiar a Extraviado/encontrado no menú dos tres puntos. Esta opción só aparece cando o estado do exemplar é Ejemplar en su lugar, se está prestado ou noutro tipo de proceso a opción non aparecerá. xestion_extraviados_2
  4. Inmediatamente o tipo de proceso cambia a Extraviado e o estado pasa a Ejemplar no está en su lugar. O exemplar así marcado non será visible no catálogo. xestion_extraviados_3
  5. Na sección Notas internas do exemplar, hai que reflectir de modo conciso o motivo polo que o exemplar pasa ao estado Extraviado. xestion_extraviados_4xestion_extraviados_5
  6. Como normal xeral, non se reutilizará a sinatura dado que non se cambia nin modifica a orixinal.

Se o exemplar extraviado reaparece, bastará con realizar a mesma operación e modificar o contido da nota interna, engadindo a data na que foi localizado.xestion_extraviados_6

xestion_extraviados_7

Unha vez feito o cambio o exemplar será de novo recuperable no catálogo Iacobus, o Estado pasará a Ejemplar en su lugar e o Tipo de proceso a Vacío.xestion_extraviados_8

Todos os cambios no estado quedan reflectidos na sección Historial do exemplar.

xestion_extraviados_historial_1

No caso de localizar exemplares que pasaron de Millennium coa sinatura Perdido (Perdido00, Perdido01 etc.), cada centro procederá a reintegralos na colección cambiando a ubicación de estantería e a sinatura de Perdido pola que lle corresponda, seguindo o pasos para Modificar rexistros de existencias.

 

Buscar exemplares extraviados en Alma

Os rexistros de exemplar pertencentes ao noso centro marcados como extraviados poden recuperarse en Alma facendo unha busca avanzada: 

  1. Premer no botón Búsqueda avanzada.
  2. Seleccionar a opción Tipo de proceso na sección Ejemplar físico do primeiro despregable, e Extraviado no terceiro.xestion_extraviados_9
  3. Premer no signo +. 
  4. Seleccionar Biblioteca na sección Ejemplar físico do primeiro despregable, e o nome da biblioteca no terceiro. xestion_extraviados_10
  5. Premer en Buscar. xestion_extraviados_11

Nos casos nos que unha persoa usuaria que perdeu un libro o repoña, os rexistros de existencia e de exemplar vencellados ao libro perdido non se reutilizan, créanse novos asociados a unha POL. O procedemento é o seguinte:

  1. Devolver o exemplar (Ver Incidencias na devolución).
  2. Facer unha POL para incorporar o novo libro, seleccionar o método de adquisición Técnico e introducir a nota de recepción Perdido e reposto polo usuario (Adquisicións).
  3. Por último, modificar os rexistros de exemplar e de existencia vinculados tanto ao exemplar perdido como ao exemplar novo (Ver Existencias e Exemplares).

Hai dúas opcións, dependendo de se se quere reutilizar ou non a sinatura.

  • Non reutilizar a sinatura:
    • para o exemplar perdido:
      • no rexistro de existencia, seleccionar a ubicación de expurgo do centro (00xpg, 01xpg...) no subcampo Ubicación de estantería (c) do 852 no rexistro de existencia. Perdidos_1
      • no rexistro de exemplar, introducir a seguinte nota interna: Exemplar perdido e dado de baixa (data da baixa). Perdidos_2
    • para o exemplar novo:
      • no rexistro de existencia, seleccionar o valor z (Otro método de adquisición) na posición 07 (Método de adquisición) da 008 e cubrir a 852 no rexistro de existencia. Perdidos_3
      • no rexistro de exemplar, introducir a seguinte nota interna: Exemplar reposto polo usuario para substituír o exemplar coa sinatura xxxx. Perdidos_4
  • Si reutilizar a sinatura:
    •  para o exemplar perdido:
      • no rexistro de existencia, na 852 seleccionar a ubicación de expurgo correspondente ao centro (00xpg, 01xpg...) no subcampo Sub-ubicación o colección (b) e modificar a sinatura topográfica, introducindo PerdidoCentro (Perdido00, Perdido01) no subcampo $h e o currens que corresponda no subcampo $i currens. Perdidos_5
      • no rexistro de exemplar, introducir a seguinte nota interna: Exemplar perdido e dado de baixa (data da baixa). Antiga sinatura xxxx. Reposto polo usuario.  Perdidos_6
    • para o exemplar novo:
      • no rexistro de existencia, seleccionar o valor z (Otro método de adquisición) na posición 07 (Método de adquisición) da 008 e cubrir a 852 no rexistro de existencia. Perdidos_7
      • no rexistro de exemplar, introducir a seguinte nota interna: Exemplar reposto polo usuario para substituír ao exemplar coa sinatura 00Perdido xxxx. Perdidos_8

Se o recurso está composto por un ou varios volumes e material acompañante, introducir a información nos rexistros de exemplar do seguinte xeito:

No exemplar correspondente ao material principal do recurso, cubrir os seguintes campos:

  • Tipo de material: Seleccionar o tipo de material correspondente. 
  • Descripción: introducir o termo máis apropiado en cada caso, por exemplo, Libro, Libro do alumno, Mapa, Folleto. Non premer o botón Generar.
  • Enumeración: cubrir este campo só cando o material principal estea composto por varios volumes e haxa que indicar o número de cada un. Introducir só o número, xa que ao premer no botón Generar do campo Descripción obtemos a expresión "vol. x". O tipo de material quedará rexistrado no campo do mesmo nome Tipo de material en cada rexistro de exemplar e visualizarase no catálogo Iacobus.
  • Política de ejemplar: seleccionar no despregable o que corresponda (Prestable, Préstamo curto ciencias, Préstamo curto humanidades).

material_acompañante_1

No exemplar correspondente ao material acompañante, cubrir os seguintes campos:

  • Tipo de material: seleccionar o tipo de material correspondente. 
  • Descripción: introducir o acrónimo de uso común, en maiúsculas, máis apropiado en cada caso, por exemplo, CD, CD-ROM, DVD, DVD-ROM, USB. Non premer o botón Generar.
  • Política de ejemplar: seleccionar no despregable o que corresponda (Material acomp prestable, material acomp prest curto ciencias, material acomp prest curto humanidades).

material_acompañante_2

O campo Descripción ten implicacións nas reservas. Cando hai información neste campo dos rexistros de exemplar dun recurso, as reservas son a nivel de exemplar.

material_acompañante_3

 

Nos casos en que, de acordo coa política de expurgo da biblioteca, sexa necesario eliminar de forma definitiva algún exemplar da Zona da Institución, Alma permite borrar/retirar recursos físicos. Aínda que os exemplares retirados non aparecen en Alma nin se publican en Iacobus, desde Analytics é posible obter un informe histórico. Tamén sería posible, en caso de ser necesario, restaurar os rexistros eliminados.

Para eliminar calquera recurso físico de Alma é preciso comezar por borrar, sempre que exista, o elemento do nivel inferior, é dicir, o rexistro de exemplar. No proceso de eliminación pode ser necesario borrar tamén rexistros de existencia se quedan baleiros e, de igual forma, rexistros bibliográficos que queden sen existencias.

Para poder borrar un rexistro bibliográfico o estado da POL asociada debe ser pechado ou cancelado.

O rol necesario para eliminar recursos físicos é o de Operador de inventario físico estendido.

Eliminación de rexistros de exemplar
Exemplares únicos

Buscar na Zona Institucional o exemplar que se desexa retirar. A busca pode facerse tanto desde os índices de Todos los títulos ou Títulos físicos como desde o índice Ejemplares físicos, pero recoméndase buscar por título para verificar a primera vista se existen ou non outros exemplares asociados sobre os que actuar. En función da busca, os pasos a seguir poden variar.

a) Busca polo índice de Títulos:

  • Premer Ejemplares na parte inferior do rexistro ou no despregable do botón de accións de fila.

Eliminar exemplares_1

  • Na páxina da Lista de exemplares, no despregable do botón de accións de fila, seleccionar BORRAR.

eliminar exemplares_2

  • No cadro de diálogo emerxente, premer CONFIRMAR.

eliminar exemplares_3

  • Tratándose dun ítem único o sistema preguntará sobre as accións necesarias con respecto aos rexistros de existencias e bibliográficos correspondentes.

eliminar exemplares_4

  • Seleccionar a opción Borrar registro bibliográfico (a non ser que haxa outras existencias). Isto eliminará ao mesmo tempo o rexistro de existencias e o bibliográfico. Facer clic en IR.

b) Busca polo índice de exemplares físicos:

  • No menú do botón de accións seleccionar BORRAR e confirmar.

eliminar exemplares_5

  • Tratándose dun ítem único o sistema pedirá, igual que no caso anterior, confirmación para eliminar a existencia e o rexistro bibliográfico correspondente.
Varios exemplares da mesma existencia

Facer unha busca por Títulos físicos na Zona Institucional para localizar o rexistro a eliminar.

  • Na páxina de resultados seleccionar Todos los registros de existencias ou premer no botón Existencias para acceder á páxina da lista de existencias.

eliminar exemplares_6

  • Na lista de existencias seleccionar a fila e no botón de accions seleccionar VER EJEMPLARES.

eliminar exemplares_7

  • Na páxina da lista de exemplares marcar a casiña de cada ítem que se desexa borrar. 
  • Na lapela Gestionar seleccionado elixir a opción Borrar ejemplares.

eliminar exemplares_8

  • Confirmar a acción na mensaxe emerxente.
  • Indicar ao sistema o que se desexa facer coas existencias restantes e co rexistro bibliográfico afectado.

 

Eliminación de rexistros de existencias

Na eliminación do inventario físico das publicacións seriadas é habitual atopar rexistros de existencias sen exemplares creados.

Rexistro de existencia único

Cando se trata de rexistros de existencia únicos, a eliminación pode realizarse directamente no editor de metadatos.

  • Localizar o rexistro e premer Editar para abrilo no MDE.
  • No menú Acciones de registro seleccionar Borrar registro.

eliminar existencias_1

  • O sistema require confirmación antes de eliminar o rexistro bibliográfico que queda sen inventario asociado.

eliminar existencias_5

eliminar existencias_2

Varios rexistros de existencia
  • Localizar o recurso a través dunha busca sobre títulos físicos.
  • Na páxina de resultados seleccionar Todos los registros de existencias ou premer no botón Existencias para acceder á lista de existencias.

eliminar existencias_3

  • Na lista de existencias seleccionar as liñas das existencias que se desexa eliminar e premer Borrar registros de existencias.

eliminar existencias_4

  • O sistema pide confirmación e finalmente informa da acción realizada.

eliminar existencias_6

Restaurar existencias ou ítems borrados

Alma permite a recuperación de rexistros eliminados por erro ou equivocación dentro do último ano empregando a funcionalidade Gestionar repositorio borrado. Para restaurar rexistros eliminados necesítase o rol de Xestor do repositorio

  • No menú Recursos seleccionar Herramientas avanzadas e despois Gestionar repositorio borrado.
  • Seleccionar o índice de busca apropiado, por exemplo Exemplares físicos.

restaurar_1

  • En Criterios de busca seleccionar o que mellor se adecúe para identificar o ítem eliminado: IDMMS, usuario que o eliminou, etc.
  • Unha vez localizado o exemplar, premer en Restaurar e Aceptar na mensaxe de confirmación.

restaurar_2