Ir ao contido principal

Manual Alma - Procesos

Manual de Catalogación en Alma

CATALOGACIÓN EN ALMA. FLUXO DE TRABALLO

A catalogación en Alma é un proceso que forma parte do fluxo de traballo do Departamento de Adquisicións de cada biblioteca. Por este motivo este departamento deberá estar seleccionado na nosa ubicación, así poderemos visualizar as tarefas pendentes e completar todo o proceso.

Departamento de adquisiciones

Primeiro paso (adquisición)

O fluxo de traballo comeza coa orde de compra dun recurso desde Adquisicións, necesitamos un rexistro bibliográfico para poder facer esta orde (PO), e antes da súa creación debemos asegurarnos de que non existe xa no noso catálogo.
Unha vez "Recibido" o recurso  pasará a "Copy Cataloging". A partir dese momento os exemplares aparecerán na lista de tarefas do catalogador listos para procesar.

A estes exemplares xa recibidos podemos chegar de tres maneiras diferentes:

a) Desde as nosas Tareas:

Tareas

b) Desde Adquisiciones >> Procesamiento post-recepción>> Ejemplares del departamento de recepción:

Procesamiento post-recepción

 

c) Desde Servicios al usuario >> Gestionar ejemplares en proceso:

Gestionar ejemplares en proceso

Lembrar que se habitualmente empregamos as mesmas pestanas, estas poden estar fixadas na nosa interface para unha navegación máis áxil.

En todo caso, por calquera destas opcións chegamos á mesma páxina: Ejemplares en proceso, onde atopamos os libros recibidos en estado de "Copy cataloging".

Ejemplares en proceso

 

Segundo paso (catalogación)

Editar ou pasar ao MDE os exemplares pendentes de catalogar.

No MDE, revisar e modificar o rexistro bibliográfico, así como os os rexistros de existencia e exemplar xerados no momento da adquisición. Ata este paso o documento permanece "Suprimido de descubrimiento". No momento de rematar este proceso desmarcar esta supresión para que o rexistro sexa visible en Primo.

Por último, premer en Guardar y liberar registro.

Desde o momento en que o recurso ten a existencia completa Iacobus ofrecerá a mensaxe "En proceso de Servizos técnicos de adquisición"

fluxo primo 1

Unha vez completado e liberado o rexistro, o catalogador debe volver á lista de Ejemplares en proceso e marcar Hecho no despregable do botón de accións de dito exemplar.

No momento de premer en Hecho a visualización no catálogo cambiará a "En tránsito".

fluxo primo 2

Tercer paso (preparación física e colocación no estante)

O exemplar pasa ao proceso de preparación física por parte do persoal auxiliar para completar as tarefas de selado, etiquetado, magnetización, etc. do documento.

No mostrador de circulación correspondente a persoa co rol de operador de solicitudes escanea (ou teclea) o código de barras do recurso listo para colocar e preme ACEPTAR.

escanear exemplares

Neste momento a visualización en Iacobus cambia de novo, aparecerá xa como "Exemplar no seu sitio".

Desta maneira remata o fluxo de traballo de catalogación e o documento en Primo estará dispoñible para o seu préstamo.

fluxo primo 3