Táboa de contidos
En Alma temos sempre dispoñible a caixa de busca permanente na parte superior da páxina. Neste cadro de busca podemos atopar rexistros bibliográficos, existencias e exemplares da colección física, autoridades, coleccións e portafolios electrónicos, e tamén todo o referente a adquisicións e usuarios.
Segundo a entidade que seleccionemos no primeiro despregable (títulos físicos, electrónicos, adquisicións ou usuarios) os criterios de busca no segundo menú poden cambiar. As opcións de busca van depender do rol do usuario.
Hai dous tipos posibles de busca:
A primeira entidade que se pode buscar usando a caixa de busca permanente é Todos los títulos. Recupera rexistros bibliográficos por palabra clave. A ter en conta:
A opción Todos los títulos recuperará rexistros bibliográficos de títulos físicos e electrónicos.
A opción Títulos físicos busca só na colección física da biblioteca.
A opción Existencias físicas permite buscar polas existencias físicas da colección.
A opción Ejemplares físicos busca por exemplares, estes aparecen de forma individual.
Os resultados da busca móstranse na parte principal da pantalla. Cada resultado contén unha serie de campos bibliográficos e ofrece unha previsualización das existencias asociadas.
En relación coa xestión de recursos a busca avanzada está dispoñible para entidades relacionadas con todos os títulos, títulos físicos e electrónicos.
Premer na icona da busca avanzada para comezar a consulta.
O formulario de busca avanzada presenta en principio unha única fila que permite seleccionar un campo de busca. Para engadir máis criterios, premer no signo "Máis", tamén podemos utilizar os operadores booleanos "Y / O".
No despregable de cada fila podemos seleccionar os criterios de busca, que dependerán do índice seleccionado.
Na pantalla que devolve os resultados da busca aparece, en azul na parte superior, a sentenza da busca realizada. Premer nesta cadea permite regresar ao formulario da busca e facer as modificacións necesarias cando sexa necesario.
Para identificar de maneira oficial a nosa lista de autoridades, a BUSC solicitou á Library of Congress a asignación dun código, que aparece xa recollido na lista "Subject Heading and Term Source Codes" da LoC . O código asignado ao vocabulario de materias en galego da BUSC é “buscem".
Para buscar autoridades desde o cadro de busca permanente hai que seleccionar a opción Autoridades e filtrar polo índice que se queira consultar: materia, nome xeográfico, nome persoal ou corporativo, etc.
As nosas autoridades de materia son bilingües e, polo tanto, a busca por este tipo de autoridade devolverá o termo en galego e castelán, sendo os dous termos equivalentes, ambos en etiquetas 150 pero marcados cada un co seu propio código de lingua en $9.